Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizada a accesibilidade dun percorrido pola cidade, dunha viaxe en autobús urbano e dunha visita a un centro deportivo municipal en 18 capitais do país: Unha de cada tres cidades aínda conserva barreiras arquitectónicas para ser accesible

As maiores deficiencias para unha persoa en cadeira de rodas atopáronse andando pola rúas e nos centros deportivos municipais con piscina

  Imaxínase a vida nunha cadeira de rodas? Accións como dar un paseo pola súa cidade ou subirse a un autobús urbano convértense en grandes probas que superar cada día. En España, o 6% da poboación padece algún tipo de minusvalía relacionada coa mobilidade. EROSKI CONSUMER quixo comprobar se este colectivo de persoas pode realizar tres actividades cotiás para o resto da poboación como facer un percorrido pola cidade (dun máximo de vinte minutos), desprazarse en autobús (tomouse unha liña ao chou) e nadar nunha piscina municipal. Para iso, técnicos da revista realizaron estas tres visitas durante o mes de maio acompañados por unha persoa en cadeira de rodas en 18 capitais do país: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Cádiz, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Ademais, para comprobar o nivel de accesibilidade en cada unha das visitas, contouse coa valiosa colaboración de numerosas organizacións de usuarios con dificultades de mobilidade.

Este é o listaxe de entidades colaboradoras: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COFEMFE), a Asociación de Lesionados Medulares y Grandes Discapacitados Físicos (ASPAYM), a Federación Coordinadora de Personas con Discapacidad Física de Bizkaia (FEKOOR), a Federación Gaditana de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (FEGADI), a Federación de Asociaciones de Minusválidos Físicos y Orgánicos de Córdoba (FEPAMIC), a Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos (PREDIF), a Coordinadora de Disminuidos Físicos de Navarra (ACODIFNA), a Asociación de Esclerosis Múltiple de Guipúzcoa (ADEMGI), a Asociación de Personas con Discapacidad Física de Álava (EGINAREN EGINEZ) e Disminuidos Físicos Aragón (Fundación DFA).

A conclusión máis evidente do informe é que aínda que nos últimos anos as cidades se esforzaron en adaptarse ás necesidades de accesibilidade das persoas en cadeira de rodas, aínda queda moito camiño por percorrer. E é que a cualificación final do estudo foi de "aceptable". Esta nota varía en función das cidades: mentres Pamplona e San Sebastián aproban cun "moi ben"; as peores avaliacións, cun "regular", foron as de Bilbao, Málaga e Sevilla. A Coruña, Cádiz e Oviedo quedaron no "aceptable"; e Alacante, Barcelona, Córdoba, Granada, Madrid, Murcia, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza superaron o exame cun "ben".

Un paseo con barreiras

Andar polas rúas da cidade non é tan doado como parece. As persoas con mobilidade reducida seguen atopando obstáculos e barreiras arquitectónicas que llelo impiden. Así o comprobou EROSKI CONSUMER durante o percorrido, de dez a vinte minutos, en diferentes zonas das 18 cidades.

Os traxectos obtiveron unha nota final de "aceptable", aínda que as cualificacións varían dunha cidade a outra. Os de Pamplona, San Sebastián e Valladolid foron accesibles e valoráronse cun ''moi ben". Non así os da Coruña, Cádiz e Sevilla, onde foron de "regular". Ademais, mentres os percorridos realizados en Barcelona, Bilbao, Córdoba, Madrid, Oviedo, Valencia e Zaragoza lograron un "ben"; os de Alacante, Granada, Málaga, Murcia e Vitoria quedaron no "aceptable".

O ancho mínimo das beirarrúas non se respectaba nunha de cada catro ocasións

Durante os percorridos, os técnicos da revista e os seus acompañantes en cadeira de rodas comprobaron que na metade das ocasións, nalgunhas zonas o pavimento non era estable: lastros levantadas, baldosas rotas e soltas, fochas, buratos ou socavamentos eran algúns dos problemas máis evidentes e que podían ocasionar situacións de perigo, en especial na Coruña, Barcelona, Bilbao, Cádiz, Granada, Oviedo, Sevilla, Vitoria e Zaragoza.

É importante que cando unha persoa en cadeira de rodas pasea pola cidade, a beirarrúa teña unha anchura de paso libre de obstáculos igual ou maior a 120 cm, condición que non se cumpría nunha de cada catro ocasións. Destaca a capital gaditana, onde se atoparon moitos obstáculos que impedían o paso: papeleiras, bancos, testos para plantas, reixas de ventilación, sumidoiros ou elementos dos sumidoiros, cadeiras e mesas no exterior dos bares, dificultaban en ocasións o paso.

En Málaga, San Sebastián e Vitoria a beirarrúa e a calzada atopábanse ao mesmo nivel en todo o percorrido, pero non era o habitual. Cando isto acontece, os bordos non deben ter unha altura superior aos 14 cm, pero nun de cada tres percorridos isto era así. Ao chegar a unha intersección é fundamental que a beirarrúa estea rebaixada e coincida co nivel da calzada; algo que non sucede na metade das ocasións. Por exemplo, en Alacante a persoa en cadeira de rodas viuse obrigada a seguir o seu camiño pola calzada uns 20 m ata que atopou un vao con rampla e puido subir á beirarrúa. Aínda así, nos lugares onde había un rebaixe, tamén atoparon fundamentalmente dous problemas: remataba nun pequeno chanzo (en Granada e Valencia) ou a rampla tiña demasiado desnivel (Málaga e Valladolid).

Obviamente, a presenza de escaleiras é un dos impedimentos máis importantes; atopáronse nos percorridos dunha de cada cinco cidades. A instalación de ramplas é unha medida para sortealas, como se observou na Coruña, Cádiz, Murcia e Zaragoza; aínda que nalgunhas delas se atoparon algúns defectos: a pendente era demasiado pronunciada, non había suficiente espazo para manobrar etc.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto