Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Dietas on line: analizadas as dietas que lles ofrecen 10 sitios web a catro persoas con perfís diferentes: Webs para perder peso: nin seguras nin fiables

Nas máis delas, os menús propostos suspendían o exame dietético de EROSKI CONSUMER

Recomendacións perigosas

  A pesar do perigoso que é, en dúas de cada dez dietas analizadas aínda se prescriben complementos dietéticos (sen indicacións nin advertencias) ou se recomendan complementos aos que se lles atribúen propiedades extraordinarias que ben poderían acadarse cuns correctos hábitos alimentarios. Por exemplo, en dietamedica.es aconséllase para o estrinximento calquera laxante, sen máis indicacións, nin advertencias. Pola súa banda, en dietadukan.es recomendan un tipo específico de 'farelo de avea' que só comercializa esta páxina e que se asegura que reduce o colesterol, prevén a diabete, protexe contra o cancro de colon e de recto e favorece o tránsito intestinal. Convén recordar que a AEDN a considera unha dieta 'milagre'.

O prezo de adelgazar

Queda demostrado que facer unha dieta de adelgazamento en Internet pode pasar factura: á saúde e ao peto. No estudo, todos os tratamentos analizados foron de pagamento, exceptuando o de dietikus.com, que era gratuíto. Así, se unha persoa desexa facer unha dieta por Internet, debe pagar unha media de 43,4 euros ao mes. Entre as dez escollidas, a máis cara do informe foi a dieta ofrecida por centrodenutricionydietetica.com, que lle cobrou a cada perfil estudado 100 euros o mes (50 euros pola dieta online, estudo e pauta, e outros 50 euros por dúas revisións ao mes recomendadas), nove veces máis ca lediet.es, onde se pagaron 9,4 euros de media ao mes.

Despois de lediet.es, as seguintes páxinas máis económicas foron sanita-online.com (14,9 euros de media ao mes) e dietamedica.es (20 euros ao mes por cada perfil analizado). Nos postos intermedios atópanse dietadukan.es, dietasonline.com, dietaon.com e dietasnet.com, que cobraban unha media de entre 37 euros e 56 euros ao mes. Para rematar, aleadiets.com posiciónase entre as dietas máis caras porque os catro perfís creados pagaron 60 euros cada un ao mes (40 euros por unha dieta de dúas semanas e 20 euros polas dietas sucesivas das dúas seguintes semanas).

Malia ás diferentes características de cada un dos catro perfís que se rexistraron, en cinco das páxinas cobraron o mesmo importe pola dieta; en aleadiets.com, centrodenutricionydietetica.com, dietasonline.com, dietamedica.com e dietaon.com. Neste sentido, se se analizan os prezos en función de cada perfil analizado destacan estes resultados: en sanita-online.com houbo que pagar o mesmo por unha muller de mediana idade con obesidade, diabete e hipertensión (perfil 2) ca por un home novo con normopeso (perfil 3); e en dietasnet.com cobráronlle un 39% máis (28 euros fronte a 39 euros) a unha muller nova sen obesidade ca a un home novo sen sobrepeso. Ademais, tamén cómpre salientar que á muller e ao mozo con normopeso lles cobraron unha dieta hipocalórica para adelgazar en case todas as páxinas malia a non precisaren baixar de peso.

Sen educación alimentaria

Un servizo dietético axeitado debe ser tamén pedagóxico e proporcionar as claves suficientes para que o usuario poida coidar a súa saúde de xeito autónomo. Non obstante, o estudo demostra que en máis da metade das dietas avaliadas non se inclúe información básica sobre alimentación equilibrada, tampouco un apartado con consellos dietéticos específicos sobre as posibles patoloxías, nin aconsellan sobre as técnicas culinarias máis indicadas.

Tamén se debe recomendar facer exercicio físico. Fano en oito dos portais on line analizados: dietadukan.es, centrodenutricionydietetica.com, aleadiets.com, lediet.es, dietasnet.com, sanita-online.com, dietasonline.com e dietaon.com. Delas, tan só en dúas esas prácticas deportivas se axustan a cada un dos perfís, en catro facilítanse ademais táboas de exercicios concretos e en tres faise un seguimento durante o tempo que dura o tratamento de adelgazamento do paciente.

TÁBOA COMPARATIVA

Valoración das dietas de adelgazamento de dez sitios web en Internet, analizadas polo equipo de nutricionistas de EROSKI CONSUMER
PORTAIS WEB(1) ESTUDO DIAGNOSTICO(2) AVALIACIÓN DA DIETA(3) ANÁLISE DIETÉTICA DOS MENÚS(4)
www.dietasnet.com Aceptable Regular Deficiente
www.aleadiets.com Moi Bien Aceptable Deficiente
www.centrodenutricionydietetica.com Regular Moi Deficiente Moi Deficiente
www.sanita-online.com Regular Moi Deficiente Moi Deficiente
www.dietasonline.com Bien Deficiente Moi Deficiente
www.dietamedica.es Regular Moi Deficiente-Fraudulenta(6) Moi Deficiente
www.dietaon.com Bien Deficiente Regular
www.lediet.es Regular Moi Deficiente-Fraudulenta(6) Deficiente
www.dietikus.com Deficiente Deficiente Moi Deficiente
www.dietadukan.es Aceptable Moi Deficiente-Fraudulenta(6) Moi Deficiente
NOTA FINAL ACEPTABLE Moi DEFICIENTE Moi DEFICIENTE
PORTAIS WEB(1) NOTA FINAL(5) PREZO MEDIO AO MES(7)
www.dietasnet.com Deficiente 56,2
www.aleadiets.com Deficiente 60 (40 euros pola primeira dieta quincenal e 20 euros polas sucesivas)
www.centrodenutricionydietetica.com Moi Deficiente 100 (50 euros pola dieta online, estudo e pauta, e outros 50 euros por dúas revisións ao mes recomendadas)
www.sanita-online.com Moi Deficiente 14,9
www.dietasonline.com Moi Deficiente 45
www.dietamedica.es Moi Deficiente-Fraudulenta(6) 20
www.dietaon.com Deficiente 48
www.lediet.es Moi Deficiente-Fraudulenta(6) 9,4
www.dietikus.com Moi Deficiente Dietas gratuitas
www.dietadukan.es Moi Deficiente-Fraudulenta(6) 37,3
NOTA FINAL Moi DEFICIENTE 43,4

(1) Portais web: En cada unha das páxinas devanditas rexistráronse os catro perfís creados no estudo con características diferentes: dúas mulleres de mediana idade con obesidade e estrinximento, unha delas con diabete mellitus tipo 2 e hipertensión arterial; e dúas persoas (de ambos os sexos) cun peso adecuado (el coa tensión algo alta e alerxia ao tomate e ela con colesterol elevado na súa última analítica). Previo pagamento, recibíronse un total de 38 dietas on line (en dietadukan.es e en lediet.es non lle propuxeron dieta á muller sen problemas de obesidade por ter un Índice de Masa Corporal adecuado). (2) Estudo diagnóstico: comprobouse se se consultaban os antecedentes patolóxicos, medicación, hábitos de vida e de alimentación, patrón alimentario de comidas e bebidas, etc. para a posteriori responderlle ao cliente cun servizo personalizado dirixido a mellorar e/ou salvagardar o seu estado de saúde. (3) Avaliación da dieta: permite saber se o servizo on line lle ofrece ao usuario información correcta sobre o seu estado nutricional e se as pautas dietéticas e posible tratamento complementario á dieta propostos son abondos e adaptados ás súas necesidades fisiolóxicas, de saúde ou enfermidade e hábitos dietéticos. (4) Análise dietética de dúas semanas de menús: pretendíase coñecer se os menús entregados ao cliente se axustan ás racións e frecuencia de consumo dos distintos grupos alimentarios, segundo os criterios actualmente recomendados (Guía da Alimentación Saudable, Sociedade Española de Nutrición Comunitaria, SENC, 2004). Neste apartado, non se puideron valorar un total de 15 menús de sanita-online.com, centrodenutricionydietetica.com, dietadukan.es e dietamedica.es porque non incluían datos sobre cantidades de alimentos en gramos, unidades ou racións, ou ben porque a dieta que ofrecían (sanita-online.com) case non incluía carne, peixe e ovos (o que se coñece como unha dieta ?ovolactovexetariana?). Por iso, valoráronse directamente cun ?moi deficiente?. Non se puntuaron os consellos dietéticos e/ou erros alimentarios, é dicir, se o servizo on line ofrece un labor educativo que lle permita ao usuario perpetuar no tempo o coidado da súa saúde de xeito autónomo en relación a condutas hixiénico-dietéticas. Por iso, valoráronse directamente cun ?moi deficiente?. (5) Puntuación final: a peor nota dun dos apartados valorados condicionou a cualificación final. (6) Fraudulenta: así se cualificaron o 30% das dietas on line estudadas por vender información enganosa e falsa, segundo os criterios establecidos pola Asociación Americana de Dietética (ADA, American Dietetic Association) e refrendados pola Asociación Española de Dietistas-Nutricionistas (AEDN). (7) Prezo medio ao mes: en euros.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto