Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Proba práctica: tres plataformas on line para alugar películas en España

Filmin ofrece cinema independente; iTunes é o máis apropiado para as novidades comerciais e Filmotech especializouse en cinema español

  As colas dos cines acúrtanse na ventaíña cada fin de semana pero ao mesmo tempo a comercialización de novos formatos máis pequenos e con maior capacidade de almacenamento respecto ao CD medra en España. O soporte físico perde cada ano relevancia no consumo de produtos culturais a prol da distribución por Internet dos contidos. Agora ben, fronte a este cambio de hábitos aínda existe unha pobre oferta de servizos, sobre todo en España, onde produtoras e distribuidoras se resisten ao cambio de modelo de negocio.

Co fin de cubrir esta demanda, nos últimos meses xurdiron varias iniciativas de distribución de películas e de series televisivas vía web, que se unen a outros proxectos pioneiros lanzados no pasado e que agora acadan unha maior visibilidade e relevancia. EROSKI CONSUMER realizou unha proba de uso de tres das plataformas con licenza en España.

As seleccionadas son:

Características comúns

Estas plataformas permiten o aluguer dixital de películas e documentais por un tempo determinado, durante o que os usuarios poden acceder ao contido de xeito ilimitado. É dicir, poden ver o contido audiovisual tantas veces como consideren conveniente ata que o prazo de aluguer expire. En xeral o devandito prazo comeza a contar no momento de premer o botón de "play" por primeira vez. Ningunha das tres dispón dunha gran cantidade de obras audiovisuais nos seus catálogos, pero estes renóvanse mensualmente con novos títulos e acordos con produtoras e distribuidoras. O requisito necesario para utilizar estas plataformas é contar cunha conexión Internet de banda ancha a partir de tres megabits por segundo xunto cunha tarifa plana de datos, xa que o tamaño dunha película nestas plataformas é superior a un xigabyte.

Diferenzas

Filmin especializouse en cinema independente e de autor, cunha base de películas que dispón de versión orixinal subtitulada. As películas visualízanse en streaming, tanto en formato flash coma en HTML5. Polo tanto, cómpre estar conectado permanentemente a Internet de banda ancha para acceder a estes contidos. De igual xeito funciona Filmotech. Pola súa banda, para poder utilizar a tenda de películas de iTunes é imprescindible descargar e instalar a aplicación do mesmo nome, xa que dá acceso á tenda e a xestionar os contidos. Ademais, cómpre descargar as películas antes da súa visualización, aínda que é posible comezar a reprodución do contido no momento de iniciar a descarga.

'O mellor para':

  • Experiencia de usuario: iTunes
  • Ver películas desconectado: iTunes
  • Ver en diferentes dispositivos: Filmin
  • Películas independentes e en versión orixinal subtitulada: Filmin
  • Cine clásico español: Filmotech
  • Últimas novidades de cinema comercial: iTunes

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto