Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un propietario divorciado non paga as cotas da comunidade

Desde hai ano e medio unha veciña non paga as cotas da súa comunidade porque alega que non é a propietaria do piso e que non lle corresponde. O feito é de que desde que se divorciou nin o ex marido, que é o titular da propiedade, nin ela, que vive alí cos nenos, pagan. Cando o presidente da comunidade fala co ex marido di que lle corresponde a ela, e cando fala con ela, afirma que debe pagar el. Que facemos para que paguen?

  De acordo co artigo 9 da Lei de propiedade horizontal, cada propietario debe pagar a cota de participación acordada de acordo aos gastos xerais para o adecuado sostemento do inmoble, dos seus servizos, cargas e responsabilidades. En sentenza do 25 de maio do 2005, o Tribunal Supremo dixo que segundo este artigo a contribución ao pagamento dos gastos xerais constitúe unha obriga imposta non aos usuarios dun inmoble, senón aos seus propietarios. Por outra banda, a Audiencia Provincial de Madrid, en sentenza do 13 de febreiro do 2009, resolve que a Lei de propiedade horizontal só se refire aos propietarios como suxeitos activos ou pasivos na súa relación coa comunidade. As discrepancias ou problemas internos que xurdan entre os copropietarios, ou entre o propietario e os usufrutuarios dun mesmo piso débense resolver de xeito privado, sen que afecte á comunidade de veciños nin ao seu funcionamento xeral. Por iso suxerimos a convocatoria da xunta de propietarios co fin de proceder xudicialmente fronte ao propietario, aínda que o máis recomendable é chegar a un acordo. En calquera caso, a comunidade deberá emitir un certificado-liquidación da débeda e notificarlle a través de burofax este acordo ao afectado antes de acudir aos Tribunais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto