Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enquisados máis de 1.900 consumidores de 9 comunidades autónomas para coñecer os seus hábitos de consumo de xoguetes: O gasto medio en xoguetes por neno será de 70 euros

Un de cada catro enquisados asegura que algunha vez tivo dúbidas sobre o xoguete que tiña que mercar

  O Nadal é felicidade, bos desexos... e para os cativos da casa tamén é sinónimo de novos xoguetes. Para investigar sobre os hábitos de consumo dos xoguetes en España, EROSKI CONSUMER entrevistou entre finais de outubro e comezos de novembro a 1.906 persoas de 9 comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco. Cada un dos entrevistados foi consultado, entre outras cuestións, sobre o gasto económico que realizaría en xoguetes no Nadal, sobre como lle afectaría a crise no seu desembolso, sobre o tipo de xoguetes que adquiriría e mais sobre o tipo de comercio que elixiría para realizar esas compras. Dos 1.906 fogares consultados, nun 73% vivían nenos, mentres que no 27% restante nos que se fixo a enquisa non tiñan fillos pero si mercarían xoguetes para familiares, fillos de amigos... A media de nenos por cada fogar é de dous, a maioría deles con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos.

En conclusión, un 80% das persoas consultadas estimaron que este Nadal desembolsarán unha media de 205 euros en xoguetes, arredor de 71 euros por neno (o resto dos entrevistados non sabían facer un cálculo concreto). Con todo, a mala situación económica causa efecto nos consumidores e un de cada catro asegura que o seu orzamento diminuirá unha media de 79 euros con respecto ao do ano pasado, principalmente pola crise económica, polo que hai que facer recortes no gasto final. Estes cartos en tres de cada catro ocasións destinarase á compra de xoguetes educativos, aínda que o factor que máis inflúe á hora de se decantar por un ou outro é o que pidan os máis pequenos da casa. Para iso, dous de cada tres enquisados non dúbida en percorrer varias tendas e establecementos para, previamente, comparar prezos e produtos.

71 euros por neno

O Nadal é unha época de gasto importante. Unha das maiores partidas destínase aos máis pequenos da casa: os xoguetes. Pero hai diferenzas entre as comunidades autónomas. Mentres que en Andalucía o gasto ascende a 253 euros de media, nas Illas Baleares gastarán 188 euros; en Castela A Mancha, en Galicia e na Comunidade Valenciana prevén gastar arredor de 190 euros; e en Navarra, no País Vasco, en Madrid e mais en Cataluña gastarán pouco máis de 200 euros (arredor da media). Por idades, mentres que os entrevistados entre 20 e 44 anos gastarán en xoguetes 195 euros de media, os maiores de 45 anos superarán o limiar dos 200 euros e desembolsarán 214 euros, un 10% máis ca os máis novos. Por outra banda, eles desembolsarán máis cartos ca elas, moito máis aforradoras: 215 euros de media os homes fronte aos 201 euros das mulleres.

Cando a estimación se fai por neno, un 78% respondeu que gastaría unha media de 71 euros por pequeno. Non obstante, hai diferenzas de ata o 40% entre comunidades autónomas: en Castela A Mancha o desembolso medio sería de 60 euros (teñen 2,5 fillos por fogar), mentres que no País Vasco alcanzaría 84 euros de media. Curiosamente, os máis novos (enquisados de 20 a 44 anos) gastarán máis (unha media de 76 euros) ca os entrevistados maiores de 45 anos (desembolsan 66 euros de media). Por sexos, o orzamento dos homes será un 15% maior ca o das mulleres: 78 euros de media eles fronte aos 68 euros de media delas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto