Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizados 287 produtos financeiros de aforro de 32 entidades financeiras: As entidades recomendan depósitos, obrigas de pagamento e fondos para os pequenos aforradores

A obriga de pagamento é un produto florecente por mor da necesidade de capital dos bancos e caixas

Coidado coas comisións

  Implican un gasto engadido para o consumidor que, moitas veces, descoñece. No estudo, a maior parte dos produtos que ofertaron (un 89% do total) non teñen comisións, tal e como informaron durante as visitas. Unicamente dicían aplicalas en 23 dos 287 produtos ofertados e tratábase na súa maior parte de fondos de investimento, non sendo unha conta especial de aforro do BBVA, dous investimentos en bolsa do Banco Santander e Bankinter e bonos do Estado no Sabadell. Para rematar, en cinco deles nin sequera especificaban se as cobraban ou non.

Neste sentido, é importante saber que ningún depósito ou IPF (imposición a prazo fixo) ten comisións. Iso si, poden telas produtos vinculados ou asociados, xa que é habitual que a entidade requira unha conta corrente para liquidar periodicamente os xuros que xerara o capital. Ademais, os contratos de depósito a prazo adoitan permitir cancelar anticipadamente o depósito, a cambio dunha comisión libremente establecida pola entidade ou dunha penalización.

Pola súa banda, investir en fondos de investimento supón ter que pagar tres tipos de comisións: as depositarias (é a cantidade que cobra a entidade depositaria dos activos adquiridos polo fondo de investimento), de xestión (é o que cobra a xestora por realizar a xestión do capital investido no fondo) e de reembolso e/ou subscrición (pola compravenda). Durante o estudo, comprobouse que as entidades bancarias analizadas aplican unha comisión de entre o 0,05% e o 0,10% pola primeira (a máxima aplicable é un 0,2%), entre un 0,40% e 1,65% pola segunda (os máximos varían en función da modalidade do fondo de investimento), e entre un 4% e un 5% pola terceira (pódese aplicar sobre os beneficios ou o patrimonio).

Dispoñibilidade e penalizacións

Pódese dispor do capital investido antes de rematar o prazo de vixencia do produto? No estudo, nun 71% dos casos así o aseguraba o persoal das 32 entidades visitadas, aínda que nun 9% deles especificábase que só baixo certas condicións. Ademais, observouse que no 73% dos depósitos o consumidor podía acceder aos seus cartos no momento que quixese, ao igual ca no 63% dos fondos de investimento e no 100% das contas de aforro. Mais non nas obrigas de pagamento: no 61% das veces non se podían recuperar eses cartos antes de rematar o prazo de vixencia.

Nos casos en que si se pode dispor dos cartos, implica iso algunha penalización? Si no 71% dos depósitos ofrecidos e tamén no 66% dos fondos de investimento, pero non había ningunha no 79% das contas de aforro. Hai que advertir que nos depósitos se pode acceder ao seu rescate, parcial ou totalmente, aínda que as máis das veces baixo unha taxa de penalización que oscila, en función de cada produto, entre 0,50% e 2%. No tocante aos fondos de investimento, nalgúns deles penalízanse os reembolsos se estes se fan antes dun determinado período (un mes, tres meses, un ano...), aínda que a maioría non os penaliza (esta condición tense que detallar no folleto do fondo). Mentres, as contas de aforro maioritariamente están exentas destes pagamentos por parte do usuario, a non ser que se trate de descubertos ou reclamacións de posicións debedoras.

Prazos, investimento mínimo e fiscalidade

  A gran variedade de produtos ofrecidos complicou moitísimo a análise. Tendo en conta o perfil creado por EROSKI CONSUMER (unha persoa cun aforro de 6.000 euros), os depósitos e obrigas de pagamento ofrecidas enfocáronse a máis curto prazo: concretamente a un período de ata un ano e medio no 74% dos depósitos e no 97% das obrigas de pagamento. Así e todo, os fondos de investimento, o terceiro produto máis ofertado, están orientados a máis longo prazo: no 60% do total teñen un período de vixencia de entre 2 e 3 anos. Cal é o investimento mínimo que require cada produto financeiro de aforro? Depende de moitos factores. En moitos casos, non se esixen mínimos pero noutros si que se requiren, aínda que cada produto e entidade establece os seus propios criterios en función dos seus obxectivos comerciais e das características de cada produto. No estudo, en case sete de cada dez produtos ofrecidos, as entidades esixían 600 euros como mínimo, en especial, se se trata de depósitos combinados, obrigas de pagamento e fondos de investimento.

Por suposto, un dos datos máis importantes e no que debe reparar o consumidor á hora de contratar un produto ou outro é a rendibilidade. No estudo, do total de produtos ofertados (287), a dos depósitos variaba entre o 1,19% e o 4,55%, en case catro de cada cinco obrigas de pagamento non superaba o 4% e nos fondos de investimento de renda fixa (o 82% do total ofrecido) variaba entre o 1,37% e o 4,5%. E cando pagan estes xuros? O máis habitual era cando vencía o prazo de vixencia e despois ofrecíase a posibilidade de facelo de maneira anual, semestral, trimestral e mensual.

Facenda tamén intervén nos aforros dos consumidores. A base impoñible do aforro grávase ao 21%, con independencia da contía, nos períodos impositivos do 2012 e 2013. Agora ben, só na metade dos produtos ofertados se lles explicou aos colaboradores este dato, e nun terzo das ocasións dano de xeito erróneo e indican que se trata dun 19% (o tipo impositivo do 2011).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto