Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Ao rico xeado!

Son un pracer nutritivo, caloríficos e con bastante azucre, pero compatibles cunha dieta equilibrada

  Os xeados son para o verán, aínda que timidamente se consolida a tendencia de consumilos durante todo o ano, tal e como sucede noutros países. Agora ben, seguimos preferindo degustalos cando o sol aperta. De amorodo, chocolate, nata, vainilla, leite merengado e tutti fruti. Esta era a concisa variedade de sabores que se ofrecían nas tradicionais xeadarías non hai aínda tanto tempo. Hoxe necesitariamos boa parte desta páxina só para enumerar a interminable listaxe de formas, sabores e cores coas que se venden os xeados. Legalmente, hai ata seis denominacións pero a práctica comercial dá lugar a outras tantas: ademais das máis típicas, no mercado hai ademais xeados sen azucre, sen frutosa, sen conservantes, sen potenciadores do sabor, con menos aire incorporado, con menos graxa, con menos calorías, cun mínimo de froitas, xeados "de autor"... A súa oferta aumenta ano tras ano, polo que a elección se fai cada vez máis difícil. Neste mar de xeados, o consumidor non sempre sae airoso na tarefa de seleccionar o que máis lle convén. Moitas veces, elíxese máis por unha arroutada que por coñecemento. Para botar un pouco de claridade no asunto, EROSKI CONSUMER presenta nesta nova Guía de compra as claves para coñecer as diferenzas entre uns e outros e as súas distintas propiedades.

Non é unha lambetada, é un alimento

  O xeado constitúe un triunfo da tecnoloxía dos alimentos. O que moitos non saben é que o principal ingrediente na maioría dos casos é o aire, cuxa adición converte a elaboración nun sistema moi complexo. Sen aire, o xeado sería unha bóla sen consistencia. A aireación crea unhas burbullas que quedan rodeadas por graxa emulsionada cunha rede de diminutos cristais de xeo. Esta estrutura é a textura de escuma semisólida que aprecia o consumidor.

A composición dos xeados é moi diversa: segundo os ingredientes empregados na súa elaboración, as súas características enerxéticas e nutritivas serán unhas ou outras. Os xeados son saborosos, nutritivos e perfectamente compatibles cunha dieta equilibrada pero non deben ser considerados como un aperitivo para tomar a calquera hora do día co fin de gozar do seu sabor ou de combater a calor. En xeral, os xeados elaborados con leite ou graxa non láctea

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto