Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Iogures, cada vez máis personalizados

A ampla gama de iogures que se elabora na actualidade obriga a coñecer as súas características nutritivas para elixir o que máis se adecúe ás necesidades persoais

  Na primeira balda da neveira, ao lado dos ovos, na parte da dereita, na esquerda... O iogur é un incondicional dos fogares españois. A súa presenza nótase ben nas casas nas que hai cativos, pero forma parte da sobremesa e da merenda de moitas familias. É apto para nenos, adultos e vellos, aínda que convén non abusar. O iogur é un alimento probiótico: contén microorganismos vivos, con efectos positivos para quen os consume, ao actuaren sobre a flora bacteriana intestinal, alén do valor nutricional natural do produto. O iogur cumpre coa devandita función. Pero ante a amplísima oferta comercial de iogures, de distintas variedades, sabores e texturas, ao cidadán fáiselle difícil escoller. As diferenzas entre uns ou outros radica no seu valor nutricional, xa que todos eles cumpren coa función de probiótico. Os desnatados ou sen azucres engadidos permiten incluír os iogures na dieta cun mellor perfil nutricional, axeitados para quen por saúde deba seguir dietas terapéuticas de control de graxa, azucres e calorías. Agora ben, os que levan máis calcio reservaranse para persoas con necesidades especiais ou para momentos da vida nos que cumpra unha achega extra do devandito mineral. Os máis cremosos, os azucrados ou con textura de mousse, considéranse un capricho, e como tal débense degustar en momentos especiais.

Propiedades nutricionais

O valor nutricional do iogur ten moitos puntos en común co leite, a excepción da lactosa, que no iogur se atopa en concentracións mínimas debido á súa transformación en ácido láctico. Trátase dun alimento fonte de proteínas de alto valor biolóxico, de calcio de doada asimilación e de vitamina B2 ou riboflavina. O contido graxo e de vitaminas A e D (están xunto coa graxa) dependerá de se se trata dun iogur normal, enriquecido con nata, con ou sen queixo ou desnatado, e a maior parte destas graxas son saturadas.

O seu valor enerxético varía de xeito notable segundo a cantidade de graxa do produto e mais segundo os ingredientes engadidos durante o proceso de elaboración: nata, azucre, marmelada, froitas frescas ou desecadas, cereais, froitos secos, etc. Mentres un iogur desnatado apenas chega ás 50 Kcal e aos 0,4 g de graxa por unidade, o iogur cremoso, característico polo seu sabor e cremosidade grazas á adición de nata, ten 4 veces máis calorías e 12 veces máis graxa ca un desnatado. Un auténtico doce que aínda é máis calorífico se ademais de nata é azucrado. (véxase táboa comparativa)

Comparación entre un vaso de leite enteiro (200 ml) e distintas variedades de iogures (125 g)
Enerxía (Kcal) Proteínas (g) Graxas totais (g) Graxas saturadas (g) Azucares (g) Calcio (mg)
Vaso de leite 126 6,2 4,4 2,10 9,4 226
Iogur natural 70 4-6 1,3-3 0,9-2 5-8,5 171,25
Desnatado 50 5,25 0,40 0,22 6,12 175
Cremoso con nata 150 4,7 12,5 7,8 4,4 152
Cremoso con nata e azucarado 192 4,6 12,5 7,8 14,4 152
Con calcio 70 5,3 1,9 1,25 7,6 400

Fonte: Táboa de composición de alimentos do CESNID. McGraw-Hill Interamericana, 2004.

Para todos os gustos e necesidades

  • Iogures desnatados ou "baixo contido de graxa". Son os iogures que non conteñen máis de 3 gramos de graxa por 100 g. Se, ademais, pola redución de graxa se consegue que o produto non conteña máis de 40 Kcal por 100 g pódese dicir que se trata dun iogur de "baixo valor enerxético". Son idóneos para as persoas ás que lles gusta comer iogures como un xeito san de reducir as calorías e as graxas saturadas da dieta.
  •   Iogures sen azucres engadidos. Caracterízanse porque non se lle engadiu ao produto ningún monosacárido (frutosa, glicosa), disacárido (azucre, mel) nin ningún alimento utilizado polas súas propiedades edulcorantes (marmelada, chocolate...). Se os azucres están presentes de xeito natural no produto, vai indicado na etiqueta da seguinte maneira: "contén azucres naturalmente presentes". Estes iogures son apropiados para quen toma o iogur como un modo sinxelo e san de reducir as calorías e os azucres da dieta.
  • Iogures con máis calcio. A achega de calcio nos iogures normais oscila entre 150 e os 170 mg por unidade (125 g), mentres que un iogur enriquecido en calcio pode ter 400 mg por unidade (125 g), o dobre. Os requirimentos de calcio en persoas adultas son de 900 mg/día, e de entre 1.000 e 1.200 mg para os nenos de 10 a 19 anos, para as embarazadas e mulleres en período de lactación e para os maiores de 50 anos. Poden ser recomendables para quen non toma lácteos abondos como fonte de calcio e non suplen tal deficiencia co consumo de alimentos ricos en calcio (verduras de folla verde, sardiñas enlatadas, froitos secos, figos secos e froitas desecadas e legumes). Así e todo, cumpriría revisar a dieta, porque tras observar a tendencia dos hábitos alimentarios actuais pódese concluír que a deficiencia de calcio non sempre se debe a unha achega insuficiente, senón a un consumo desproporcionado de proteína animal (carnes), sal/sodio e fósforo, nutrientes que descalcifican o organismo, xa que limitan a absorción de calcio e favorecen a súa eliminación. Pouco se consegue se se toman iogures co dobre de calcio e se segue o mesmo tipo de alimentación "acidificante" e "descalcificante".
  • Iogures con anacos de froita. Co fin de garantir un contido mínimo de iogur no produto final, que evite a fraude, os iogures con froitas, zumes e/ou outros produtos naturais deben conter un 70% de iogur no produto rematado. Un iogur con anacos de froita non substitúe a unha porción diaria de froita, non se pode confundir. A cantidade de froita que conteñen os iogures con anacos de froita é mínima e oscila entre o 2% e o 11%, o que se traduce nos casos máis abundantes en 14 gramos de froita por iogur. Unha mazá pequena pode pesar 100 gramos, un amorodo uns 20 gramos, e 6 gramos un gran de uva. A cantidade de froita consumida deste xeito é ridícula, desprezable no cómputo do menú de todo o día.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto