Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enquisa a 1.575 consumidores de nove comunidades autónomas para coñecer hábitos alimenticios infantís: Obesidade infantil: hábitos nutricionais erróneos e menos actividade física da recomendada

Só nun 50% dos fogares os nenos comen verdura e ensaladas todos os días e arredor dun 10% dos casos, a merenda consiste en bolaría industrial ou snack en bolsa. No 14%, os máis pequenos non practican ningún tipo de exercicio físico concreto no seu tempo libre

  Xa non é "patrimonio" único de sociedades como a americana. Desgraciadamente, a obesidade infantil, un dos grandes males endémicos do século XXI, está en alza no noso país: o 45% da poboación preadolescente ten problemas de peso, o 26% ten sobrepeso e o 19% obesidade, cifras que non conseguiron reducirse nos últimos dez anos. Un neno con sobrepeso non é un neno con hábitos saudables. EROSKI CONSUMER quixo comprobar de primeira man cales son os costumes alimentarios e os hábitos de ocio dos máis pequenos. Por iso, realizou máis de 1.500 enquisas en fogares de nove comunidades autónomas (Andalucía, Illas Baleares, Castela a Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco), nos que vivisen nenos de entre 5 e 12 anos. A persoa que contestou á entrevista sempre era a responsable da compra. En tres de cada catro ocasións, tratábase dunha muller e nun 59% das veces tiña entre 35 e 44 anos. En canto ao seu nivel académico, un 33% dos entrevistados eran universitarios, un 37% tiñan bacharelato superior, BUP ou FP e outro 22% obtiveron o título de bacharelato elemental ou o de EXB.

A cada un dos entrevistados preguntóuselle, entre outras cuestións, sobre a rutina á hora de alimentar os seus fillos (se comen no comedor do colexio, se o teñen en conta cando planifican o resto da dieta, como é o almorzo, xantar e merenda, cantas comidas fai ao día, se petiscan entre horas, con que frecuencia comen os distintos grupos de alimentos, etc.) e sobre as actividades que realizan no seu tempo libre (deporte fóra e dentro do colexio, uso da consola e videoxogos etc.). Ademais, tamén se consultou sobre a opinión que teñen da obesidade infantil, as súas causas e responsabilidades.

Os malos hábitos alimenticios e o sedentarismo despexan doadamente a ecuación da obesidade e sobrepeso infantil. Se xa desde a infancia se adquiren malos costumes nestas materias, poden proxectarse ao longo de toda a vida e afectar a saúde. A nenez é o momento decisivo para consolidar boas prácticas nutricionais e de exercicio físico.

EROSKI CONSUMER comprobou que a pesar de que no 75% dos fogares enquisados, os pais cren que a alimentación dos seus fillos é bastante equilibrada, aínda persisten algúns costumes erróneos en materia de nutrición: pouca verdura, demasiados derivados cárnicos, moita bolaría industrial... O deporte deixa de ser unha materia pendente entre os pequenos; segundo a enquisa, nun 14% dos fogares os nenos non realizan no seu tempo libre ningún tipo de exercicio físico concreto (ademais das dúas horas de ximnasia que practican na escola). É moi aconsellable que os nenos acumulen polo menos trinta minutos de actividade física ao aire libre todos os días.

A visión dos pais

  O papel dos pais é fundamental á hora de educar os seus fillos nuns hábitos alimenticios saudables. Os seus costumes, gustos e preferencias e rexeitamentos cara a determinados alimentos reflíctense nos máis pequenos e no seu comportamento cara á súa alimentación.

Durante a enquisa, EROSKI CONSUMER comprobou que no 66% dos fogares entrevistados, a familia fai unha supervisión diaria das comidas e bebidas que inxire o neno, tanto dentro como fóra do fogar, e un 33% faino habitualmente.

Os proxenitores son conscientes, en xeral, de que a obesidade é un grave problema. De feito, un 81% dos enquisados non están nada de acordo coa afirmación de que se trata simplemente dunha cuestión estética. Ademais, o 98% cre que é unha cuestión de saúde que non só afecta os adultos e un 78% opina que non se pasa co tempo, de feito, outro 96% asume que un neno obeso terá problemas de saúde na súa idade adulta.

Pero, que é o que motiva a aparición da obesidade? Un 98% atribúea a unha alimentación inadecuada e outro 83% engade o factor da falta de exercicio físico e a vida sedentaria. Ademais, un 47% culpa os pais (por renuncia e malos hábitos), outro 27% dos casos pensa que a xenética herdada ten moito que ver e un 20% relaciónao coa saúde e coas enfermidades.

Por último, da totalidade de fogares entrevistados, nun 90% pensan que só os pais teñen a responsabilidade de educar os nenos en hábitos alimentarios saudables. Outro 11% cre que o compromiso debe ser tanto de pais coma de profesores e un 10% carga con esta responsabilidade a avós ou coidadores. E, como se combate a obesidade infantil? No 96% dos fogares consideran que se consegue cambiando de dieta e hábitos alimenticios, e o 85% engade a actividade física ou deporte. Só un 17% menciona a axuda médica (un endócrino) e un 1%, a medicina alternativa.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto