Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O trastorno por déficit de atención (TDAH) é hereditario no 80% dos casos e no resto por outras causas, como o consumo de tóxicos no embarazo
Nenas que nas aulas e na casa traballan coma formiguiñas sen que lles luzan os resultados escolares, moi esquecedizas e con problemas que pasan desapercibidos ata a educación secundaria. Ou nenos moi movidos e con condutas que alteran a clase, polo que o seu trastorno se adoita descubrir na educación primaria. O trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH) é tan frecuente que se estima que en cada aula haxa polo menos un neno afectado. Para diagnosticalo, tratalo e evitar o fracaso escolar é fundamental que pais, nais e profesores estean atentos aos seus síntomas.
Todos non seguen un mesmo patrón. Algúns afectados por TDAH distráense co voo dunha mosca, esquécense dos deberes para o día seguinte e de lles daren os recados da escola aos seus pais. Son os reis do despiste. Outros, non obstante, amósanse extremadamente inquedos e incontrolables nos cambios de clase, nunha fila, no comedor e berran ou lanzan comentarios inapropiados. Poderíase dicir que son os alborotadores do curso. Este é, a grandes trazos, o comportamento dos alumnos cun trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) na escola, problema que se pode intuír polo seu baixo rendemento académico. Se non se trata a tempo, pode concluír cun estrepitoso fracaso escolar. Na actualidade, o TDAH é o trastorno da aprendizaxe máis frecuente, tras a dislexia. Afecta a entre un 5% e un 10% da poboación escolar, polo que se estima que cada profesor ten na aula polo menos a un afectado, segundo datos de distintos estudos epidemiolóxicos. Por iso, tanto os pais como os educadores deben reparar na posible falta de atención dos seus fillos, na súa conduta e no seu baixo rendemento académico. De feito, a escola pode ser un ámbito idóneo para detectalo. Para logralo, é clave coñecer as manifestacións dos distintos tipos de TDAH. Tres son as principais:
Non todos os afectados por este trastorno teñen os mesmos síntomas. En función do que predomine, padecerán un tipo ou outro de TDAH. A comunidade científica clasificounos así:
O TDAH é hereditario no 80% dos casos e só na porcentaxe restante se debe a outras causas adquiridas, como o consumo de tóxicos no embarazo. Os afectados herdan dos seus pais uns xenes defectuosos que alteran a produción duns neurotransmisores ou substancias que hai no cerebro (a noradrenalina e a dopamina). Esta alteración e a inmadurez de certas estruturas cerebrais (o lóbulo frontal) explica a variedade de síntomas deste trastorno e tamén que os afectados teñan menos desenvolvidas as funcións executivas, é dicir, as que se relacionan coa capacidade de autocontrol, a resolución de problemas (o que se traduce nunha baixa comprensión lectora, dificultade para as matemáticas ou estruturar un texto oral ou escrito), a capacidade de organización, planificación, fixar obxectivos e tomar decisións.
Comprender que o TDAH ten unha base neurobiolóxica é fundamental para que os proxenitores acepten que o seu fillo con déficit de atención non pode atender mellor por esta causa e non porque "lles estea a tomar o pelo". Pero, por desgraza, con suma facilidade se lles adxudican inxustas etiquetas como as de esquecedizos, despistados, preguiceiros, etc. Non obstante, eles non elixiron ser así e, polo tanto, non deben considerarse problemáticos, senón nenos cun problema que hai que afrontar e resolver.
De feito, unha vez que entenden o alcance deste diagnóstico, moitos pais non só se senten culpables por lles transmitiren eses xenes defectuosos, senón que, por desgraza, descobren que eles mesmos tamén sofren un TDAH que non se lles diagnosticou nin se lles tratou na infancia. Implicar estes pais con TDAH no tratamento dos seus fillos é unha misión dobremente ardua, pero non imposible, que requirirá tratalos tamén a eles.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI