Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

^

Da música ao silencio

A elección dos auriculares e o modo de usalos son dous factores determinantes para conservar a saúde dos oídos

Dos máis nocivos aos menos perigosos

A elección dos auriculares e o modo de usalos son dous factores clave para conservar os oídos sans a longo prazo.

  Os internos ou intracanais son os auriculares máis prexudiciais para a saúde auditiva, porque se colocan máis preto do tímpano e, polo tanto, aumenta o nivel de presión acústica. Cando se introduce un destes dispositivos dentro do oído o volume de aire que queda entre o auricular e a membrana timpánica (tímpano) é menor. E ao reducir o volume, aumenta a potencia da música ou son que se escoita (así un volume de saída de 115 decibelios pode subir a 125 decibelios) e esta maior potencia lesiona a cóclea.

Entre os auriculares internos, cabe precisar o seguinte:

  • Os ear-buds non adoitan illar moi ben do ruído exterior. Para compensalo, o usuario tende a elevar o volume da música, un xesto que repercute na súa saúde auditiva.
  • Os intra-auriculares, que se sitúan máis cara a dentro, na canle auditiva, son os máis prexudiciais para os oídos, ao reducirse aínda máis o espazo que media entre estes e o tímpano. Esta escasa marxe de volume de aire incrementa aínda máis a potencia do son, o que pon en risco a audición dos seus usuarios. Dise destes auriculares que, ao quedaren no interior do oído, favorecen un mellor illamento do exterior e que non é necesario recorrer a un volume tan elevado. Non obstante, os expertos remarcan que se trata dunha formulación errónea, porque a elevación do volume non depende do deseño do auricular, senón da súa impedancia e do reprodutor.
  • Os externos, xa sexa supra aurais ou circumaurais, son os menos nocivos, porque se colocan por fóra da orella e isto significa que quedan máis separados do tímpano. O volume de aire que media entre os auriculares e esta parte do oído é de entre 3 e 4 centímetros cúbicos (cm3), a diferenza do cm3 ou 1,2 cm3 que queda se se introduce un auricular intracanal no oído.

O feito de que os auriculares, segundo a calidade do aire, sexan abertos ou pechados non ten ningún impacto na saúde auditiva, segundo os expertos. No caso dos pechados, pode acontecer que se xeren máis resonancias e se produza unha maior sensación da audición das frecuencias graves, pero estas non lesionan o oído, mentres que si o fan as frecuencias agudas.

Cal é, polo tanto, a elección máis segura dun auricular, segundo os expertos? A dun auricular de deseño supra aural e de impedancia alta. Como queda separado por un volume de aire superior ao que deixan os auriculares intracanais e rexistrarse unha alta impedancia, necesítase unha potencia menor de saída do son.

Protección extra para os usuarios de auriculares

As persoas que non saben saír de casa sen os seus auriculares deben saber que para protexeren a súa saúde auditiva as opcións son limitadas, aínda que hai algunhas:

  •   Uso dun filtro acústico: é unha especie de audioprótese que se fai á medida e que se coloca no orificio do oído, o que permite illarse do son circundante e atenuar certas frecuencias. Lévano profesionais como os músicos de orquestra, os disc jockeys ou os corredores e os mecánicos de Fórmula 1, que deben soportar un ruído de 148 dB. Pero os usuarios de reprodutores de música con auriculares só poden utilizalos con auriculares supra aurais, xa que o espazo do conduto auditivo queda ocupado por este filtro protector que se coloca dentro da canle auditiva.
  • Elixir un reprodutor coa saída de audio limitada de fábrica: o único xeito de protexerse que teñen os usuarios de auriculares intracanais é elixir reprodutores que teñan a saída do son limitada. Este é o caso dos Ipod, coa saída de son limitada dende fábrica, de modo que, para desbloqueala, hai que acceder ás funcións avanzadas destes aparatos. Actualmente, o límite establecido pola lexislación europea para a saída de son dos reprodutores de audio portátiles é de 100 decibelios, pero estúdase reducilo aínda máis para protexer os consumidores.
  • Probas de audición: se un se excede co uso dos auriculares pódese someter de xeito periódico a probas de audición ou audiometrías, como as audiometrías de alta frecuencia, que constitúen unha moi boa proba preventiva da xordeira. A diferenza das audiometrías estándares, que estudan frecuencias de 12.000 Hz, esta explora frecuencias de ata 18.000 Hz. Estas frecuencias de 18.000 Hz son as correspondentes aos tons agudos, os primeiros que se perden cando se dana a audición. Pero esta proba é moi custosa e aínda hai moi poucos equipos en España que a realicen.

Consellos para protexerse dos auriculares

  1.   Escoitar música a un volume máis baixo, xa que se pode oír ben sen necesidade de que o son se irradie fóra dos auriculares.
  2. Se se pon a música a un volume elevado, convén reducir o tempo de exposición a media hora.
  3. Se se escoita a música a todo volume hai que someterse a revisións periódicas de audición, para saber se se está a danar o oído ou non.
  4. Utilizar equipos de música de calidade que permitan limitar o nivel de saída do son.
  5. Escoitar música a un máximo de 90 decibelios (o que xa constitúe un nivel alto), pero nin a 100 nin a 110 decibelios.

Fonte: Josep Gou, audioprotesista, profesor da Escola de Audioprotesistas ETCP-Clot e responsable de audioprótese da Fundación Widex.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto