Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Laureano González Vega, Coordinador de Avaliación de Ensinanzas e Institucións da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA): "A universidade está adaptada ao mercado laboral, pero queda moito camiño por percorrer"

 En época de crise mírase a universidade. Miles de estudantes licéncianse cada ano e, malia contar cun título, e en aparencia con mellores expectativas de futuro, moitos vense abocados ás listas do paro. Ata un millón agarda xa nas súas casas a chamada dunha empresa. A pregunta está no aire: que fai a universidade? Laureano González Vega, membro de ANECA e licenciado en matemáticas, atrévese a responder: "Un esforzo cada vez máis grande por adaptarse ao mercado laboral".

A universidade en España está adaptada ao mercado laboral?

Está adaptada e fai un esforzo cada vez máis grande por adaptarse, pero queda moito camiño por percorrer. Non obstante, a universidade non pode responder só ás esixencias do momento porque estas son cambiantes.

O Proceso de Bolonia achegouna ao mercado laboral?

A grande vantaxe do Proceso de Bolonia é que nos fixo dar prioridade ao obxectivo da empregabilidade nun futuro a medio ou longo prazo. Persegue que os estudantes atopen un traballo acorde coa formación recibida, aínda que non se pode pensar que todos o conseguirán. Por iso a formación ha de ser moi xeral, útil a curto, medio e longo prazo.

En canto ao modelo de universidade, débese tender cara a centros especializados?

Tivemos tendencia a que cada universidade acumule todos os graos posibles, pero non ten sentido que repitamos a oferta. Temos que discernir onde somos bos ou onde o podemos facer mellor e, en momentos de escaseza de recursos, concentralos aí para sobresaír e impartir unha formación excelente.

Que función cumpre ANECA neste sentido?

ANECA é unha ferramenta da nosa ordenación universitaria, como consecuencia de que somos partícipes do Proceso de Bolonia. Este parte de tres eixes nos que cumprimos un papel importante. Somos garantes da calidade na universidade; a grandes trazos, avaliamos as ensinanzas, títulos de grao, máster e doutorado en función de parámetros europeos e da lexislación española; e, algo especial de ANECA, é que temos encomendada a avaliación dos profesores que se queren presentar a unha oposición, a un posto estable etc.

Cal é o nivel do profesorado?

Demos un salto cualitativo en investigación nos últimos vinte anos. Agora investígase moitísimo máis. Pero aínda nos falta ir cara a publicacións cun peso importante e un compoñente de investigación que dea valor engadido.

Cal é o nivel dos estudantes con respecto a Europa?

O punto débil son aínda os idiomas. Non obstante, os estudantes saen da universidade moi ben formados e, en caso de ir traballar ao estranxeiro , teñen moi boas oportunidades. Quen dá o paso e se arrisca ten poucas dificultades para atopar un traballo, sempre que sexa capaz de solucionar a barreira do idioma.

Isto sucede sobre todo entre os que realizan a tese.

En España, os doutores teñen unha dificultade adicional para atopar traballo fóra da universidade ou do ámbito da investigación, xa que as empresas non ven a necesidade de contratalos, algo que non acontece noutros países. Ademais, o sector da industria baséase na peme e a contratación de doutores non está normalizada. Por outro lado, boa parte dos doutores só queren traballar no ámbito da investigación e este non pode absorberlos a todos.

É necesaria a colaboración da universidade con institucións públicas e empresas privadas para impulsar a colocación dos mozos?

O cambio de orientación das universidades apostou polas prácticas en empresas. Algunhas comunidades obrigaron a implantalas en todos os graos, algo fundamental porque o estudante coñece o mundo exterior e a universidade retroaliméntase. Pero algúns graos converteron as prácticas en optativas porque non atopan empresas abondas. Por iso, fai falta máis colaboración, que as universidades insistan nese tipo de contactos e se fomente a cultura emprendedora.

Destácanse carreiras con máis posibilidades de acceso a un emprego. Anímase a estudar en función das estatísticas?

Encadrar nun ranking o bo ou o malo non é conveniente. Ligar a definición dun plan de estudos ás demandas do mercado laboral nun momento determinado é un erro porque é posible que, ao licenciarse, o mercado laboral pida outras cousas. Ao definir un plan de estudos non hai que perder a perspectiva do emprego, pero o estudante debe recibir unha formación que lle dea ferramentas para adaptarse ao futuro, que ninguén sabe que pode ser. Se se guía polos rankings, o estudante pode elixir unha carreira que non lle motive e, ou ben non a remate, ou dedique a súa vida profesional a unha actividade que mesmo lle desgusta.

Cúmprese o 25 aniversario do Programa Erasmus, cal foi a súa principal vantaxe?

Todas. Debería ser obrigatorio estudar un ano fóra de España. O Programa Erasmus foi un éxito do que nin sequera os que o crearon eran conscientes. Non lle atopo ningunha pega e, se tivese que dicir unha, é que non estea xeneralizado.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto