Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Dietas on line: analizadas as dietas que lles ofrecen 10 sitios web a catro persoas con perfís diferentes: Webs para perder peso: nin seguras nin fiables

Nas máis delas, os menús propostos suspendían o exame dietético de EROSKI CONSUMER

Dietas enganosas

  Para adelgazar, Internet é unha arma de dobre fío: pode proporcionar unha boa e valiosa información se se sabe onde buscar pero, ao mesmo tempo, o risco de caer en mans inexpertas e indocumentadas ou de confiar en falsas referencias é moi alto. No estudo comprobouse que o 26% das dietas on line avaliadas son enganosas, polo que o cliente debe desconfiar da súa seguridade e mais da súa eficacia. Para detectalas, consideráronse os criterios establecidos por Asociación Americana de Dietética (ADA, American Dietetic Association), referendados á súa vez pola Asociación Española de Dietistas-Nutricionistas (AEDN): prométense resultados rápidos, profetízanse resultados asombrosos ou máxicos, prohíbese o consumo dun alimento ou dun grupo, conteñen listas de alimentos 'bos' ou 'malos', esaxeran ou manipulan a realidade científica dun nutriente, aconsellan produtos dietéticos aos cales se lle atribúen propiedades extraordinarias (que, en moitos dos casos, vende quen promove o tratamento dietético), inclúen relatos, historias ou testemuños para achegar credibilidade e conteñen afirmacións que contradín á comunidade científica. A AEDN advirte que se unha dieta ou método dietético cumpre unha ou varias destas características hai que desconfiar dela. Deste xeito, penalizáronse dietamedica.es, lediet.es e dietadukan.es. As tres inclúen relatos, historias ou testemuños para achegar credibilidade. Ademais, dietamedica.es e dietadukan.es prohiben o consumo dun alimento ou grupo de alimentos e dietadukan.es esaxera tamén a realidade científica dun nutriente, contén listas de alimentos bos e malos e aconsella produtos dietéticos aos que se atribúen propiedades extraordinarias.

Convén desconfiar tamén se a web non ofrece información sobre os seus creadores, información de contacto e non facilita un teléfono de atención. Tamén se debe sospeitar se non é unha web homologado, é dicir, se un organismo autorizado non recoñece o contido da web, algo co que si contan varios dos portais analizados.

Sen personalizar

Un dos datos máis impactantes do estudo é que o 80% das dietas on line prescritas non se axustan ou non están deseñadas de maneira correcta conforme ás necesidades e circunstancias do cliente. Isto acontece porque antes de ofrecer o tratamento non se fai un correcto diagnóstico da situación do cliente por medio da avaliación do estado nutricional e do estilo de vida e hábitos dietéticos do paciente. Para que unha dieta se prescriba correctamente cómpre coñecer os antecedentes da persoa, se toma medicación, os seus hábitos de vida e de alimentación, o seu patrón alimentario de comidas e bebidas, etc. Todo iso é imprescindible para que o servizo dietético sexa personalizado.

Durante o estudo comprobouse que en dúas de cada cinco consultas realizadas quen atende non se preocupa por coñecer o patrón alimentario do cliente (tipo de comidas, preferencias e aversións alimentarias, lugar de consumo e frecuencia de consumo de alimentos) , nin tampouco o informan correctamente sobre a súa situación de peso (baixo peso, normopeso, sobrepeso e grao de obesidade) ou sobre o seu peso saudable para a súa situación individual.

Así, entre os erros detectados neste sentido destaca o cometido por algunhas páxinas con respecto aos perfís de xente nova con normopeso. Malia a que non necesitan un tratamento para adelgazar porque o seu IMC (Índice de Masa Corporal) é o axeitado, na maioría dos sitios web ofrécenlles un (non lles convén unha dieta hipocalórica, pero si unhas orientacións sobre hábitos alimentarios correctos). Só dietadukan.es e lediet.es non lla propoñen á muller nova que non precisa adelgazar (perfil 4), aínda que si ao mozo con normopeso (perfil 3).

O 80% das dietas prescritas non se axustan ás necesidades do cliente

En dúas de cada dez dietas analizadas prescríbense complementos dietéticos, sen indicacións nin advertencias

Desconfiar se...

  Esta é a era da información. Os consumidores están máis informados ca nunca, aínda que ás veces en exceso. Por iso, aínda que a Asociación Española de Dietistas-Nutricionistas (AEDN) non lle recomenda á poboación dirixirse a Internet para atopar información sobre como adelgazar, en caso de acceder á Rede é fundamental coñecer algunhas pautas para identificar as dietas enganosas. Convén desconfiar se na páxina web:

  • Prometen resultados rápidos.
  • Profetizan con resultados asombrosos e máxicos.
  • Prohiben o consumo dun alimento ou dun grupo de alimentos.
  • Conteñen listaxes de alimentos bos e malos.
  • Esaxeran ou manipulan a realidade científica dun nutriente.
  • Inclúen ou se basean no consumo de preparados que, casualmente, vende quen promove o tratamento dietético e aos que se lle atribúen propiedades extraordinarias.
  • Os preparados (produtos dietéticos ou similares) teñen un prezo elevado se se comparan co custo de obter os mesmos resultados comendo alimentos comúns.
  • Inclúen relatos, historias ou testemuños doutros para achegar credibilidade.
  • Conteñen afirmacións que contradín á comunidade científica.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto