Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

A seguridade non marcha de vacacións

Deixar as persianas da casa entreabertas, non informar da viaxe nas redes sociais de Internet e non perder de vista a equipaxe son normas básicas para previr posibles roubos

  Os amigos do alleo non veranean, polo menos en xullo e agosto. É nestes meses cando hai que extremar as precaucións, tanto na propia vivenda, coma durante a viaxe e no lugar de vacacións.

Os datos non enganan: segundo reflicte o Balance de criminalidad, publicado polo Ministerio do Interior, no primeiro trimestre de 2012 producíronse 31.851 roubos con forza en vivendas, o que supón un 22,3% máis que no mesmo período do ano pasado. E presúmese que estas porcentaxes aumenten durante as vacacións de verán. As únicas comunidades nas que diminuíu o índice de roubos entre xaneiro e marzo foron o País Vasco e a Cidade Autónoma de Melilla. Por iso, aconséllase adoptar unha serie de medidas de seguridade en vacacións.

Mentres se permanece na vivenda

  •   En función do presuposto doméstico, convén instalar na casa a maior cantidade posible de sistemas de seguridade: portas blindadas, reixas, cerramentos de terrazas, alarmas etc. Colocar unha porta blindada ou acoirazada pode custar entre 800 e 1800 euros con instalación incluída.
  • Ante a presenza de persoas en actitude sospeitosa que roldan polos arredores da vivenda, o mellor é avisar a policía.
  • Antes de abrir a porta hai que comprobar polo asexadoiro da porta quen chama. Accionar o porteiro automático a descoñecidos compromete a propia seguridade e a do resto dos veciños. Neste sentido, a instalación dun videoporteiro reforza a seguridade do edificio.
  • Convén ter cautela ante supostos empregados do servizo de subministracións (auga, gas, electricidade etc.) que acoden ao domicilio. Hai que solicitarlles a identificación e mantelos fóra da casa mentres se fai a comprobación.
  • Aínda que só se vaia saír uns minutos, aconséllase pechar as ventás e utilizar todas as medidas de seguridade das que se dispoña.
  • Non se debe durmir coas ventás e balcóns totalmente abertos. A maioría dos roubos nocturnos en vivendas con persoas no seu interior prodúcense entre a unha e as tres da madrugada, cando o sono adoita ser máis profundo.
  • Se se reside en zonas illadas, un can adestrado pode ser moi útil fronte aos ladróns.

Ao saír de vacacións

  •   Non hai que divulgar o proxecto da viaxe, xa que o perigo de informar sobre os destinos e as datas das vacacións nas redes sociais é moi alto.
  • As compañías aseguradoras recomendan que se deixe algo de roupa tendida e que non se baixen totalmente as persianas para que pareza que a casa está habitada.
  • As portas, ventás e balcóns, e os accesos desde o garaxe ou o xardín son os puntos máis vulnerables para acceder a unha vivenda. Por iso, deben quedar totalmente pechados. Recomendacións para aseguralos:
    • Se hai un acceso directo ao domicilio desde o garaxe, esta porta debe ter as mesmas medidas de seguridade que a principal de entrada á casa.
    • As ventás que poden ser accesibles desde o exterior sen gran dificultade, teñen que estar pechadas e se é posible, protexidas por reixas.
    • Aconséllase instalar un sistema de alarma cando se trata dunha vivenda unifamiliar, unha planta baixa ou un ático. Unha alarma no domicilio dificulta a intrusión de ladróns e, ademais, adoita abaratar o prezo da póliza do seguro do fogar entre un 15% e un 20%.
  • Convén informar algún veciño de que a vivenda vai quedar baleira para que, se oe ruídos ou movementos estraños, avise a policía. Ademais de deixarlle un teléfono de localización, unha persoa de confianza debe encargarse de recoller a correspondencia para que non se acumule na caixa de correo.
  • Nunca se debe colocar a chave baixo o felpudo ou unha maceta, nin deixar na porta unha nota que indique a ausencia do domicilio.
  • Os ladróns, aínda que tamén rouban obxectos de valor, prefiren o diñeiro en metálico. Por iso, convén non ter moito diñeiro, nin demasiadas xoias na casa. Pódense depositar en caixas de seguridade bancarias ou baixo a custodia de persoas de confianza.
  • Non se debe gardar o talonario de cheques xunto con outro tipo de documentación no que apareza a propia sinatura.

Durante a viaxe e no lugar de destino

  •   O máis axeitado é viaxar con todos os documentos de identificación persoal (DNI ou pasaporte) e a tarxeta da Seguridade Social.
  • Non se debe levar enriba grandes cantidades de diñeiro en efectivo. É mellor utilizar tarxetas de crédito, cheques de gasolina etc.
  • Cando se usa o vehículo hai que evitar deixar obxectos de valor á vista.
  • No aeroporto, nunca se debe facturar como propio a equipaxe de persoas descoñecidas.
  • Se se viaxa en tren ou autobús hai que vixiar as maletas, especialmente nas paradas intermedias.
  • No cuarto do hotel ou no apartamento non se debe deixar á vista diñeiro ou outros obxectos de valor. É preferible alugar unha caixa de seguridade.
  • Nos vestíbulos e nas zonas comúns dos hoteis e en espazos de grandes aglomeracións (espectáculos, mercados etc.) non hai que descoidar os bolsos, as carteiras e demais obxectos persoais.
  • Hai que desconfiar dos requirimentos de descoñecidos (avisos de manchas na roupa, indicacións de avarías no coche etc.) e non participar en xogos de azar na rúa xa que, xeralmente, se trata de enganos.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto