Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Cambios de privacidade de Google: como nos afectan

Desde marzo Google unifica as 60 políticas de privacidade dos seus diferentes servizos e cruza a información privada do usuario no seu beneficio

  Google cambiou hai apenas dous meses as condicións de uso e de privacidade de 60 servizos e produtos para unificalos nunha soa política. Este cambio forma parte dunha estratexia da compañía para homoxeneizar todos os datos que ten dos usuarios rexistrados en diferentes servizos, como Gmail, Youtube ou Picasa, e xestionar mellor o coñecemento dos seus clientes. Agora ben, esta práctica é legal?

O cambio afecta a millóns de usuarios en todo o mundo por mor da gran penetración no mercado dalgúns dos produtos do xigante norteamericano. Gmail conta con 350 millóns de usuarios rexistrados activos, é dicir, de usuarios que acceden ás súas contas polo menos unha vez cada 30 días. Tamén hai excepcións, xa que algúns produtos e servizos de Google non se ven afectados por estes cambios, como o navegador Google Chrome ou a pasarela de pagamentos Google Wallet.

Que repercusión ten para os usuarios?

Con este cambio, Google unifica todos os datos persoais que almacena e conserva dos usuarios rexistrados nos seus diferentes servizos. Ata agora, a pesar de que servizos como Youtube ou Gmail eran da mesma empresa, as súas condicións de uso e privacidade eran diferentes e, polo tanto, os datos dos usuarios almacenábanse en diferentes bases. En cambio, a quen accede a servizos de Google sen rexistrarse no buscador ou en Youtube non lle afectará este cambio.

Poderá coñecer Google máis información dos usuarios?

Segundo Google, esta nova política de privacidade non se deseñou para facerse con nova información dos usuarios, senón para centralizar a que xa se coñecía.

Para que utilizará esta unificación de datos persoais?

Con este cambio, Google poderá coñecer mellor os seus usuarios co fin de ofrecerlles publicidade segundo os seus gustos e mellorar servizos como as buscas personalizadas. Poderá cruzar todos os datos que ten dun usuario para mellorar a experiencia nos seus diferentes servizos en liña. A empresa explica que se un usuario engade unha reunión en Google Calendar e á hora sinalada detecta que o usuario aínda non chegou ao lugar convido, de xeito automático enviaralle un recordatorio mediante unha alerta.

Que tipo de datos almacena Google?

Google utiliza as nosas fotografías, a dirección de correo, os teléfonos, as mensaxes publicadas no chat, as diferentes direccións IP dende as cales nos conectamos, o historial de buscas ou os nosos datos bancarios. Os datos de carácter persoal son calquera información dunha persoa relativa á súa vida privada, profesional ou pública. Poden ser dende o nome, apelidos, fotografías, dirección de correo, teléfonos, mensaxes publicadas en Google, as súas diferentes direccións IP dende onde se conectou nos últimos nove meses, o historial de buscas, ou os seus datos bancarios, no caso de utilizar os servizos de pagamento de Google. Neste sentido, a protección dos datos persoais considérase un dereito fundamental, segundo a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea.

Que poden facer os usuarios?

  Todos os usuarios rexistrados de produtos de Google víronse obrigados a aceptar as novas cláusulas do servizo para acceder ás súas contas. Non poden rexeitar cláusulas concretas e deben aceptalas todas se queren utilizar estes servizos en liña. Deste xeito, o único xeito de non as aceptar é solicitar a baixa.

Estes cambios tamén afectan aos usuarios de teléfonos Android?

As primeiras versións de Android requirían darse de alta de forma obrigatoria como usuario de Google. Non obstante, dende versións máis recentes, é posible activar o terminal sen necesidade de ser usuario rexistrado desta empresa. Polo tanto, os cambios de privacidade só afectan aos servizos e aplicacións de Google instaladas no teléfono, como Gmail. Neste caso, con esta nova política de privacidade, Google poderá acceder a datos relativos ao teléfono, como modelo, versión do sistema operativo, operador de telecomunicacións e redes móbiles e wifi utilizadas. Tamén pode acceder a datos relativos a chamadas e mensaxes curtas enviadas.

Como mellorar a privacidade ou descargar unha copia dos datos almacenados por Google?

Google dispón de diversas ferramentas para xestionar a privacidade dos seus diferentes servizos. Entre outras opcións, é posible controlar os datos e limitar o acceso a datos persoais a certos contactos. Os usuarios de Google contan coa posibilidade de descargar un arquivo comprimido coa información almacenada nos servizos, como mensaxes, documentos e fotografías.

Google pode compartir os datos persoais con terceiros, como empresas, institucións e gobernos?

Segundo Google, non se realizaron cambios nos seus principios elementais respecto á privacidade. Polo tanto, venderá e compartirá información persoal con terceiros. Os usuarios poden tomar a decisión sobre que datos persoais dos almacenados por Google poden transferirse a terceiros para recibir ofertas e servizos personalizados. Entre outros, os usuarios poden dar o seu consentimento para que os datos almacenados polo seu servizo de publicidade DoubleClick, gardado en diferentes cookies no ordenador do usuario ao navegar por Internet, poidan combinarse cos datos que Google conserva do usuario. Non obstante, en caso de requirimentos xudiciais ou no curso dunha investigación, Google está obrigado por diferentes lexislacións locais a transferir esta información a unha autoridade competente.

É seguro este cambio para os usuarios?

A pesar das explicacións de Google, estes cambios causaron receo na Unión Europea. O grupo de traballo que aglutina as axencias de protección de datos dos países membros solicitoulle á compañía maior información sobre estes cambios co fin de indagar cal pode ser o seu alcance. Curiosamente, a Unión Europea traballa nunha nova normativa de protección de datos que unifique as diferentes lexislacións e regulamentos existentes entre os países membros. Segundo un estudo encargado pola Comisión, o 72% dos europeos pensa que as empresas utilizan mal os seus datos persoais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto