Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Sofre unha caída e ten problemas para anular unha viaxe

Contratamos unha viaxe de seis días nun hotel con pensión completa e unhas excursións para dous matrimonios amigos. Catro días antes de saír, con todo pagado na axencia de viaxes, o meu marido sufriu unha caída. Atendérono en urxencias e recomendáronlle repouso durante quince días. Ese mesmo día chamei á axencia pero xa non estaban. Como os días seguintes eran festivos, por Semana Santa, chamei o teléfono de información da axencia pero comunicaba ou tíñanme en espera sen atenderme, polo que chamei directamente o hotel. Alí dixéronme que eles non podían facer nada. O caso é que non conseguín anular a viaxe ata o mesmo día da saída, momento no que acudín á axencia de viaxes. Non nos devolven o diñeiro porque din que realizamos a anulación moi tarde. Levamos meses con esta reclamación e a axencia de viaxes segue nos seus trece. Temos dereito a que nos devolvan, polo menos, parte do pagado?

  A tardanza en cancelar a viaxe é consecuencia da defectuosa prestación dos servizos telefónicos de atención ao público, cuestión que poden acreditar, polo menos parcialmente, coas facturas de teléfono nas que consten as chamadas ao hotel e as que os mantiveron en espera indefinida. Cando se cancela unha viaxe combinada con tres días de antelación á saída, como debería resultar polas súas xestións, as axencias de viaxes están obrigadas a devolver o importe pagado descontando un 15% en concepto de penalización máis os gastos de xestión e os de anulación, de os houber. Con todo, no seu caso, a cancelación produciuse pola caída do seu marido e, polo tanto, trátase dunha causa de forza maior. A Lei 21/1995, do 6 de xullo, reguladora das viaxes combinadas expresa que en todo momento o usuario ou consumidor poderá desistir dos servizos solicitados ou contratados e terá dereito á devolución das cantidades que aboase, pero deberá indemnizar o organizador ou retallista en determinadas contías, salvo que tal desistencia teña lugar por causa de forza maior. De maneira que no seu caso deben devolverlle o total pagado. Suxerímoslle que acuda a unha Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) para facer unha última reclamación fidedigna contra o comerciante por xunto e contra o retallista e que, en caso de negativa, acuda a un avogado para iniciar as accións xudiciais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto