Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizados 125 ximnasios en 18 capitais españolas: A atención ao cliente e mais o asesoramento médico-deportivo continúan a ser deficientes

As diferenzas son significativas: un 14% dos establecementos non supera o exame da revista, mentres que un de cada tres logra o "moi ben" ou "excelente"

Actividades para todos os gustos

A elección dun ximnasio non é tarefa doada por mor da gran variedade de centros e a cantidade de actividades que ofrecen. Os establecementos deportivos son cada vez máis grandes e a súa gama de servizos aumenta ano tras ano. Por iso, convén informarse do que ofrece cada establecemento e elixir o que mellor cumpra coas necesidades persoais. As actividades que máis se ofertan son aeróbic, step, fitness ou musculación, Pilates, GAP (glúteos, abdominais e pernas), ximnasia de mantemento e spinning ou ciclismo indoor, e impártense en oito de cada dez establecementos deportivos analizados. Tamén son moi comúns as actividades de baile ou danza, as artes marciais e mais o ioga.

Ademais, un número importante de usuarios acode ao ximnasio para realizar exercicio en máquinas. Na metade dos centros había unha gran variedade, no 44% estas eran suficientes e só nun 6% dos establecementos se observou que eran insuficientes, en un de Madrid, Valencia, Alacante, Murcia e Pamplona. Igualmente importante é que haxa espazo abondo entre unhas máquinas e outras. Non só é unha cuestión de comodidade, senón tamén de seguridade: evítanse así choques con outra persoa ou obxectos ao realizar os exercicios. Detectáronse carencias deste tipo no 6% dos 125 ximnasios analizados.

TÁBOA COMPARATIVA

Valoración final dos ximnasios visitados por EROSKI CONSUMER
Cidade Horarios e aspectos relacionados coas tarifas(1) Atención e asesoramento ao cliente(2) Estado das instalacións(3)
A Coruña Aceptable Aceptable Moi ben
Alacante Ben Regular Moi ben
Barcelona Aceptable Regular Moi ben
Bilbao Aceptable Regular Excelente
Córdoba Ben Regular Moi ben
Granada Ben Regular Excelente
Logroño Regular Aceptable Moi ben
Madrid Ben Mal Moi ben
Málaga Moi ben Regular Moi ben
Murcia Aceptable Aceptable Moi ben
Oviedo Aceptable Aceptable Moi ben
Pamplona Ben Regular Moi ben
San Sebastián Ben Regular Excelente
Sevilla Ben Mal Excelente
Valencia Aceptable Mal Moi ben
Valladolid Aceptable Regular Moi ben
Vitoria Aceptable Regular Moi ben
Zaragoza Aceptable Regular Excelente
Total Aceptable Regular Moi ben
Cidade Servizos básicos(4) Valoración final(5) Relación calidade/prezo(6)
A Coruña Aceptable Aceptable Ben
Alacante Ben Ben Ben
Barcelona Moi ben Ben Ben
Bilbao Moi ben Ben Ben
Córdoba Moi ben Ben Moi ben
Granada Ben Ben Ben
Logroño Aceptable Aceptable Aceptable
Madrid Aceptable Aceptable Aceptable
Málaga Aceptable Ben Ben
Murcia Regular Aceptable Aceptable
Oviedo Aceptable Aceptable Aceptable
Pamplona Aceptable Ben Aceptable
San Sebastián Aceptable Ben Aceptable
Sevilla Ben Ben Ben
Valencia Ben Aceptable Aceptable
Valladolid Aceptable Aceptable Ben
Vitoria Ben Ben Aceptable
Zaragoza Moi ben Ben Aceptable
Total Ben Ben Ben

(1). Horarios e aspectos relacionados coas tarifas: analizouse o número de horas que os ximnasios permanecen abertos en días laborais e mais en sábados, domingos e festivos, se pechan por vacacións, e aspectos relacionados cos prezos, como se cobran matrícula, a exposición das tarifas ao público, a obrigatoriedade de domiciliar a cota, se ofrecen diferentes prezos para diferentes franxas horarias, etc.

(2). Atención e asesoramento ao cliente: valoráronse cuestións como a titulación do persoal do establecemento deportivo, se en cada sala hai un monitor para axudar aos usuarios, se hai servizo de adestrador persoal, se inclúen seguro médico, se dispoñen de servizos médicos ou se realizan un exame médico previo

(3). Estado das instalacións: Valorouse a súa conservación, mantemento e limpeza de todas as dependencias, incluíndo salas, vestiarios, duchas, aseos e baños.

(4). Servizos básicos: analizouse a oferta dos servizos dos ximnasios. Tivéronse en conta os básicos, como as actividades máis demandadas polos clientes, se os centros teñen ou non SPA, se hai máquinas abondas e variadas e mais o seu estado. E no tocante aos vestiarios observouse o número de duchas individuais, se dispoñen de xabón, papeleira, etc.

(5). Valoración final: nota media final dos catro apartados anteriormente sinalados.

(6). Relación calidade/prezo: nota final entre o prezo dos ximnasios (custo da mensualidade e da matrícula).

Prezo da cota mensual dos ximnasios: canto se pode aforrar?
Cidade

Custo medio da mensualidade (en euros)

A mensualidade máis cara (en euros)

A mensualidade máis barata (en euros)

Aforro máximo posible(1) (en euros)

Porcentaxe de aforro
A Coruña 46 54 36 18 33%
Alacante 47 67 33 34 51%
Barcelona 57 79 37 42 53%
Bilbao 66 115 42 73 63%
Córdoba 39 50 35 15 30%
Granada 65 100 40 60 60%
Logroño 55 79 43 36 46%
Madrid 65 125 36 89 71%
Málaga 48 68 39 29 42%
Murcia 48 55 38 17 31%
Oviedo 53 67 40 28 41%
Pamplona 57 71 45 26 37%
San Sebastián 65 85 43 42 49%
Sevilla 51 71 30 41 58%
Valencia 72 160 33 127 79%
Valladolid 42 60 33 27 45%
Vitoria 63 68 57 11 16%
Zaragoza 62 90 40 50 56%
Media 56 160 30 130 81%

(1)Aforro máximo posible: calculouse a diferenza entre o custo medio da mensualidade máis cara e a máis barata para obter a cantidade que é posible aforrar en cada cidade.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto