Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Luis Rodulfo Zabala, Director xeral da Confederación de Empresarios de Produtos de Construción (CEPCO): "España precisa a construción para saír da crise"

 España depende da construción, que perdeu máis dun millón de empregos, e precísaa para saír da crise. Así se posiciona Luis Rodulfo Zabala, director xeral da Confederación Española de Asociacións de Fabricantes de Produtos de Construción (CEPCO), que engloba a cinco mil empresas. Rodulfo recoñece que se edificou moito e que se cometeron excesos, pero sostén a necesidade de construír máis vivendas, sobre todo na cornixa cantábrica, en Estremadura ou en certas zonas de Madrid, e de investir en obra pública, edificación non residencial ou rehabilitación. O responsable da CEPCO considera imprescindible asumir a normativa ambiental e que os consumidores esixan calidade para acabar coa especulación.

Coida xustificadas as críticas realizadas ao sector da construción?

Construíuse moito e posiblemente demasiado rápido. O ano que máis, 690.000 vivendas novas, cunha demanda de 400.000, de 500.000 como moito. Coa crise notouse moito máis que a oferta e mais a demanda estaban desacopladas. Os poderes públicos e os promotores de vivenda tiñan que facer un acto de regulación para adaptar o mercado. O emprego non se recuperará se non hai un incentivo rápido para obras.

Cómpre construír máis?

Non só en construción como tal, senón noutros sectores, como obra pública, edificación non residencial ou rehabilitación. Hai mantementos e novas infraestruturas por facer, pero non todo de golpe. E fai falta obra residencial nova. Segundo o Ministerio de Vivenda, agora de Fomento, entre 25 e 26 provincias necesitan construír xa agora. Nalgunhas poderíase dar unha suba de prezos, porque hai moita demanda e pouca oferta. Así está toda a cornixa cantábrica, Estremadura, moitas provincias de Castela e León ou algunhas zonas de Madrid. Pero falla o financiamento.

A media de España é enganosa?

Si. Por exemplo, Castellón ten 5.700 vivendas novas sen vender por cada 100.000 habitantes, Guipúscoa 600, Estremadura 400, Madrid 1.500.

Cantas vivendas se necesitan?

Estimamos que hai entre 1.000 e 1.500 vivendas novas sen vender por cada 100.000 habitantes. Todas as provincias por debaixo necesitan vivendas.

España necesita a construción para saír da crise?

No sector da construción destruíronse máis dun millón de empregos. Nós perdemos 280.000, cunha media de 20 anos na empresa e certa cualificación profesional. Ninguén di que España teña que depender da construción dentro de 25 anos, pero agora non hai alternativa.

Que fan para saír da crise?

Os que resistiron e exportan a países con demanda comezaron a repuntar. Os que non teñen capacidade de exportación, innovan para facer nun breve prazo produtos mellores. O illamento térmico e acústico, a eficiencia enerxética, etc., vía rehabilitación achéganlle melloras claras, sen custar moitos cartos, ao usuario e ao país en termos económicos e ambientais.

O informe Auken do Parlamento Europeo sinalou graves impactos da urbanización en España.

É certo que houbo excesos, pero non xeneralizados. Se hai que tirar un hotel construído en zona prohibida, perfecto. Canto máis se cumpra a normativa técnica e ambiental, mellor. Así sobrevivirán os bos do sector e sairemos da crise mellor. Pero xeráronse moitas dúbidas na poboación inglesa, alemá, etc., que quería unha segunda residencia en España, buscado probablemente por competidores doutros países.

A normativa ambiental cúmprese correctamente?

Parte da normativa, non toda. No noso caso pedímoslles ás administracións públicas que fagan vixilancia de mercado. Pero dinnos que hai escaseza de recursos e que as competencias lles corresponden ás comunidades autónomas, onde cada unha o fai como quere.

Que medidas toman para reducir o seu impacto ambiental?

Estamos sometidos a unha vintena de lexislacións ambientais e a nosa vontade é cumprilas. Agora intentamos que o usuario saiba que edificio merca en termos ambientais.

Avanzan os materiais ecolóxicos?

Cada sector fai probas. Estúdanse las orgánicas, illamentos con recortes de madeira, etc. As empresas non están agora moi capacitadas para facer investimentos, pero o seu obxectivo é utilizar o ecolóxico na medida do razoable e do que a sociedade demande.

Por que non se empregan máis?

Ás veces por inercia dos promotores e arquitectos por utilizar o coñecido. Do mesmo xeito que hai proxectos que non cumpren o Código Técnico de Edificación.

Cantas vivendas utilizan estes produtos ecolóxicos?

Gañan cota de mercado, pero aos poucos. O novo regulamento europeo de produtos de construción inclúe o respecto ambiental como un requisito esencial. Sexa ecolóxico ou non, cada produto debe cumprir a normativa.

Que opina dos certificados verdes para edificios?

Estou a favor, se ben aínda é novidade. Incorporaranse aos pouquiños. Depende do usuario final.

Que lles diría aos consumidores?

Que esixan calidade. Se non, seguiremos coa especulación do metro cadrado. Cando adquiran unha vivenda, que pregunten as súas prestacións técnicas, non só o prezo. E se algo non se cumpre, que lle reclamen vía legal ao promotor ou construtor.

Dise que o ecolóxico é máis caro.

En construción e edificación hai que mirar a longo prazo, e aí o sostible é máis rendible. Estamos demasiado afeitos ao curto prazo. Tamén haberá que demostrar que as cousas son ecolóxicas de verdade.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto