Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Dietas on line: analizadas as dietas que lles ofrecen 10 sitios web a catro persoas con perfís diferentes: Webs para perder peso: nin seguras nin fiables

Nas máis delas, os menús propostos suspendían o exame dietético de EROSKI CONSUMER

A saúde pasa de puntillas

Quen elabora unha dieta tamén debe ter en conta as diversas patoloxías que pode sufrir o paciente. No estudo comprobouse que tan só o 25% das dietas investigadas adapta de xeito correcto o tipo de alimentos, as cantidades, o modo de elaboración e os consellos dietéticos ao estado de saúde do cliente.

Este problema débese á pouca información que lle piden ao paciente no momento de rexistrarse na páxina web. Soamente no 32% das consultas realizadas preguntan de xeito exhaustivo polos problemas de saúde e na metade dos casos non se preocupan de se se tomaba algún medicamento. Todo iso desembocou en que en sete das páxinas estudadas (dietasnet.com, centrodenutricionydietetica.com, sanita-online.com, dietamedica.es, dietaon.com, dietikus.com e dietadukan.es) se incluíse na dieta tomate para o perfil 3, cando a persoa tiña alerxia a esta hortaliza.

Ademais, en dous de cada cinco casos non lle comunican ao paciente con obesidade cal é a perda considerada saudable. É máis, só en dietadukan.es, dietasnet.com, dietasonline.com, dietamedica.es e lediet.es concretaba o número de quilos estimado que se debía perder e o prazo de tempo para baixalos. Pero hai diferenzas importantes ata nos mesmos perfís: ás mulleres de mediana idade con obesidade (perfís 1 e 2) recomendábanlles adelgazar dende 10 quilos en 20 semanas (dietasonline.com) a 20,8 quilos en 30 semanas (dietamedica.es), mentres que ao home e á muller nova lles aconsellaban dende 1 quilo en 2 meses (lediet.es) ata 2,2 quilos en 2 semanas (dietamedica.es).

Profesionalidade dubidosa

  O cliente ponse nas mans de supostos profesionais da saúde. Non obstante, non todos eles o son ou, polo menos, non o demostran. Por exemplo, en aleadiets.com, centrodenutricionydietetica.com, dietasonline.com, dietamedica.es e dietaon.com achegan probas das especialidades dos profesionais que elaboran as dietas; inclúen os números de colexiado, colgan o seu currículo vitae ou mencionan que son membros da Asociación Española de Dietistas-Nutricionistas (AEDN). Pola contra, o resto tan só indica que son nutricionistas, sen concretar o seu nivel de estudos nin outros detalles importantes. En dietasnet.com sinalan que están formados pola propia empresa e en dietikus.com son cinco enxeñeiros informáticos co asesoramento de nutricionistas os que exercen o labor.

Os menús: sen calidade dietética

Na análise dietética, comprobouse que a calidade dietética do 65% dos menús se valoraba cun deficiente ou moi deficiente (exceptuando a dietadukan.es e lediet.es, xa que non lle propoñen dieta ningunha á muller sen problemas de obesidade por ter un IMC axeitado): un 17% deles valorouse cun 'moi deficiente', a metade cun 'deficiente', e un 35% cun 'regular'. Malia todo, aínda que se trate de menús moi desequilibrados, non necesariamente o cliente vai desenvolver unha deficiencia nutricional se se cingue só ás dúas semanas de menús propostas. Iso si, estas cualificacións denotan unha falta de educación en bos hábitos alimentarios e poden carrexar carencias nutritivas a longo prazo se o cliente segue a dieta máis tempo.

A avaliación baseouse nas recomendacións da 'Guía da alimentación saudable' (SENC 2004) adecuándoa aos requisitos caloríficos dos catro perfís. O 40% das dietas recibidas (pertencentes a sanita-online.com, centrodenutricionydietetica.com, dietamedica.es e dietadukan.es) non puideron ser analizadas dende un punto de vista dietético por non incluíren datos concretos e exactos sobre cantidades de alimentos (en gramos, unidades ou porcións) acordes ás necesidades individuais, ou ben porque a dieta que ofrecían (sanita-online.com) non incluía apenas carne, peixe e ovos (o que se coñece como unha dieta 'ovolactovexetariana') como norma, sen valorar as necesidades e preferencias do cliente. Isto indica que non se lle dá ao cliente unha información precisa que favoreza un seguimento axeitado e axustado da pauta dietética prescrita.

As maiores deficiencias atopáronse nos menús propostos por dietikus.com, dietasonline.com e lediet.es. No primeiro caso, trátase dunha base de datos cun número determinado de receitas que, de xeito aleatorio, se asignan aos distintos perfís: mesma receita, mesmo xeito de preparación, cantidades e lista de ingredientes para todos os perfís con independencia das necesidades especiais e concretas de cada cliente. En xeral, as receitas pecan de ser enerxéticas e con técnicas culinarias como fritiduras, empanados, etc.

En segundo lugar, os menús de diestasonline.com ofrecen menos calorías das necesarias para cada perfil. Por exemplo, un menú achegaba 622 Kcal e outro 878 Kcal, cando os requirimentos mínimos do cliente (neste caso era o perfil 2) son de 1.200 Kcal. E, para rematar, en lediet.es avaliáronse tres menús semanais en vez de catro (non se lle facilita unha dieta á moza sen problemas de sobrepeso porque se estima que non precisa adelgazar, pero non se lle fai a mesma recomendación ao mozo que ten similares características) e todos son deficientes en calidade dietética. Tamén se detectaron fallos comúns nas outras dietas analizadas, ben pola ausencia ou escaseza de alimentos básicos ou xusto polo contrario, pola presenza excesiva doutros alimentos. Por exemplo, en dietasnet.com, había unha ausencia de froitos secos e case de ovos, pero un exceso proteico, principalmente de carne (ata tres veces máis cantidade da recomendada), aspecto que tamén se daba en dietikus.com, dietasonline.com e dietaon.com.

Licenza para mentir

En ocasións, parece que en Internet impera o 'todo vale', e máis se se trata de métodos para adelgazar. Non obstante, falsear información e convencer o gran público con frases grandilocuentes cando está en xogo a saúde é unha actitude que bate frontalmente coa normativa vixente. En concreto, co Real Decreto 1907/1996, do 2 de agosto, sobre publicidade e promoción comercial de produtos, actividades ou servizos con pretendida finalidade sanitaria, que establece o seguinte: "Queda prohibida calquera clase de publicidade directa ou indirecta, masiva ou individualizada, de produtos, materiais, substancias, enerxías ou métodos con pretendida finalidade sanitaria nos seguintes casos":

No estudo realizado atopáronse este tipo de frases enganosas en catro páxinas web analizadas. Velaquí algúns exemplos:

  • www.sanita-online.com: Na portada da web aparecen publicadas afirmacións como "Adelgaza fácilmente e decontado ", "Peso ideal garantido".
  • www.dietasnet.com: Na portada da web obsérvanse afirmacións como "Descubre como perder peso coa dieta axeitada para ti. Garantímosche que en 10 semanas obterás os resultados esperados por unha nutricionista asignada especialmente para ti".
  • www.dietamedica.com: Engádense opinións de usuarios ou supostos pacientes.
  • www.lediet.es: Destacan afirmacións como " Adelgazar de xeito definitivo! " ou "Lediet: a solución para perder peso". Ademais, inclúen testemuños dos usuarios ou supostos pacientes.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto