Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa

Λ

Son propietario dun can: que obrigas teño?

O dereito a ter un can implica obrigas legais como garantir o seu benestar e a súa saúde, unha evidencia que non sempre asumen os donos

  Convivir cun can, ou con calquera outro animal, é unha lección continua de aprendizaxe e entendemento mutuo. Pero tamén é un dereito e, sobre todo, un deber que implica asumir obrigas, entre elas, cubrir as necesidades físicas e emocionais do animal. A lei en España castiga o maltrato, o abandono e o non asumir as necesidades dos nosos animais. A tenza responsable do can é unha norma de obrigado cumprimento.

Abusar dun can ou infrinxirlle dano, ademais de ser unha conduta cruel e deplorable, está prohibido e castigado pola lei en España. O Código penal español, no seu artigo 337, protexe os cans fronte ao maltrato e tipifica como delito as condutas abusivas contra os animais domésticos, entre eles, o can. Quen abusen dun can poden ser castigados entre tres meses e un ano de cárcere. A lei tamén recolle a posibilidade de que o maltratador de mascotas non poida traballar en ningún sitio relacionado con cans durante os próximos tres anos.

Un total de 109.074 cans foron abandonados en España 2010, segundo o estudo Fundación Affinity sobre Abandono de Animales de Compañía. Mentres que a Garda Civil tramitou un total de 13.004 denuncias relacionadas co maltrato a animais en 2011, e preto dun centenar de persoas foron detidas ou imputadas no noso país por comportamentos crueis contra os animais ese mesmo ano.

Aínda que, de acordo coa lei, se pode condenar unha persoa por abusar dun can, son moi raras as veces nas que a violencia contra as mascotas se castiga coa pena de prisión. Na maioría dos casos o castigo limítase a unha multa que varía en cada comunidade autónoma.

O Código penal é único e rexe para todo o territorio nacional, pero as comunidades autónomas aproban as súas propias leis de protección animal que adoitan conter medidas específicas para a protección das mascotas, entre elas, o can, e multas para quen as incumpran.

Obrigas do propietario dun can

  Un can pode vivir preto de 17 anos, durante os cales o dono debe cumprir cunha serie deberes e responsabilidades, como as que se detallan a continuación:

  • O compromiso moral de coidalo ata o final da súa vida.
  • Proporcionarlle alimento de calidade para desenvolverse de xeito correcto, de acordo coa súa natureza e un acubillo adecuado onde resgardarse das inclemencias climatolóxicas.
  • Cumprir as normas que derivan da súa tenza: identificalo cun microchip e censalo no Concello.
  • Ofrecerlle a atención sanitaria que precise cando estea enfermo e seguir o calendario de vacinacións e desparasitacións que marque o veterinario.
  • Respecto ao resto dos cidadáns, as leis autonómicas de protección de animal, así como as ordenanzas municipais que as desenvolven, adoitan recoller a obriga de velar pola seguridade doutras persoas ou animais e evitar molestias a terceiros. Por iso, é obrigatorio que o can estea suxeito coa correa na vía pública.
  • Manter a cidade libre de excrementos tamén é responsabilidade do propietario do animal. Os concellos prevén sancións de distinta contía para quen incumpra. En Madrid, as multas son de ata 1.500 euros, mentres que na localidade biscaíña de Barakaldo ascenden a 3.000 euros. Outras cidades son máis permisivas como Alacante, onde os castigos están ao redor dos 200 euros.
  • O abandono de animais é ilegal, polo que o infractor pode ser sancionado. Se unha persoa é testemuña do abandono dun animal, tamén ten a obriga de denuncialo. Pódese poñer en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona), no teléfono gratuíto 062.

Falta de responsabilidade dalgúns donos

Cada ano as cifras recordan a falta de responsabilidade respecto do coidado dos cans de certas persoas: malos tratos, abandonos e, en xeral, tenza irresponsable. En moitas ocasións, os animais adquírense de xeito irracional, sen pensar nos compromisos que implica convivir cun can. As principais irregularidades, e situacións inxustas, prodúcense como consecuencia dunha gran desinformación, por falta de tempo e compromiso e polas modas puntuais.

Hai que ter en conta que un can non só necesita alimento, auga e atención sanitaria.

Decálogo do bo dono/compañeiro dun can

  Co fin que un can sexa feliz e se desenvolva de acordo coa súa natureza, necesita que os seus donos cumpran coas súas necesidades materializadas do seguinte xeito:

  • Ofrecerlle agarimo, amor, paciencia e comprensión.
  • Comprometerse ao seu coidado ata o final da súa vida.
  • Proporcionarlle alimento, auga e refuxio.
  • Facilitarlle atención sanitaria e acompañalo cando estea enfermo.
  • Respectar as súas necesidades emocionais e sentimentos.
  • Ofrecerlle compañía para que non se senta só.
  • Coidalo cando chegue á vellez e ofrecerlle unha calidade de vida adecuada.
  • Non abandonalo nunca.
  • Respectar a súa natureza e aceptalo tal e como é.
  • Acompañalo e apoialo no seu último alento.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto