Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Seis motivos para reciclar

A reciclaxe proporciona grandes vantaxes para a natureza, a economía e a saúde

  Nunca un xesto tan sinxelo como reciclar tivo tantas vantaxes para a natureza, a economía e a saúde. Reciclar non só reduce a contaminación e o lixo nos vertedoiros, senón que evita a extracción de novas materias primas, aforra enerxía e loita contra o cambio climático, permite a creación de novos produtos, mantén postos de traballo "verdes" e ata pode salvar vidas. Seis motivos que abondan para reciclarmos.

Reduce a contaminación e o lixo nos vertedoiros

Guindados sen control á natureza, os refugallos, algúns deles perigosos, poden causar graves danos na flora e na fauna e contaminar os ríos e os acuíferos. Amais de impedir que acaben así, a reciclaxe evita que estes refugallos acaben nos vertedoiros, cada vez máis saturados. Un dato: reciclar 3.000 botellas de vidro evita 1.000 quilos de lixo e reduce a contaminación do aire nun 20%. Os residuos orgánicos, separados de maneira correcta, pódense aproveitar para compostaxe e evitar o uso de abonos industriais nitroxenados, que usados intensivamente resultan nocivos para o medio natural.

Evita a extracción de novas materias primas

A necesidade de novas materias primas para crear produtos diminúe ao reciclar os residuos:

  • Ao fundir vidro usado e darlle nova forma afórrase un 93% de materiais.
  • Por cada tonelada de papel reciclado sálvanse entre cinco e dezasete árbores e afórranse entre 21.000 e 50.000 litros de auga.
  • Dúas toneladas de plástico recicladas aforran unha tonelada de petróleo.
  • Unha tonelada de aluminio reciclado evita a extracción de catro toneladas de bauxita, o mineral do que se obtén este metal.

Como aforrar enerxía e loitar contra o cambio climático

O proceso de extracción, elaboración e transporte de novas materias primas supón tamén o uso intenso de enerxía, obtida na súa maior parte con combustibles fósiles. A reciclaxe utiliza menos enerxía: cada botella de vidro reciclada evita consumir a electricidade que necesitaría unha lámpada de 100 vatios durante catro horas.

Ante a redución do consumo enerxético, a reciclaxe tamén contribúe a loitar contra o cambio climático. Un quilo de papel reciclado evita a emisión de 900 quilos de dióxido de carbono (CO2), un dos principais gases de efecto invernadoiro.

Creación de novos produtos

Os materiais provenientes da reciclaxe pódense utilizar para novos produtos. Os envases de plástico dan lugar a bolsas, fibras, mobiliario urbano ou material de construción; o aluminio e o aceiro serven para novos envases e láminas; o papel e o cartón convértense en caixas, xornais, papel de embalar ou de escribir; e do vidro obtéñense novas botellas e obxectos.

Os materiais reciclados pódense converter no mesmo envase do que proviñan, como o vidro, ou en produtos moi distintos. As latas de refresco poden dar lugar a unha lamia do coche, os bricks a unha caixa de zapatos e as botellas de plástico PET, a un forro polar.

Mantén postos de traballo "verdes"

O sistema de reciclaxe dálles traballo a centos de persoas que se encargan do seu correcto tratamento. En c oncreto, Ecovidrio e Ecoembes son as sociedades sen ánimo de lucro que en España xestionan o vidro e os envases lixeiros (plástico, latas e bricks) usados, respectivamente.

Pode salvar vidas

Un 10% dos ingresos en urxencias hospitalarias débense a un mal uso dos medicamentos. Por iso, o seu sistema de reciclaxe tamén serve para concienciar os cidadáns de que se deben cumprir ben os tratamentos e fuxir da automedicación.

Consellos para ser máis ecolóxico

  •   Seguir os "sete erres": Reflexionar antes de consumir algo, rexeitar produtos ou actividades non ecolóxicas (como os produtos de "usar e tirar" ou o empaquetado excesivo), reducir para utilizar só o necesario, reutilizar os produtos para lles dar unha maior vida, reciclar para aproveitar os materiais e que non acaben nos vertedoiros, redistribuír os bens para combater os desequilibrios e reclamarlles ás empresas e institucións actuacións que contribúan a mellorar o medio. Quen aprende e segue estas sete accións contribúe a conservar a natureza e, de paso, aforra cartos.
  • Cambiar o vehículo privado polo transporte sostible: Convén evitar o vehículo privado e apostar polo transporte público ou elixir o modelo menos contaminante posible.
  • Gastar menos enerxía: O aforro enerxético nótase se se baixa o aire acondicionado e a calefacción un ou dous graos e cando se evita o modo en repouso (stand-by) dos aparellos electrónicos.
  • Usar a auga de xeito eficiente: Pódense tomar duchas de cinco minutos en vez de baños, lavar a roupa con programas de auga fría e evitar a perda de auga das billas.
  • Produtos caseiros e ecolóxicos: Facer na casa os nosos propios produtos aforra diñeiro e é máis ecolóxico e saudable.
  • Aforrar papel: Pódense aproveitar as follas polas dúas caras, recibir as facturas en formato electrónico e utilizar papel reciclado ou con selo ecolóxico.
  • Facerse turista ecolóxico: Convén non viaxar longas distancias en avión e evitar comportamentos daniños co medio nos destinos, como o uso excesivo de auga ou a xeración de grandes cantidades de residuos.
  • Protexer a natureza na propia natureza: Gozar da natureza é unha boa práctica, pero hai que facelo respectando o medio.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto