Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Devolución de roupa interior mal tallada

Dous días despois de comprar roupa interior nun centro comercial acudín para cambiar unha das pezas de roupa por outra debido a que estaba mal tallada. Non obstante, e malia a que no tícket se daba a posibilidade de solicitar a devolución dos cartos en quince días, dixéronme que non admitían cambios en roupa interior nin a devolución do diñeiro por cuestión de hixiene. Podo reclamar?

  O consumidor ten dereito a desistir do contrato nos supostos previstos legal ou regulamentariamente e cando así se lle recoñeza na oferta, promoción, publicidade ou no propio contrato. Aínda que legalmente non lle está recoñecido ao consumidor o dereito a revogar ou desistir dos contratos, salvo no caso de vendas a distancia, por Internet ou fóra de establecemento mercantil, nesta ocasión o consumidor ten dereito a desistir por recoñecemento na publicidade e tícket. Este dereito de desistimento implica a facultade do consumidor e usuario de deixar sen efecto o contrato asinado, notificándollo á outra parte contratante no prazo establecido para o exercicio dese dereito, sen necesidade de xustificar a súa decisión e sen penalización de clase ningunha. Consideramos que a restrición é válida, sempre e cando se informe de xeito visible e completo mediante carteis ao público. Por iso, o comprador non está en condicións de esixir nin reclamar a devolución do prezo pagado por unha peza interior sen xustificación ningunha, salvo que o ben, a peza de roupa, non sexa conforme co contrato, caso en que se acudiría á regulación da garantía de bens mobles. Agora ben, de haber un defecto no produto, non se debería aplicar a restrición ao dereito de devolución dos cartos polo tipo de garantía. Por iso suxerimos que continúe coa súa reclamación, que acuda ao establecemento e que alegue un defecto do produto por erro na etiquetaxe para solicitar o cambio ou devolución do diñeiro. De non alcanzar un acordo, solicite e cubra a Folla de Reclamacións e acuda posteriormente á oficina de consumo do seu concello ou comunidade autónoma.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto