Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

A alimentación tamén rexuvenece

A realización de cambios na dieta así que pasan os anos é unha materia obrigatoria para vivir máis e en mellores condiciones

  Cumprir anos sempre é unha boa nova, máis alá de que algúns -os máis novos- soñen coa chegada dese día e outros -máis vellos- desexen que se pase o máis axiña posible. Agora ben, dende o punto de vista nutricional, celebrar o paso dos anos non debe ser obxecto de laios. Experimentar a menopausa e a andropausa, e percibir a vellez con conciencia débese vivir como algo digno. A gran novidade reside en que canto antes se tome conciencia da importancia de seguir uns hábitos alimentarios correctos, chegaremos a ser anciáns máis sans. Os cambios físicos identifícanse con maior facilidade ca os cambios metabólicos, aínda que estes se traducen en malestares e enfermidades. Por iso, realizar cambios na alimentación así que van pasando os anos é unha materia obrigatoria se se pretende vivir máis e en mellores condicións.

Proteína, a xusta, para uns ósos sans

Unha das maiores preocupacións das mulleres é a saúde dos seus ósos e o medo a sufrir a osteoporose. Unha alimentación axeitada podería previr esta situación, sempre que se atenda dende décadas anteriores. A recente Enquisa nacional sobre inxestión dietética (AESAN, 2011) detectou un consumo excesivo de produtos cárnicos (164 gramos diarios) que triplica a cantidade recomendada (40-70 gramos/día). Ante un exceso de proteína animal, o organismo compénsao mediante a extracción do calcio como alcalinizante, o que co tempo pode derivar en descalcificación ósea, fracturas e osteoporose. O exceso proteico ademais asóciase a unha maior inxestión calorífica (sobrepeso ou obesidade), máis colesterol e graxa saturada (risco cardiovascular) e máis sodio (doenzas renais e cardiovasculares).

  • Propósito de cambio: axustar a porción proteica (125 gramos de carne e 150 gramos de peixe), incluír solo unha porción de proteína animal ao día, varios días por semana, e complementar con proteínas vexetais (legumes con cereais ou froitos secos con cereais).

Graxa, non vale calquera

En xeral, as mulleres premenopáusicas están protexidas contra os efectos adversos cardiovasculares malia a rexistraren unha maior proporción de graxa corporal con respecto aos homes. Pero esta protección cambia coa menopausa, cambio metabólico asociado a unha transformación na morfoloxía da graxa corporal e a un aumento gradual de complicacións metabólicas. Cos anos, o risco cardiovascular iguálase entre os homes e as mulleres. A composición da dieta tamén é determinante. Non todas as graxas valen.

  • Propósito de cambio: aceite de oliva virxe extra como aderezo, maior presenza de peixe ca de carne e consumo semanal de peixe azul, fonte natural de omega-3 (sardiñas, anchoas, xurelos, atún, bonito...) e unha manchea de noces e/ou unha cullerada sopeira de aceite de liño como complemento de omega-3 (graxa cardioprotectora).

O dilema do calcio

  Non está xustificado recomendar un maior consumo de leite ou de lácteos enriquecidos en calcio durante a madureza, en particular nas mulleres, co fin de previr fracturas ou osteoporose, xa que non resulta efectivo. O maior estudo prospectivo a nivel mundial, o Nurses 'Health Study', recolle os resultados da análise dietética de 77.761 mulleres de entre 34 e 59 anos elaborada durante 12 anos consecutivos. O estudo examinou se a maior inxestión de leite e derivados ricos en calcio durante a idade adulta pode reducir o risco de fracturas. Non atoparon probas que asociasen unha maior inxestión de calcio do leite, dos lácteos ou da dieta total, cunha redución do risco de fractura de cadeira ou antebrazo, as máis habituais. Como conclusión: o consumo de lácteos, a partir de certa idade, non axuda a fortalecer os ósos. O risco de fracturas ou de osteoporose é menor se se melloran as condicións de absorción intestinal do mineral (máis vexetais, alcalinizantes e ricos en potasio e en calcio) e se eliminan os factores que producen perdas de calcio dos ósos (menos sodio, proteína animal e fósforo).

  • Propósito de cambio: limitar o sal de mesa e os produtos procesados, enlatados, afumados e curados, ricos en sal, axustar a porción de proteína animal, máis presenza de vexetais (hortalizas de follas verdes, froitos secos e legumes), comer cada semana sardiñas de lata (boa fonte de calcio) e practicar exercicio.

Antioxidantes, menú colorido

As enfermidades dexenerativas, por defecto, están asociadas á idade, dende as cataratas, as afeccións cardiovasculares e a artrose ata o cancro. Aínda que ningún alimento por si só é responsable da curación ou prevención de enfermidades (salvo en caso de alerxias e intolerancias alimentarias), os antioxidantes dos alimentos revélanse protectores, de aí que a aposta a calquera idade debe dirixirse cara a un maior consumo deles.

  • Propósito de cambio: colorido nos menús con variedade de froitas e hortalizas de tempada, presenza obrigada de brócoli e froitas vermellas (arandos, grosellas, amoras, amorodos, arandos). O té verde, rico en antioxidantes, resulta un perfecto substituto do café, sempre na súa xusta medida, non máis de dúas cuncas diarias.

Isoflavonas para as mulleres?

O 80% das mulleres que viven a menopausa experimentará sufocos e un 20% un malestar abondo como para buscar tratamento. As isoflavonas de soia asociáronse á mellora dos síntomas da menopausa. Non obstante, non hai consenso médico nin científico sobre os seus beneficios na saúde ósea e noutros síntomas. Así o conclúe o Comité Científico da AESAN no seu "Informe en relación coas consecuencias asociadas ao consumo de isoflavonas". Pola súa banda, a Sociedade Española de Xinecoloxía Fitoterápica (SEGIF) confirma a eficacia demostrada das isoflavonas para tratar os sufocos. Ante estes resultados discordantes, é comprensible que moitas mulleres que recorren a este tratamento alternativo non sintan melloría mentres que outras si.

Menos calorías

  Todos estes cambios dietéticos propostos redundan na inxestión dun menor consumo de calorías, as precisas para axustarse aos menores requirimentos enerxéticos asociados á idade.

  • Mulleres:
    • 50-59 anos: 2.000 kcal/día
    • 60-69 anos: 1.850 kcal/día
    • máis de 70 anos: 1.700 kcal/día
  • Homes:
    • 50-59 anos: 2.500 kcal/día
    • 60-69 anos: 2.400 kcal/día
    • máis de 70 anos: 2.100 kcal/día

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto