Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Os ladridos dos cans do meu veciño non me deixan durmir

Vivo nun edificio ás aforas da cidade, e moi preto hai unha casa con terreo e varios cans pechados nunha especie de canceira-gaiola. O problema é que non deixan de ouvear e de ladrar porque viven en condicións lamentables. Non me deixan nin durmir. Co propietario non se pode falar porque di que son seus e que fai o que quere. Como podo solucionalo?

  A cuestión que presenta é, por unha banda, a inmisión de ruídos diúrnos e nocturnos na súa vivenda procedentes da veciña. E, por outra, as deficientes condicións nas que se poden atopar os cans. Sobre esta última cuestión, as diferentes comunidades autónomas teñen cadansúa normativa de protección dos animais, na que se establece a obriga dos propietarios de coidado, mantemento en debidas condicións hixiénico-sanitarias e en habitáculos axeitados. E en caso de incumprimento rexistraríanse infraccións de carácter administrativo que se poderían sancionar con multas. Aínda que manter os animais en instalacións inadecuadas ou en deficientes condicións hixiénicas se tipifica como meras infraccións leves, a sanción pode alcanzar multas de ata 300 euros. Por outra banda, de acordo con esta lei, compételle ao alcalde de cada concello a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais no seu ámbito.

O control dos niveis de ruído permisibles e as inmisións sonoras excesivas regúlanse desde as ordenanzas municipais dos concellos. Suxerímoslle que trate de arranxar o problema co seu veciño, pero que en caso de non dar acuda ao seu Concello e denuncie os feitos, tanto por inmisións sonoras molestas e prexudiciais para a súa saúde, como polas condicións de vida dos animais, co fin de que se realice unha inspección e, de ser o caso, que se adopten as medidas sancionadoras e correctoras. Tamén podería dar aviso á Policía Municipal e poñerse en contacto con algunha asociación protectora de animais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto