Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Nutrición terapéutica: Un alimento para cada órgano

Mentres que o cerebro se alimenta de glicosa e vitaminas, os ollos precisan das vitaminas A, C e E e o corazón esixe a inxestión de alimentos sans

  A alimentación e o bo funcionamento de cada órgano forman un tándem inseparable; sen unha boa nutrición, o órgano corre o risco de deteriorarse e de non funcionar como debera. En xeral, cada persoa sabe cal é a parte máis feble do seu corpo e, xa que logo, debería coñecer que produtos son os máis recomendados para coidar ese órgano, máis aínda cando a natureza brinda alimentos que pola súa particular composición deberan formar parte indiscutible da dieta terapéutica, de acordo á parte do corpo máis danada. Polo tanto, é importante saber que o cerebro require de glicosa e vitaminas para optimizar as súas conexións, que o aparello circulatorio se rexe polo bo ton das arterias e pola fluidez do sangue, que os ósos son o reservorio de diversos minerais, que a homeostase destes minerais (a tendencia dos organismos vivos e outros sistemas a adaptarse ás novas condicións e a manter o equilibrio a pesar dos cambios) é regulada á súa vez polos riles e que o fígado é moi susceptible a determinados compoñentes dos alimentos, tanto para a súa dexeneración e enfermidade como para a súa recuperación e capacidade depurativa.

Para os ollos

Os ollos son órganos moi sensibles á nutrición. As vitaminas A, C e E e os antioxidantes (luteína e zeaxantina) son esenciais e actúan de xeito específico sobre as partes do ollo responsables da visión, como a retina, o cristalino e a mácula. A súa presenza é indiscutible para a correcta función ocular. Numerosos estudos clínicos conclúen que baixos niveis de antioxidantes no plasma sanguíneo se asocian a patoloxías oculares dexenerativas como cataratas e dexeneración macular.

Este feito, traducido ao ámbito nutricional, concrétase en que os alimentos que non poden faltar como parte da alimentación cotiá son os seguintes: verduras verdes (espinacas, brócoli, coles, acelgas, chicoria, amais de cenorias), froitas laranxas (cítricos, pexegos, melón) e froitas do bosque (amoras, arandos, framboesas e amorodos silvestres). Na variedade de alimentos atópase a clave para procurar unha boa saúde ocular: maior sensibilidade visual, mellor visión central que permite realizar sen dificultade tarefas como ler, ver a televisión ou recoñecer caras, e menor risco de desenvolver patoloxías oculares dexenerativas. No tocante aos suplementos antioxidantes, hai indicios de que altas doses de betacarotenos aumentan o risco de aparición da dexeneración macular. Agora ben, un complemento nunca se debe usar como tratamento de base, nin como substitutivo dunha axeitada alimentación.

O sistema respiratorio tamén come

  Continuas catarreiras, sinusite, mocos e flemas, asma e bronquite son as afeccións respiratorias máis comúns. Os neumólogos instan a que unha boa saúde respiratoria pase por unha correcta nutrición, con presenza obrigada de antioxidantes (vitaminas A, C e E e selenio). A vitamina A revelouse moi útil na rexeneración das mucosas -danadas e inflamadas na asma-, na bronquite e na EPOC (enfermidade pulmonar obstrutiva crónica).

Os expertos advirten de que a mucosidade que acompaña a moitos trastornos respiratorios, e a dificultade para respirar provocada pola inflamación das mucosas, obriga a modificar a dieta. Esta debe reunir unha maior cantidade de alimentos con carácter expectorante e antiinflamatorio e eliminar os que, pola súa composición química, produzan máis mucosidade. Por iso, se se está afectado por un exceso de mucosidade abonda con probar a eliminar temporalmente todos os lácteos e comprobar o resultado. Este cambio dietético débese acompañar dun maior consumo de alimentos que favorecen a expectoración e fan máis fluídas as secrecións. Os alimentos con lixeiro sabor picante como allos, cebolas, porros, ravo e raviños favorecen a inhalación, e beber máis líquidos (incluídas as infusións de xenxibre) fai máis fluídas as secrecións nasais.

As medidas dietéticas máis recentes avaladas por expertos en enfermidades respiratorias céntranse na importancia dos ácidos graxos omega-3 (máis peixe azul na dieta) debido ao papel antiinflamatorio das mucosas respiratorias, con resultados positivos en trastornos graves como a bronquite e a EPOC.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto