Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Daniel Ramón Vidal, Investigador en biotecnoloxía de alimentos: "Os transxénicos son os alimentos máis seguros e ademais son ecolóxicos"

 Antes de comercializar un transxénico, pasa un rigoroso control que dura entre sete e dez anos: son, xa que logo, os alimentos máis seguros da historia. Así o sinala Daniel Ramón Vidal, un investigador con varios premios nacionais e europeos polo seu traballo en biotecnoloxía de alimentos e actual Director científico de Biopolis, unha empresa especializada neste campo con sede en Valencia. Segundo Ramón Vidal, non hai un só dato científico que demostre riscos maiores ca o resto de alimentos. Sobre o consumo destes produtos en España, este investigador asegura que é moi baixo e que está perfectamente etiquetado. Ademais, afirma que os transxénicos son ecolóxicos, porque aumentaron a produtividade dos cultivos e reduciron o uso de pesticidas tóxicos coa natureza.

Por que defende o uso dos transxénicos?

Porque poden darlles solucións a problemas importantes da humanidade.

Como cales?

Nos vindeiros 30 anos seremos 9.000 millóns de persoas (agora somos 7.000 millóns) e perderase o 10% da superficie de cultivo. Coa transxenia pódese cultivar en lugares agora impensables, mellorar propiedades nutricionais dos alimentos, etc. Na India reduciron un 70% o uso de insecticidas tóxicos coa natureza. Agora ben, non eliminarán a fame no mundo, porque para iso precísanse medidas políticas e sociais adecuadas.

Poderíase dicir que son ecolóxicos?

Podería, porque aumentan a produtividade e reducen o impacto ambiental. O millo Bt non precisa un insecticida químico porque produce unha proteína tóxica para a praga. Algúns países con cultivos de soia transxénica reduciron o uso de herbicidas ata nun 90%.

Daquela non son nocivos para a saúde e para a natureza como sosteñen os seus detractores?

No hai un só dato científico que avale esas afirmacións. Non se pode falar de risco cero, porque todo ten algo de risco, incluída a chamada agricultura ecolóxica.

¿En España consúmense transgénicos?

En 1998 unha coñecida organización ecoloxista bloqueou a venda de transxénicos nas grandes superficies de distribución. Agora pódese atopar algún produto perfectamente etiquetado segundo a lexislación vixente, pero de xeito anecdótico.

Pode haber algún produto transxénico sen etiquetar?

O sistema de detección garante que a fraude é mínima.

Cúlpaselles de estaren vendidos ás multinacionais.

Esa afirmación cae polo seu propio peso: a conspiración mundial non existe. E non hai que esquecer que as organizacións que critican tamén teñen os seus intereses económicos.

Non se levaron en exceso ao extremo as posturas sobre este tema?

Hai xa bastantes anos deixou de ser un debate técnico para converterse nun ideolóxico, político. O mesmo que coas células nai, o cambio climático ou en España coa auga.

A sociedade polo tanto non coñece en realidade que son os transxénicos.

Non, e niso a comunidade científica ten parte da culpa, non o soubemos explicar. Pero tamén me pregunto onde estaban os medios de comunicación públicos para facer este debate.

Que lles diría aos consumidores?

Que se fíen de quen ten a experiencia e o coñecemento científico en seguridade alimentaria: a Organización Mundial da Saúde (OMS), a Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria ou a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN). E lembraríalles as palabras dunha das grandes científicas da historia, Marie Curie: ao descoñecido non hai que terlle medo, hai que entendelo.

Os consumidores non entenden que son os transxénicos?

Non, porque de o saberen cambiaría a actitude negativa. Un alimento transxénico está feito como a insulina transxénica ou os texanos "lavados á pedra". Todo o que comemos sufriu melloras xenéticas mediadas ao chou pola man do home dende hai séculos. Agora temos a enxeñería xenética, que permite illar de xeito seguro xenes concretos, estudalos e introducilos. Aplicada ao deseño dun alimento produce transxénicos.

Multinacionais como Monsanto son acusadas de crearen sementes que só xermolan á súa vontade e de privar aos pobos indíxenas das sementes autóctonas.

Non hai ningunha semente transxénica comercializada coa "tecnoloxía terminator" da que tanto se falou. Si obrigan a asinar un contrato para que non se produza a semente para uso propio. E ningunha das modificacións xenéticas actuais no mercado utilizou xenes de cultivos autóctonos. Esta polémica só se dá en Europa, porque a inmensa maioría dos países apostan pola transxenia.

Non hai polémica no resto do mundo?

Nin de lonxe. Nos Estados Unidos consumen transxénicos dende hai quince anos e non tiveron problema de seguridade alimentaria ningún. China, India ou Latinoamérica son produtoras masivas de transxénicos. O crecemento do ano pasado en Brasil foi espectacular: xa é o segundo país do mundo con maior superficie cultivada.

Non é necesario o principio de precaución como reclaman os ecoloxistas?

Este cómpre aplicalo cando hai unha mínima evidencia de perigo, e este non é o caso. Dende que sae do laboratorio ata que se vende no mercado un produto transxénico pasa entre sete e dez anos de avaliacións de impactos sanitarios e ambientais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto