Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Revisión de gas dunha empresa non autorizada

Presentouse no meu domicilio un técnico dunha empresa de mantemento do gas ofrecéndome a revisión do butano. A visita resultoume moi oportuna, así que deixeino pasar, fixo a revisión e paguei, pero conforme marchaba fixo alusión, de xeito confuso e rápido, a que tiña que pasar outra revisión. Así que quedei coa dúbida de se me enganaran.

  No Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas instrucións técnicas complementarias establécense as condicións técnicas e garantías que deben reunir as instalacións de distribución e utilización de combustibles gasosos e aparatos de gas, coa finalidade de preservar a seguridade das persoas e dos bens.

No caso do gas butano, conforme a esta lexislación de ámbito estatal, a revisión periódica realizarase cada cinco anos, e cómpre emitir o correspondente certificado dos seus resultados. O cliente queda co orixinal e envíaselle unha copia á empresa subministradora. Así e todo, antes de permitir o acceso ao domicilio, cómpre solicitar acreditación administrativa e orzamento. Os usuarios deben ter en conta que só son válidos para os efectos da revisión legal os certificados emitidos polas empresas autorizadas polos departamentos competentes do seu Goberno autonómico. Se a empresa non é das autorizadas, non estaría en condicións de emitir o correspondente certificado. Posto que emitiron factura, pero non o correspondente certificado, daríase o caso de que non cumpriu coa revisión obrigatoria, tal e como creu nun primeiro momento, polo que debería solicitala. Por outra banda, en relación ao servizo prestado polo técnico no seu domicilio, suxerímoslle que presente unha reclamación nos servizos de consumo do seu concello ou comunidade autónoma e que alegue a confusión na que se atopa e solicite a devolución do prezo pagado.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto