Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Patricia de Roda, Directora da Fundación Lealtad: "Aínda existe un grande descoñecemento entre a poboación sobre como funcionan estas organizacións"

 Valóranse moito, pero dóase pouco. As ONG aproban con nota cando se lles pregunta por elas aos cidadáns, pero estes apenas colaboran na súa sostibilidade. As doazóns son escasas, en parte por mor do descoñecemento. Dende hai unha década, a Fundación Lealtad facilita información actualizada e gratuíta sobre as organizacións. Detalla cal é a súa orixe, como funciona o seu órgano de goberno, se cumpren as súas obrigas legais, como se financian e como controlan os seus fondos. A súa directora, Patricia de Roda, recalca que a Fundación "non nace co obxectivo de fiscalizar as ONG e, xa que logo, non é un órgano de control", aínda que recoñece que fomenta a confianza da sociedade nas organizacións e axuda a que estas sexan transparentes.

Son transparentes as ONG en España?

Nestes 10 anos de actividade da Fundación Lealtad, 2000 ONG amosaron o seu interese en xestionar con transparencia. Os resultados das análises que realizamos superan cada ano o 85%, un nivel elevado de cumprimento dos Principios de Transparencia, que pon de manifesto o compromiso das ONG.

En que posición están con respecto ao resto de Europa?

A Fundación Lealtad é o membro español do ICFO (International Committee on Fundraising Organizations), un foro internacional de avaliadores de ONG creado en 1958. A principal diferenza con países do contorno é que neles a avaliación ou certificación de ONG está máis instaurada e hai un maior número de organizacións acreditadas. Ademais, os doadores destes países están máis afeitos a solicitar e a consultar información relacionada coa transparencia e coas boas prácticas de xestión.

As organizacións teñen a confianza da poboación?

As ONG figuran entre as institucións máis valoradas polos cidadáns. Non obstante, o nivel de doazóns mantense baixo con respecto a outros países do contorno. Debe aumentar o número de cidadáns dispostos a doar e a contribuír coa sostibilidade e coa independencia das ONG. Consideramos que a confianza ao doar é básica e esta foméntase ao pór á disposición do doador (particular ou empresa) información independente, completa e obxectiva sobre a ONG e a súa xestión.

Por que algúns doadores teñen dúbidas con respecto ao destino dos fondos?

As ONG son institucións complexas que desenvolven un importante número de proxectos, contan con persoal voluntario e remunerado, moitas xestionan orzamentos elevados e, no caso das ONGD, traballan en diferentes países. Aínda existe un gran descoñecemento entre a poboación sobre como funcionan estas organizacións.

Os doadores deben informarse mellor?

Deben asumir certa responsabilidade, informarse e preguntarlle á ONG antes e despois de doar. Este diálogo repercute en que as organizacións sexan máis abertas, transparentes e eficientes. A comunicación recorrente da ONG coa sociedade é fundamental para incrementar a confianza e ampliar e fidelizar a súa base social (socios, voluntarios, etc.). O detalle da información facilitada e o feito de que a mensaxe sexa veraz e non induza a erro reflicten o talante transparente.

Que define unha doazón responsable?

Consiste en informarse antes de realizar a doazón e comprobar logo o seu impacto e o traballo da ONG. Incentiva que as organizacións se comuniquen máis intensamente coa sociedade, que rendan contas das súas actividades e que sexan máis eficaces.

A doazón on line facilita a colaboración ou xera máis dúbidas?

Estudos recentes demostran a disposición dos usuarios de Internet a colaborar. Agora ben, accións como as campañas de sinaturas ou a difusión das actividades entre a rede de contactos sitúanse moi por diante da achega directa de cartos. Isto pódese deber a que o doador se inclina por vías máis tradicionais, a que algunhas ONG carecen deste medio de colaboración e ao rexeitamento a facilitar datos bancarios en Internet. A Fundación Lealtad aconsella que nas doazóns on line se esixa o mesmo nivel de seguridade ca nas compras por Internet.

Como se ten a garantía de que unha doazón é segura?

Os Principios de Transparencia e Boas Prácticas que guían a análise da Fundación Lealtad son indicadores intermedios. Analízase o seu cumprimento mediante o exame da documentación achegada pola ONG e entrevistas aos seus empregados e voluntarios. Non se realiza unha comprobación dos proxectos sobre o terreo, posto que resultaría moi complexo e caro. Non obstante, estes indicadores proporcionan unha información bastante precisa sobre o "bo facer" das organizacións.

En que se basean estes Principios?

Son recomendacións sobre transparencia, bo goberno e xestión. Para o seu deseño, tívose en conta a información requirida polos cidadáns e estudáronse modelos implantados con éxito en países como Estados Unidos e Reino Unido. Ademais, consultáronse plataformas e coordinadoras de ONG, organizacións, Administración Pública e expertos do Terceiro Sector. As ONG participaron no proceso de deseño e revisión dos indicadores.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto