Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Elsa Punset, Escritora e filósofa: "Axudar os demais xera felicidade e é bo para a saúde"

 Rexeita que a maldade sexa innata e outorga esta virtude ao altruísmo. Elsa Punset defende a bondade do ser humano porque a experimenta en primeira persoa. Gústalle axudar polo pracer de axudar. E non é a única. Un estudo recente, abandeirado por esta escritora e filósofa, confirma que a maioría das persoas "sentimos e somos capaces de poñernos na pel dos demais". Somos empáticos en orixe. O estudo é a base da campaña "Somos", apoiada polas ONG máis representativas do país e a Asociación Española de Fundraising para facer promoción da cultura da solidariedade. A iniciativa coincide coa publicación do último libro de Elsa Punset (Una mochila para el universo. 21 rutas para vivir con nuestras emociones. Barcelona: Destino, 2012), onde desvela as claves para entender o poder das persoas. "Tardei moito en escribilo e quedou moi groso, pero o que máis me importaba era axudar", recoñece.

Liderou un estudo para confirmar a teoría da solidariedade, en que consiste esta teoría?

O estudo iniciouse cun cuestionario ao redor dunha hipótese: "sentimos e somos capaces de poñernos na pel dos demais". Temos unha tendencia moral ao altruísmo e as preguntas que fixemos no estudo confirman esta hipótese. Nacemos coa capacidade de querer axudar os demais, aínda que a recompensa non sexa evidente. O altruísmo é innato nos seres humanos e tamén é aprendido, polo que o podemos potenciar ou afogar.

Somos altruístas por empatía con quen sofren?

Como especie temos moito éxito. Desde 1950, pasamos de pouco máis de 2000 millóns de persoas a case 7000 millóns. Un dos factores que máis influíu foi a capacidade de poñerse no lugar dos demais, é dicir, a empatía. A evolución favoreceu que sexamos altruístas, aínda que tamén estamos programados para preservarnos a nós mesmos.

Axudar os demais xera felicidade?

Compartir tempo cos demais, ocuparse doutros, non só dá felicidade, senón que é bo para a saúde. Moitas investigacións relacionan altruísmo con efectos beneficiosos sobre a saúde. Hai unha forte correlación entre benestar, felicidade, saúde e lonxevidade. Axudar os demais ten recompensa.

En España hai uns tres millóns de socios que colaboran coas ONG. Podemos pensar que son máis felices?

Os estudos confirman que, tanto se temos máis bens materiais coma se as nosas experiencias son máis vivenciais, o subidón de felicidade que sentimos é moi alto. A diferenza é que, tras unha experiencia material, regresamos antes ao nivel inicial de felicidade, mentres que tras unha experiencia emocional, o nivel de felicidade segue máis alto durante máis tempo. As persoas que colaboran coas ONG priman as relacións fronte á acumulación de bens.

"O altruísmo é innato nos seres humanos"

O diñeiro non sempre dá a felicidade

Se as persoas non teñen cubertas as súas necesidades básicas, o diñeiro inflúe moito na felicidade. Nunha escala da felicidade, a xente sen fogar de Calcuta alcanza un 2,9 sobre 7, mentres que un multimillonario norteamericano chega a un 5,8. Pero un inuit de Grenlandia e un masai de África son tan felices como os cidadáns acomodados de Estados Unidos. Unha vez que a persoa non está en "modo supervivencia", o diñeiro inflúe moito menos que o amor na súa escala de felicidade. De feito, os nosos ingresos incrementáronse vertixinosamente nos países desenvolvidos, pero os niveis de felicidade parécense aínda moito aos anteriores á Segunda Guerra Mundial.

Ser solidario é motivo de orgullo?

Unha de cada tres persoas séntense orgullosa cando axuda e só un 14% séntese igual tanto se axuda coma se non o fai. Pero a natureza, en xeral, non fomenta ningún comportamento sen recompensa.

De feito, como homenaxe os socios, varias ONG uníronse na campaña "Somos". Que supón este recoñecemento?

  As ONG pretenden explicar o valor da solidariedade, recordar o poder construtivo de cada persoa e o que poden facer para incrementar o seu benestar individual e social. Esta é unha campaña de educación e recoñecemento social. Os estudos confirman que o recoñecemento é un aliciente para axudar os demais. Somos seres moi sociais e impórtanos que nos recoñezan o esforzo. Doar tempo e diñeiro implica unha perda de comodidade e as persoas aprecian a gratitude. Por iso, as ONG querían mostrar ese sentimento aos seus doadores.

O seu último libro titúlase Una mochila para el universo. 21 rutas para vivir con nuestras emociones. Algunha destas rutas leva á solidariedade?

Precisamente, a gratitude é unha destas rutas, pero supón saír de nós mesmos e abrirnos aos demais. Hai estudos que demostran ata que punto o agradecemento é un dos camiños máis directos para o benestar emocional e un factor que mide se unha vida é satisfactoria. En cambio, estar centrado en nós é un xesto que denota medo, pon en marcha a parte do cerebro que busca a supervivencia e vólvenos pouco xenerosos.

Axúdanos o seu libro a abrirnos ao mundo?

O libro é moi cómodo de ler. Mantiven un ton moi próximo, con moi pouca teoría, para compartir coñecementos con palabras sinxelas. O título fai referencia a unha técnica moi útil que permite utilizar a capacidade do cerebro para simbolizar as cousas. Cando temos un problema ao que non nos sabemos como enfrontar, podemos metelo nunha mochila e darlla ao universo.

Apenas un 11% da poboación española contribúe de xeito regular coas ONG

Na segunda parte do estudo, formulamos unha serie de preguntas ao redor deste tema. Comprobamos que o 84% dos consultados se interesa polo sufrimento dos demais e intenta actuar. A pregunta é: se estamos dotados para ser altruístas, por que non o somos sempre?

Por que?

Hai tres grandes razóns. Primeiro, para que se active a capacidade de sentir polos demais temos que poñer atención pero a sociedade dedícase a distraernos con todo e a falta de tempo é un enorme impedimento. En segundo lugar, a denominada "difusión da responsabilidade" dificulta a nosa capacidade de conectar ao pensar que "outro o fará por min". Unha terceira razón clásica argumenta que a inmensa maioría das persoas amamos e axudamos, pero só dentro do clan, é dicir, tendemos a axudar a aqueles que percibimos como similares.

"A axuda non é un luxo, senón unha necesidade mental e física"

Afecta tamén a crise? Como se poden activar, ou como mínimo manter, as doazóns económicas dos cidadáns?

Cada persoa sabe ata que punto pode colaborar, pero acaso o diñeiro é o único que conta? Eu creo que non. Comezamos a ver a axuda dunha forma moito máis ampla. A axuda non é só dar un pouco de diñeiro todos os anos, senón dar aos demais o que necesitan, desde unha actitude construtiva ata fomentar un proxecto específico ou doar tempo. Esta é unha oportunidade de medrar, de cambiar a forma de axudar. É unha ocasión marabillosa para que a xente que non pode doar diñeiro se pregunte que outras cousas pode doar. A min ocórrenseme mil. É moi importante recordar que, en tempos de crise, estamos a ver que os gobernos non son a panacea, é fundamental espertar a capacidade das persoas para axudar de forma activa. Necesitámonos e cada día ímonos necesitar máis porque somos moitos.

Afirma que saber valorar o que temos é fundamental para desenvolver unha existencia en positivo. Saber compartir provoca o mesmo resultado?

A axuda non é un luxo, senón unha necesidade mental e física. Vivir de costas ao que somos fainos infelices. Do estudo despréndese que canto menos axudamos os demais máis importancia damos ao diñeiro. É un mecanismo compensatorio porque os humanos necesitamos acumular moitas cousas materiais para manter o nivel de satisfacción. Necesitamos motivarnos e buscamos unha fonte de felicidade ou outra. Pero é importante recordar que non hai unha soa fonte de felicidade senón moitas e a única á que non podemos renunciar é á capacidade de empatía e ao altruísmo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto