Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Compra un coche defectuoso de orixe e dinlle que non entra na garantía

 Un cidadán comprou un vehículo nun concesionario que durante o período de garantía presentou un defecto sen que fose atendido polo vendedor. A razón é que este consideraba que para facer valer a garantía dos dous anos que prevé a lei debía realizarse a revisión e o mantemento do vehículo de acordo ás recomendacións do fabricante, así como acudir á revisión antes dos dous anos ou da realización de 30.000 km. Como o comprador, segundo a súa opinión, non respectara ningún destes requisitos entendía que perdera a súa garantía. Pero a Audiencia Provincial de Zaragoza admitiu, en sentenza do 25 de abril de 2012, a demanda do consumidor en reclamación de 7.100 euros de acordo co Texto refundido da lei do consumidor. Da proba pericial deducíase que a causa da avaría derivou do recubrimento incorrecto do compoñente, defecto que a Audiencia considera sen ningunha dúbida de orixe. E conclúe que nin a revisión practicada noutro taller nin o pequeno atraso sufrido na súa realización eran cuestións relevantes, posto que non se acreditou ningunha relación causa/efecto entre as devanditas cuestións e a avaría final sufrida. Por todo iso, o consumidor gañou o xuízo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto