Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Sinusite: un problema de narices

Os afectados de sinusite poden vivir meses, e mesmo anos, co nariz taponado e coas zonas que o rodean cheas de mucosidade

  Catarreira os 365 días do ano? Aínda que os síntomas sexan similares, dificultade para respirar con normalidade e nariz taponado, é probable que un profesional diagnostique un tipo de sinusite no canto dunha catarreira. A sinusite é un problema de saúde común, sobre todo no inverno e nas zonas máis húmidas e contaminadas. Afecta de xeito notable a calidade de vida dos afectados (estímase que aínda máis ca a artrite reumatoide).

En España, malia a falta de datos epidemiolóxicos, estimouse que un 2% da poboación sofre unha sinusite bacteriana unha vez ao ano, segundo un recente documento de consenso nacional. Isto significa que lle afecta arredor de a un millón de españois cada ano. Non obstante, hoxe, xunto aos tratamentos antibióticos de sempre, desenvolvéronse distintos tipos de cirurxías que poden acabar con ela de xeito definitivo.

Unha enfermidade moi común

  Está claro que a respiración nos conecta coa vida. Pero inhalar e expeler aire de xeito fluído non resulta nada sinxelo nin espontáneo para as persoas que sofren de sinusite. Esta afección é tan común como molesta: quen a padece pode chegar a vivir durante meses, e ás veces anos, co nariz taponado e coas zonas que o rodean repletas de mucosidade. Para elas, respirar correctamente é case imposible. Inténtano coa axuda de pingas nasais que poden crear dependencia, distintos remedios caseiros e, a miúdo, confórmanse con respirar pola boca, co inconveniente de que se reseca e prexudica a gorxa. A sinusite consiste na inflamación dos seos paranasais, na súa obstrución e na súa posterior enchedura de mucosidade. O interior da nosa anatomía facial está configurado por varios destes seos ou cavidades, que se atopan debaixo e enriba dos ollos, entre eles e un pouco por detrás deles, e mais arredor do nariz. Estes comunícanse entre si e coas foxas nasais. En condicións normais, deberían estar cheos de aire. Pero cando se produce unha inflamación das mucosas, obstrúense, acumúlase o moco e prodúcese unha sobreinfección que hai que tratar.

Que sente a persoa afectada? O nariz moi conxestionado e obstruído, goteo postnasal, de modo que nota como lle cae mucosidade pola parte posterior do nariz que traga continuamente, dor facial, sensación de malestar, ás veces dor de cabeza e mesmo febre. A miúdo estes síntomas pódense confundir cos do arrefriado común. Agora ben, este é menos profundo ca a sinusite, provoca menos conxestión, goteo nasal e non produce dor facial.

Aguda, crónica e recorrente

Catalogáronse diferentes tipos de sinusite, segundo a súa duración e frecuencia de aparición:

  •   Sinusite aguda. É un proceso que dura menos de catro semanas e que tende a remitir espontaneamente por si só. A catarreira e mais a gripe ou outros procesos virais poden producir unha inflamación que conxestiona o nariz e favorece as sinusites. Pero unha vez que se superan estes procesos gripais, todo volve á normalidade e a sinusite aguda remite.
  • Sinusite ou rinosinusite crónica. Cando dura máis tempo, arredor das doce semanas, considérase unha rinosinusite crónica. As súas causas son moi variables: alerxia, desviación do tabique nasal, presenza de pólipos, consecuencia de levar unha sonda nasogástrica, desenvolvemento de trastornos hormonais, fibrose cística, certas enfermidades de orixe dentaria (sobre todo cando a raíz dun dente da arcada dentaria superior está deteriorada, o que pode afectar o seo maxilar).
  • Rinosinusite recorrente ou recidivante. Trátase de múltiples cadros de rinosinusite aguda que aparecen varias veces ao ano. Nestes casos, os pacientes deben acudir á consulta e, se fose preciso, someterse a unha operación.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto