Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

O meu fillo non come

A obsesión de moitos pais pola comida e a insistencia para que os nenos coman cantidades desproporcionadas son os motivos principais desta situación

  "Tanto me ten se é neno ou nena, o único que quero é que coma". Este é o desexo de moitos pais que esperan o seu segundo fillo e que xa non saben que facer para que o primeiro coma. E non se trata dun caso illado. Esta inquedanza, compartida por tantas familias, responde as máis das veces a unha preocupación esaxerada dos pais e nais. Os cambios que vive o neno na súa curta vida inflúen de xeito determinante na súa conduta, e estes reflíctense tamén no seu comportamento coa comida. O cambio que experimenta o menor cando pasa de tomar o peito ou de tomar o biberón a comer sólido, o inicio da gardería, quedar a comer no comedor, a volta á escola logo das longas vacacións, o nacemento dun irmán pequeno... Son situacións que alteran os nenos e que de maneira natural manifestan tamén coa comida. En moitos casos, o problema de que un neno san sinta certa inapetencia ou non coma abondo responde aos malos costumes dos pais ou dos coidadores da súa alimentación, xa que pretenden que os nenos coman cantidades de comida equivalentes ás dun adulto.

De verdade que o neno non come?

A diferenza entre un neno que realmente non come e un neno que parece que non come é que o primeiro perde peso e o segundo non. Non obstante, ante a dúbida e a preocupación, o pediatra debe descartar calquera enfermidade mediante unha revisión exhaustiva. A continuación, enuméranse as solucións ás situacións máis comúns e que máis preocupan aos pais:

  • Come na escola pero non na casa (ou pouco e con moito esforzo). Alén do vínculo emocional e do interese por ser o centro de atención que ten o neno na casa con respecto ao comedor escolar, seguro que hai algo máis que distingue estes ambientes. No comedor da escola os nenos da mesma idade comen todos xuntos e sen distraccións; non hai tele, non hai xoguetes. A hora da comida dedícase ao que é: o momento de comer. Despois de comer, xoga, pero non mentres se come. Tampouco hai opción de elixir outro prato se o que se serviu non gusta ou non apetece: déixase un tempo concreto para que o neno coma (só ou con apoio) o prato que toca no menú día. Pasado ese tempo, comera máis ou menos, deberá comer o segundo prato. No comedor escolar tampouco hai posibilidade de tomar a sobremesa que a un máis lle gusta. Na casa, pola contra, é máis doado que os nenos consigan os seus caprichos porque os pais, tíos e avós ceden ás súas insistentes (e mesmo molestas) peticións. A clave está en analizar as distintas situacións que se dán en ambos os dous ambientes, copiar o que funciona na escola para levalo á práctica na casa, ser perseverantes, non ceder nin conceder caprichos e ter a confianza de que os cambios van funcionar.
  •   Come na casa pero non na escola. É distinta a situación, pero igual o consello; analizar as situacións que funcionan na casa e valorar a posibilidade de repetilas na escola. Aínda que esta práctica non sempre é posible, xa que o comedor se rexe por unhas normas determinadas. Neste caso, unha boa idea é concederlle ao neno unha maior liberdade e independencia á hora de facer as cousas. Débese admitir, sen reproches, que o neno manche a roupa ou as mangas se come só. Non pasa nada, a roupa lávase, aínda que se lle debe educar para que sexa coidadoso mentres come.
  • Case non come en ningures. Se o neno está san, pero é inapetente, o problema do seu comportamento negativo pode ser consecuencia de que a relación entre os pais e a alimentación sexa mala. Na seguinte táboa recóllense algúns dos erros que cometen os pais e que deben mellorar para que a conduta do neno cambie.
  • Come sempre ben, na casa, na escola... O consello non é outro que seguir como ata agora e non se preocupar de se o neno come menos durante un ou dous días, ou en determinados momentos (merenda, cea...). Os nenos, igual ca os adultos, non teñen o mesmo apetito todos os días. Permitámoslle que non sempre coma igual de ben! Non vaiamos cometer o erro de obrigalo a comer cando realmente non quere.

Por que non queren comer moitos nenos?

En moitas ocasións, o problema da conduta negativa dos nenos téñeno os pais por seren moi insistentes, ofrecer comida a calquera hora, obsesionarse con que o coma todo, servir unha cantidade esaxerada de comida para a súa idade, ou ceder aos seus caprichos e darlles o que máis lles gusta sempre ante a mínima protesta...

Os pediatras subliñan que a única esperanza de cambio cando un neno se aferra a non comer está en que cambien os pais. Un neno que non come ten que perder moito peso para que haxa un risco real de enfermidade. Se o neno está san, ten vitalidade, dorme, xoga e ri, aínda que pareza que come pouco, está a comer o que o seu corpo lle pide. Non máis.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto