Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Vou casar, separación de bens ou gananciais?

Os tipos de réximes económicos entre os que poden elixir os cónxuxes son matrimoniais, gananciais, separación de bens ou de participación

  Alén dos gastos que supón pagar o traxe dos noivos, o menú do banquete ou a viaxe da lúa de mel, a elección do réxime económico matrimonial é un asunto de suma importancia. Coa súa unión, os cónxuxes establecen unha relación económica entre ambos os dous e respecto a terceiros. Trátase do marco normativo que rexerá as súas relacións patrimoniais e económicas durante o matrimonio e que determinará a repartición de bens tras a súa disolución. Agora ben, que réxime é o máis axeitado para cada parella?

O Código Civil establece tres réximes económicos matrimoniais: de gananciais, separación de bens e de participación. O réxime de sociedade de gananciais aplícase con carácter xeral na maioría das comunidades autónomas agás en Cataluña, Baleares, Navarra, Valencia, Galicia, Aragón e nalgunhas zonas do País Vasco.

Nestas rexións, o dereito foral propio establece o tipo de réxime económico matrimonial, que conta cunha serie de particularidades propias. En ocasións aseméllase ao réxime de gananciais (Consorcio Conxugal en Aragón) e, na maior parte, ao de separación de bens (Cataluña, Baleares, Navarra ou Valencia).

Malia ao establecemento automático dun réxime ou doutro, existe a posibilidade de mudalo no intre de contraer matrimonio ou en cada etapa deste, sobre a base do principio de mutabilidade. Os cónxuxes, en virtude do artigo 1.315 do Código Civil e mediante as denominadas capitulacións matrimoniais, poden fixar e regular o réxime que consideren. Abonda con formalizar esas capitulacións ante notario e, para que sexan válidas ante terceiros, inscribilas no Rexistro.

Sociedade de gananciais

  É o sistema máis utilizado por defecto en España nas zonas de aplicación do dereito común. As ganancias e/ou beneficios dos cónxuxes dividiranse pola metade no caso de disolución e liquidación do matrimonio, a excepción dos bens privativos. Trátase dos bens que pertencen de xeito exclusivo a un dos cónxuxes e que non forman parte da sociedade de gananciais.

En función da natureza dos bens, o Código Civil distingue entre bens gananciais ou comúns (aqueles que pertencen a ambos os dous cónxuxes ao mesmo tempo, como parte da sociedade de gananciais) e bens de carácter privativo.

Vantaxes

  • É un sistema máis equitativo. Respecta o principio de solidariedade do matrimonio. Cando este se disolve, repártese a comunidade de bens formada durante o matrimonio a partes iguais.
  • Exclusividade dos bens anteriores ou herdanzas. Os bens de cada cónxuxe anteriores ao matrimonio seguirán a ser exclusivos de quen os adquiriu ou recibiu, ao igual ca os bens que reciba cada un por herdanza ou doazón durante a súa unión.
  • Xestión individual dos bens. En situacións excepcionais, por exemplo cando un dos cónxuxes é declarado incapacitado, abandona a familia ou se produce unha separación de feito, os tribunais poden adxudicar a administración da sociedade de gananciais a un só dos cónxuxes.

Inconvenientes

  • Fiscalidade. Dende o punto de vista fiscal, canto máis elevadas sexan as rendas comúns do matrimonio, máis altos serán os tipos impositivos que os gravan.
  • Situación de risco por negocio. Non é aconsellable en caso de que un dos cónxuxes se dedique a actividades comerciais con responsabilidade fronte a terceiros.

Separación de bens

  Cada cónxuxe é propietario dos bens obtidos antes e durante o matrimonio. Pode administrar o seu patrimonio con total liberdade e actuar con independencia, coa única condición de contribuír ás cargas do matrimonio. Neste réxime todos os bens son privativos.

Vantaxes

  • Maior independencia. Cada cónxuxe mantén a propiedade e a libre disposición do que posuía de solteiro, do que adquire de casado e ante futuras herdanzas.
  • Facilita a separación. Está claro que cada un queda coas súas propiedades e só hai que dividir os bens mercados en común.
  • Fiscalidade. Ao declarar os bens de xeito individual, a renda será máis baixa que se se fai de forma conxunta e os impostos que os gravan serán tamén menores.

Inconvenientes

  • Se non se toman precaucións, unha das partes pode saír prexudicada. En caso de ruptura, a separación de bens deixa desprotexido a quen se ocupou da casa e non traballou. Para evitalo, a lexislación catalá estableceu unha pensión compensatoria pola devandita dedicación, e ditáronse sentenzas que lle recoñecen ao cónxuxe un aumento desa pensión polo incremento patrimonial da ex parella tras a separación.
  • Se as propiedades adquiridas durante o matrimonio figuran a nome dun cónxuxe, o titular de todos eses bens pode quedar con todo se o xuíz non ditamina o contrario.

Participación

  De escasa implantación en España, caracterízase porque cada cónxuxe ten dereito a participar nas ganancias do outro durante o tempo en que permaneza vixente. Pero a cada un correspóndelle a administración e goce dos seus propios bens. En caso de divorcio, o cónxuxe que máis beneficios obtivera durante o matrimonio debe compensar ao outro cónxuxe.

Vantaxes

  • Sistema mixto. Busca aglutinar as vantaxes do réxime de separación de bens (independencia dos cónxuxes) co réxime de gananciais (solidariedade económica e compensación ao traballo prestado no fogar), aínda que só se dá coa separación definitiva dos bens ao se disolver o matrimonio, e non durante o mesmo.
  • Sufraga a debilidade dun dos cónxuxes. Se unha das partes se atopa nunha situación de debilidade económica con respecto ao outro, terá dereito a participar nas ganancias obtidas polo outro durante o tempo de vixencia do réxime.

Inconvenientes

  • É o réxime menos utilizado en España, algo que, segundo os expertos, se debe a que é demasiado complexo e novo no noso ordenamento.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto