Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Termos como recesión ou prima de risco son vitais para entender a crise e saber como lle afecta ao consumidor
Moitas persoas amosaron ata hai ben pouco unha patente alerxia aos termos económicos e a todo o que ten que ver cos números. Nestes intres a esta alerxia cómpre sumar outra patoloxía: o medo. A situación xeral de inestabilidade que se está a vivir fai que cumpra familiarizarse con algúns conceptos, como crise, paro, déficit ou prima de risco. Almorzar todas as mañás con novas relacionadas con estes asuntos é hoxe algo habitual. Pero, cal é a implicación de cada unha destas palabras ou expresións na crise?, que significan? E o que pode resultar máis interesante: como afectan ao pequeno consumidor? Deseguido detállanse as 10 palabras clave desta crise, un breve manual económico de "supervivencia" para inexpertos.
Déficit. O concepto de déficit fai referencia á escaseza de recursos. Se a este termo lle unimos a palabra orzamentario (déficit orzamentario), moi comentada nesta crise, o termo alude á situación na que os gastos realizados por un país superan os seus ingresos. Para tratar de compensar e de reverter esta situación, os gobernos vense obrigados a emitir títulos de débeda de modo esaxerado (Letras, Bonos e Obrigas) que mercan os investidores (particulares e institucionais). Agora ben, o custo que ten que pagar o estado é moi alto. Ao aforrador aféctalle porque a percepción que se ten de España no estranxeiro é cada vez peor. Cada vez hai menos investidores internacionais que queren investir en activos do noso país. Isto derivou na famosa crise de débeda.
Prima de risco. Esta expresión cobrou sentido, sobre todo tras o rescate de Grecia. As similitudes entre esa economía e a española dispararon a diferenza entre o que paga o bono alemán (de referencia en Europa) e o bono español. Canto máis sobe a prima de risco, máis aumenta a probabilidade de que España precise unha intervención económica. Iso podería inducir a máis desemprego, máis recortes sociais, en educación, sanidade, demora en investimentos de infraestruturas...
Cumio europeo. É o nome que tamén se utiliza para referirse ao Consello Europeo que reúne aos 27 xefes de estado ou de goberno da Unión Europea. É o máximo órgano político da UE. Na crise cobrou importancia porque del depende a resolución dos problemas de débeda soberana dalgúns países membros, como Grecia, Italia ou España. Non en van multiplicou o número das súas reunións, aínda que algunhas delas resultaron falidas. As discrepancias entre os seus membros afectan aos aforradores, xa que no canto de atopar unha solución pacífica e ordenada ao problema da débeda agrávano. Algúns países antepoñen os seus intereses particulares aos do ben xeral da eurozona.
É improbable que se dea en España nin en calquera outro país desenvolvido. O cidadán español non debe temer polos aforros que ten no banco. Están protexidos polo Fondo de Garantía de Depósitos ata 100.000 euros. Ademais, en caso de insolvencia, España demostrou a súa capacidade e disposición para intervir calquera entidade que o necesite (fíxoo xa con Caja Castilla La Mancha, Unnim, Catalunya Caixa, Banco de Valencia, Caja de Ahorros del Mediterráneo, Cajasur e Novacaixagalicia).
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI