Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

José Miguel Mulet, Profesor da Universidade Politécnica de Valencia: "É un engano dicir que os alimentos ecolóxicos son mellores para a saúde ou para o medio natural"

 Nin son máis sans, nin teñen máis sabor, tamén danan a natureza e son máis caros. Así son os produtos da agricultura e gandería ecolóxica segundo José Miguel Mulet. Este doutor en química e profesor da Universidade Politécnica de Valencia baséase en estudos científicos para afirmalo. Mulet lembra que estes produtos teñen en proporción máis alertas sanitarias ca os convencionais, aínda que recoñece que o risco é baixo. E asegura que se substituísen á produción industrial, só poderían alimentar a un de cada sete habitantes do planeta.

Vostede asegurou que os produtos da agricultura ecolóxica son "para snobs". Por que?

Só entre o 5% e o 10% da agricultura en Europa é ecolóxica (o principal produtor é o príncipe Carlos de Inglaterra). En España o seu consumo é baixo, e por parte de persoas cun poder adquisitivo medio-alto ou alto.

Desde este sector dise que os seus produtos son máis sans, que teñen máis sabor e que non danan o medio natural coma os convencionais. Está de acordo?

Non, pero tampouco a Unión Europea, a máxima autoridade para estes produtos en Europa. Na súa web sinala que non hai datos concluíntes ao respecto. Todos os estudos científicos realizados indican que as súas propiedades para a saúde son semellantes ás dos convencionais.

A agricultura e mais a gandería ecolóxica poderían substituír aos sistemas convencionais?

Poderían alimentar a uns mil millóns de persoas, sendo optimistas. Ou os outros seis mil millóns morren de fame ou se precisaría máis chan cultivado, é dicir, arrasar espazos naturais libres. A produción ecolóxica é de pequena escala e para poucos consumidores. Levala a grande escala supón un muro infranqueable.

Son conscientes os produtores ecolóxicos dese "muro infranqueable"?

Eles din que darían, pero ao preguntarlles como vanse polas ramas. Obxectivamente non é posible: segundo os datos de estatística agraria, a produción por hectárea sementada é entre un 25% e un 50% menor ca a convencional.

Non obstante, sosteñen que de se xeneralizar, a súa produtividade aumentaría, chegaría a máis xente e sería máis barata.

Non é crible cando por exemplo na gandería ecolóxica recomendan homeopatía ou acupuntura, ou alfábega e allo como control de pragas, reducindo a metade da produción. Parten dun erro conceptual: a agricultura por definición non é ecolóxica, porque altera a biodiversidade do lugar.

Vostede publicou o libro "Os produtos naturais, vaia engano !". Enganan aos consumidores?

Se lles din que é mellor para a saúde ou para a natureza, si. Se lles din que superou a acreditación ecolóxica, non. Hai unha axencia certificadora que pasa unha vez ao ano e di se se axusta á normativa ou non.

Son seguros os produtos ecolóxicos?

Os produtos ecolóxicos e convencionais teñen que superar a mesma normativa de seguridade. Agora ben, como a produción ecolóxica é porta a porta, a pequenos distribuidores, os controis son máis difíciles, máis laxos. En proporción, a produción ecolóxica ten máis alarmas por contaminación da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) ca a convencional. Pero non hai que alarmarse: as posibilidades son baixas, a alimentación en Europa é segura.

Diversos estudos probaron graves impactos ambientais e para a saúde de certas prácticas dos sistemas convencionais.

Durante moito tempo fixéronse animaladas no campo, sobre todo con citoquímicos. Pero hoxe en día todo ten que superar uns controis que hai 50 anos non había. A agricultura convencional é cada vez máis respectuosa coa natureza, e serao aínda máis. Precisamente por estes controis, algunhas grandes producións marchan a países como Marrocos ou Alxeria, onde usan o que lles peta e logo véndena en España.

Estas prácticas non lles dan a razón aos produtores ecoloxistas?

Non necesariamente. Ata o ano pasado, a normativa ecolóxica autorizaba os moi contaminantes sales de cobre (o caldo bordelés). Se a normativa se centrase no que de verdade non ten impacto ambiental e non en se é "natural" ou "artificial", sería máis ecolóxica. O regulamento europeo é pésimo.

E priorizar a produción local fronte á global?

Na medida do posible si. Europa é cada vez máis dependente de importacións. Pero sen esaxerar. Se todos tivésemos que producir os nosos alimentos, volveriamos ao neolítico. E tampouco hai que converter as grandes explotacións en demos, porque son máis eficientes no uso dos recursos e menos contaminantes ca as pequenas. Convén ter unha horta grande e preto do consumidor final.

Que opina das cada vez máis numerosas hortas urbanas?

Eu tiven unha cando estudei en Suíza. É un hobby fermoso. Faría as cidades máis despexadas, pero non é un modelo para a alimentación do futuro. A grande escala sería un enorme desperdicio de recursos, e unha horta de dous metros cadrados non serve para unha alimentación completa. Ademais, habería que garantir que o solo non estea contaminado por unha actividade industrial previa.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto