Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Da música ao silencio

A elección dos auriculares e o modo de usalos son dous factores determinantes para conservar a saúde dos oídos

  Entreterse e evadirse de todo mentres se escoita a través dos cascos música a gran volume durante un traxecto en tren, autobús ou mentres se dá un paseo pódelle pasar factura á saúde auditiva de calquera. As alertas sobre a xordeira dos adolescentes e novos usuarios de auriculares están xustificadas por distintos estudos. Algúns tipos de auriculares dispoñibles no mercado son máis nocivos ca outros. Por iso, convén coñecer as súas diferenzas e aprender a usalos para salvar o oído.

O camiño que hai entre o uso de auriculares e o dos audiófonos é cada vez máis curto. Nos últimos anos, varias investigacións científicas confirmaron a aparición da xordeira adquirida en idades cada vez máis temperás. Un dos máis recentes e relevantes foi o realizado por un equipo de investigadores de Boston e publicado en 2010 na revista "Journal of American Medical Association" (JAMA), que constatou que a perda da audición aumentou ata nun 31% entre os adolescentes e mozos estadounidenses no período 2005-2006 respecto ás estatísticas do mesmo grupo de poboación 15 anos antes. Este traballo tivo un resultado, cando menos, impactante: un de cada cinco adolescentes -de entre 12 e 19 anos- tiña algún tipo de perda auditiva. E, entre outros factores de risco, escoitar música a un volume alto era e é un dos factores de risco máis importantes neste sector da poboación.

Numerosos estudos sobre a xordeira inducida polo ruído, entre eles un realizado en músicos de orquestra, xa demostraron que a exposición prolongada a un volume elevado de música dana a cóclea, unha das estruturas do oído interno. Esta exposición prolongada á música ten como consecuencia un trauma acústico que varía segundo as características de cada persoa (algunhas son máis vulnerables), do tempo de exposición (número de horas seguidas escoitando música) e da intensidade (segundo o elevado do volume). O Comité Científico de Riscos Sanitarios Novos e Emerxentes da Comisión Europea xa fixo público un informe no 2008 no que advertía que escoitar música de reprodutores musicais a máis de 89 decibelios (dB) e durante máis de 60 minutos ao día podía causar xordeira. Unha conversación normal prodúcese a 60 dB e todos os sons que superen os 85 dB xa supoñen un perigo para a saúde auditiva.

Tipos de auriculares

Os auriculares pódense clasificar segundo o seu deseño (externos e internos), calidade do son (abertos ou pechados) e impedancia (alta ou baixa). De acordo ao seu deseño, divídense en dous grandes grupos:

  •   Os externos son os auriculares que quedan por fóra do pavillón da orella e que segundo algunhas clasificacións tamén se subdividen en circumaurais, que son aqueles que rodean a orella cunha almofada de escuma, e os supraaurais, que constan dunha almofada que descansa sobra a orella pero sen cubrila de todo. En canto á calidade do son, tanto uns como outros poden ser abertos, se permiten a fuga de son ao exterior e tamén recollen parte dese son exterior, ou pechados, se o son non sae cara a fóra e illan por completo do ruído ambiente. Non obstante, voces expertas opinan que estas subdivisións responden máis a unha cuestión semántica que a unha realidade técnica e apostan por clasificar os auriculares nos dous grandes grupos mencionados.
  • Os internos ou intra-aurais, que teñen como nome técnico correcto auriculares intracanais, son os que quedan agochados dentro do conduto auditivo. Algunhas clasificacións tamén os subdividen en ear-buds ou botóns de orella, que son os máis habituais e que se colocan á entrada da orella, pero non chegan a penetrar nela, e os intra-auriculares, que si se colocan dentro da canle auditiva. De novo, neste segundo caso, os expertos en audición son partidarios de designar a todos estes subtipos de auriculares baixo a nomenclatura de intracanais.

Amais de polo seu deseño, os auriculares distínguense por unha característica técnica na que os usuarios deberían reparar no intre de adquirilos, xa que é moi importante para coidar a súa audición. Trátase da impedancia, que é a resistencia que o auricular exerce ao paso da corrente. Este dato figura en todos os auriculares e adoita ser de 32, 16 e 8 ohmios e rara vez de 4 ohmios.

En función da impedancia, a potencia do reprodutor é maior ou menor. Así, a menor impedancia, a potencia é maior e, a maior impedancia, a potencia é menor. Dende o punto de vista da saúde auditiva, é preferible utilizar auriculares de impedancia máis alta para que a potencia sexa máis baixa.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto