Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Dietas on line: analizadas as dietas que lles ofrecen 10 sitios web a catro persoas con perfís diferentes: Webs para perder peso: nin seguras nin fiables

Nas máis delas, os menús propostos suspendían o exame dietético de EROSKI CONSUMER

  Para facer a compra, contratar unha viaxe, mercar unhas entradas..., Internet estase convertendo nun grande aliado na nosa vida. Mesmo hai quen recorre á Rede para conseguir baixar uns quilos. Así e todo, cómpre preguntarse se é seguro pór nas mans dun 'suposto' profesional sanitario a nosa saúde, comportamento alimentario e hábitos de vida e de alimentación.

Para comprobalo, EROSKI CONSUMER creou catro perfís de persoas con características diferentes interesadas en se someteren a un tratamento de adelgazamento on line en dez páxinas web dedicadas a iso: dietadukan.es, dietasnet.com, aleadiets.es, dietasonline.com, dietamedica.es, dietaon.com, sanita-online.com, lediet.es, centrodenutricionydietetica.com e dietikus.com. Os catro perfís correspondían a dúas mulleres de mediana idade con obesidade e estrinximento, unha delas con diabete mellitus tipo 2 e hipertensión arterial, e a dúas persoas (de ambos os dous sexos) cun peso saudable (el coa tensión algo alta e alerxia ao tomate e ela con colesterol elevado na súa última analítica). Para crear estes perfís tívose en conta o Índice de Masa Corporal (IMC), a referencia obxectiva máis utilizada para determinar onde se sitúa o peso saudable (normopeso) e o baixo peso, o sobrepeso ou a obesidade.

Unha vez creados, os catro perfís rexistráronse entre outubro e novembro nestas páxinas web para solicitaren un tratamento de adelgazamento. Logo de obter, en xeral previo pagamento, un total de 38 dietas on line (en dietadukan.es e en lediet.es non lle propuxeron dieta ningunha á muller sen problemas de obesidade por ter un IMC axeitado), comprobouse se se consultaban os antecedentes patolóxicos, a posible medicación e mais os hábitos de vida e de alimentación; se se lle ofrecía ao usuario información correcta sobre o seu estado nutricional; se o tratamento se adaptaba ás necesidades e circunstancias de cada perfil, e se realizaban unha análise dietética de dúas semanas de menús baixo os criterios da Guía da Alimentación Saudable, da Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC, 2004), que é o documento de referencia no que atinxe ás porcións de alimentos e á frecuencia de consumo recomendada.

En liñas xerais, comprobouse que non é seguro nin fiable acceder a Internet para adelgazar por varios motivos. En primeiro lugar, porque en tres das dez páxinas web avaliadas se ofrecen dietas enganosas (é dicir, venden información falsa) e, en segundo lugar, porque na súa maioría os menús propostos durante dúas semanas suspendían o exame dietético de EROSKI CONSUMER (exceptuando a dietadukan.es e lediet.es, que non lle propuxeron dieta ningunha á muller sen problemas de obesidade por ter un IMC axeitado). Un 35% cualificouse cun 'regular', a metade cun 'deficiente' e o 17% cun 'moi deficiente'.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto