Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Camiño de Santiago, vacacións en familia

Os nenos tamén poden percorrer o camiño con garantías, deben marcar o ritmo do grupo e seguir unha serie de recomendacións como evitar as horas centrais do día

  A peregrinación a Santiago de Compostela conta cada día con máis adeptos. A práctica de exercicio, a viaxe a lugares descoñecidos, a convivencia con persoas doutros países ou o contacto coa natureza, a arte e a cultura son algúns deles. Por que privar os máis pequenos de vivir esta actividade plena que destapa a curiosidade, favorece a aprendizaxe e a diversión de nenos e adultos? Por iso, cada ano máis familias o percorren durante as vacacións escolares. Agora ben, para que a primeira experiencia sexa satisfactoria é necesario planificar a viaxe con antelación, aínda que logo haxa que tomar decisións sobre a marcha e atender a unha serie de recomendacións. En EROSKI CONSUMER (http://caminodesantiago.consumer.es/) facilítase toda a información sobre os distintos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela e toda a información necesaria que se debe ter en conta antes de iniciar esta aventura.

Documentación, adestramento e preparación do equipo

  •   A primeira incursión dos pequenos da familia no Camiño de Santiago non debería durar máis dunha semana. Moitas familias optan por realizar só os últimos 100 km, xa que desta forma obteñen a Compostela, o documento que acredita realizar a peregrinación. Hai que ter en conta que a Compostela só se outorga aos nenos que xa recibiron a primeira comuñón. Aos bebés e nenos moi pequenos que, de forma ocasional, utilizan coches ou cadeiras de paseo inclúenos na Compostela dos seus pais, mentres que aos máis maiores que aínda non comulgaron se lles concede un certificado de benvida.
  • Co fin de aloxarse nos albergues de peregrinos e recoller a Compostela, cómpre levar a credencial, carta de presentación que require selarse polo menos unha vez por día nos albergues, igrexas ou establecementos que se visiten. É moi recomendable que as familias soliciten esta credencial na súa parroquia habitual, nas igrexas, nos bispados ou na Asociación de Amigos do Camiño de Santiago máis próxima e evitar, deste xeito, ter que solicitala no lugar onde se comeza o camiño.
  • Cando se peregrina en familia non hai que deixar ao chou onde durmir porque a incerteza ante a falta de sitio causa efecto nos máis pequenos e pode propiciar discusións. Ao longo do Camiño de Santiago hai albergues públicos, parroquiais, de asociacións e mesmo privados. Estes últimos permiten realizar a reserva con antelación, e o máis conveniente é facela antes de partir. Recoméndase establecer un calendario de etapas curtas, de entre 10 e 15 km, sobre todo ao principio, e aumentar a distancia nos días sucesivos.
  • Non hai que esquecer o adestramento previo de nenos e adultos, aínda que os fillos practiquen deporte con asiduidade. En primeiro lugar hai que adquirir a mochila sen esquecer unha funda para a chuvia e calzado deportivo. Preparado xa o equipo, hai que realizar con el, os meses previos, camiñadas de varias horas que deben incrementarse pouco a pouco en cantidade e intensidade.
  • No momento de escoller o tamaño da mochila hai que ter en conta que o máis apropiado para evitar lesións innecesarias é portar como máximo o 10% do peso corporal. En caso de que os nenos sexan moi pequenos a súa equipaxe pódea levar un adulto ou recorrer aos taxis que transportan a mochila entre etapas.
  • Non hai que estrear calzado durante a peregrinación. Moitos camiñantes utilizan zapatillas de trekking en lugar de botas porque son máis lixeiras, flexibles e ademais a sola amortece ben os impactos contra o chan e a carga da mochila.
  • É apropiado levar roupa elaborada cun tecido que transpire, ademais de incluír roupa de abrigo, impermeable para a auga e o saco de durmir. En verán, é suficiente un saco lixeiro cuxa temperatura de confort sexa de 15 a 20 ºC.

Evitar contratempos e lesións durante o percorrido

  •   A moderación no esforzo e a adaptación á distancia son claves para non abandonar antes de tempo.
  • Contra a radiación solar convén levar unha viseira ou un gorro que cubra toda a cabeza, vestir cores claras e aplicar crema con protección solar en todas as zonas expostas da pel.
  • O neno de máis curta idade debe ser quen marque o ritmo da etapa, nunca o adulto.
  • Os novos aventureiros son máis propensos a sufrir golpes de calor. Con altas temperaturas non deben camiñar nas horas centrais do día. Ademais, hai que ter un especial coidado cos pequenos que tomen medicamentos, especialmente antihistamínicos contra as alerxias, porque diminúen a sudación e aumentan aínda máis o risco de padecer a temida insolación. Unha dor de cabeza, pel seca, certa debilidade, mareos ou cambras son algúns dos seus síntomas. Convén hidratarse con auga e froita e non abusar das bebidas isotónicas.
  • No Camiño de Santiago cóidase pouco a alimentación saudable e isto ten efectos negativos xa que o exceso de alimentos graxos e azucrados minoran a recuperación do esforzo e poden agravar as lesións.
  • Despois de cada etapa hai que darse unha ducha con auga fría para activar a circulación. Chegar moi canso non favorece o sono e necesítase enerxía para descansar ben.

Fontes: Marisa Martínez Zazo, médico deportivo, e Ainara Asurmendi, fisioterapeuta.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto