Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Dietas especiais para momentos especiais

Unha alimentación especial é determinante para acelerar e garantir a recuperación en momentos puntuais ante cadros de gastroenterite, estrinximento, e mesmo, antes e despois dunha intervención cirúrxica

  Arroz branco despois de durmir entre o lavabo e a cama, un caldiño para soportar a febre e tomar froitas como o kiwi e ameixas para poñer fin ás dores abdominais por estrinximento son fórmulas caseiras adquiridas que se poñen en práctica en situacións excepcionais. Hai circunstancias que precisan o seguimento dunha dieta especial: alimentos, coccións e texturas co fin de aliviar un malestar pasaxeiro. Entre as máis comúns áchanse o estrinximento, as diarreas puntuais e o preoperatorio e postoperatorio.

Dieta para un estrinximento pasaxeiro

A dificultade para evacuar, a dor, inchazo abdominal e os gases, xunto cunha evacuación inferior a tres veces por semana, responden a un cadro de estrinximento. Se se fai crónico, convirá descartar as causas que o producen, na maioría dos casos de índole dixestiva, e mesmo cabería descartar algún tipo de intolerancia alimentaria.

Se a molestia é pasaxeira, mellorará cunha dieta laxante, rica en fibra, acompañada nalgúns casos con complementos dietéticos antes que con medicamentos laxantes.

  • Alimentos e remedios laxantes: As froitas frescas, as desecadas, os froitos secos, as hortalizas e verduras, os legumes e os cereais integrais son alimentos con abundante contido de fibra. Entre todos destacan a alcachofa (9,4 g de fibra/100 g), as froitas do bosque como amoras (uns 6-7 g de fibra/100 g), a laranxa (8 g/100 g) e a granada (3 g/100 g). A cantidade de fibra que achegan o resto de froitas rolda os 2 g/100 g. Os froitos secos (améndoas, piñóns, abelás, noces) e as froitas desecadas (orellóns, ameixas, uvas e figos secos) son as máis laxantes. O seu consumo será moderado; un puñado, uns 25 g, achega de 2,5 a 4 g de fibra. As ameixas secas (16 g de fibra/100 g) destacan sobre o resto e pódense engadir ás compotas. Un bo prato de legumes (dous cazos cocidos) achega uns 10 g de fibra. É útil e necesario incluír na dieta alimentos integrais como o pan e o arroz integral ou o müesli para o almorzo, en lugar de galletas ou cereais azucrados.

Diarrea e gastroenterite

  O repouso, o xaxún e a inxestión abundante de líquidos son as tres claves para aliviar infeccións gastrointestinais provocadas por bacterias patóxenas (Escherichia coli ou salmonela) ou virus (enterovirus), as causas máis comúns dunha diarrea pasaxeira. Cando as molestias remiten, a dieta inicial será especial: adstrinxente e sen fibra, acompañada de abundantes líquidos.

En xeral, non é necesario tomar medicamentos para superar a infección, é preciso eliminar, a través das feces e do vómito, toda a carga microbiana que provocou a intoxicación do corpo.

  • Dieta líquida: Convén beber abundante líquido para eliminar os xermes do corpo e previr a deshidratación. Ao soro oral súmanse outras bebidas aptas como a auga con limón (adstrinxente), infusións dixestivas ou relaxantes (macela, fiúncho, melisa, tila ou herba luísa) e zume de mazá. Esta dieta líquida acompañarase dun complemento de probióticos con bacterias ácido lácticas como os bífidos, tomado en xaxún ou fóra das comidas. En dous ou tres días de inapetencia adóitase volver á normalidade.
  • Dieta adstrinxente e sen fibra. Tras a pausa de repouso dixestivo as comidas serán liviás, sen condimentos, suaves e en pequena cantidade, con alimentos de carácter adstrinxente e sen fibra. Convén comer alimentos secos que necesiten boa mastigación como tostas ou pan tostado e tortas de arroz.

O preoperatorio: a alimentación conta

  Nos días previos a unha intervención cirúrxica, co fin de provocar o mínimo estímulo dixestivo, adóitase recomendar a "dieta branda de protección gástrica". Consiste en modificar o xeito de cociñar os alimentos e en seleccionar os produtos de cada grupo doados de dixerir. As comidas distribúense en varios pratos de pequeno volume para non saturar a capacidade e funcionalidade dixestiva.

  • Baixa en graxa. Carnes magras, peixes brancos, ovos en tortilla ou revoltos.
  • Pobre en fibra. Froitas non ácidas sen pel moi maduras, asadas ou en compota, verduras suaves non fibrosas e cociñadas, sen legumes.
  • Con poucos azucres simples e sen lactosa.
  • Comidas suaves. Sen alimentos ou condimentos irritantes da mucosa gástrica especias picantes, ácidos (incluídos tomate, cítricos, piña), graxentos ou pratos moi condimentados; tampouco excitantes como o café, o té, o cacao ou as bebidas alcohólicas.
  • Coccións lixeiras. Fervidos, ao vapor, en papillote, baño maría e estufados de verduras, peixe branco ou polo a lume lento e con pouco aceite.
  • Boa mastigación. Mellor tostas ou pan tostado, posto que hai que mastigalos para favorecer unha mellor dixestión.

O postoperatorio: a alimentación é clave

  O período de convalecencia inmediato a unha intervención cirúrxica require unha dieta progresiva tanto en tipo de alimentos coma en textura, forma de cociñado e condimentación. Trátase dunha "dieta branda de protección gástrica" que se inicia no hospital e pode continuarse na casa durante os primeiros días ou semanas.

Esta dieta adáptase pouco a pouco ás diferentes fases fisiolóxicas polas que pasa o organismo, sobre todo o aparato dixestivo, tras o quirófano. Entre o primeiro e o quinto día, segundo a intervención e o estado nutricional inicial, iníciase a sueroterapia, mediante a que o organismo recibe só auga e electrólitos de forma intravenosa.

  • Dieta líquida: cando o aparato dixestivo recupera a súa actividade tras o efecto da anestesia iníciase a dieta líquida: infusións, caldos desgraxados e zumes de froitas suaves e pouco ácidos. Así se proba a tolerancia do organismo aos alimentos.
  • Dieta branda de protección gástrica: son alimentos de moi doada dixestión, pouco graxos e con pouca fibra, de texturas brandas, ricos en proteínas, nutrientes necesarios para a recuperación e rexeneración dos tecidos. Realizar cinco ou seis inxestións diarias, frecuentes e de pouco volume, axuda a equilibrar os niveis de azucre e graxas en sangue, e garántese unha achega enerxética frecuente. Os horarios de comidas serán compatibles coa toma da medicación prescrita, xa que hai alimentos que interaccionan con determinados fármacos e potencian ou inhiben a súa acción farmacolóxica. É fundamental comer devagar e mastigar ben para facilitar a dixestión e activar os mecanismos de saciedade.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto