Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizados 125 ximnasios en 18 capitais españolas: A atención ao cliente e mais o asesoramento médico-deportivo continúan a ser deficientes

As diferenzas son significativas: un 14% dos establecementos non supera o exame da revista, mentres que un de cada tres logra o "moi ben" ou "excelente"

Instalacións en plena forma

  O estado das instalacións foi moi satisfactorio en case todos os establecementos. Só tres ximnasios mostraban carencias que lles impedían superar o exame da revista. Destacan positivamente os ximnasios de Bilbao, Granada, San Sebastián e Zaragoza, que obteñen un "excelente" de nota media. O resto das cidades acada un máis ca positivo "moi ben" neste apartado. Unicamente un ximnasio de Murcia tiña as salas de exercicios colectivos con defectos de limpeza e conservación. Case todos os recintos (arredor dos 95% dos observados) contaban con chan con tarima e espellos, aínda que un de cada catro carecía de bancos e de colgadoiros de roupa.

O estado de mantemento das máquinas é outro dos elementos que definen a calidade dun ximnasio. Tan só en dous centros (foron ata 13 no estudo do 2008) había perigo de bater coas partes saíntes das máquinas (localizados nun ximnasio de Murcia e outro de Alacante). Nos máis dos ximnasios visitados, o material estaba perfectamente ordenado, aínda que nun 4% (un centro de Vitoria e outros dous de Logroño) se observou algunha máquina ou aparato roto ou moi vello.

No tocante aos vestiarios as valoracións tamén son satisfactorias: o 91% dos ximnasios conta con vestiarios espazosos, duchas individuais suficientes e con regulador de temperatura da auga. En similar proporción contaban con chan antiesvaradío. Ademais, no 92% dos vestiarios había consignas (os menos provistos eran os ximnasios de Vitoria, Logroño e Alacante). Respecto á limpeza tamén hai resultados satisfactorios: só nun 3% dos vestiarios se observaron carencias neste sentido, o 98% conta con papeleiras e mesmo un 73% dispón de secadores de pelo para os usuarios. Todos dispoñen de papel hixiénico e de espellos na zona de lavabos.

A maioría dos ximnasios visitados son accesibles. Os técnicos da revista consultaron en cada centro se era posible que unha persoa en cadeira de rodas se apuntase para facer uso das instalacións e no 60% (no 2008 só se podía no 40% dos centros) a resposta foi afirmativa (aínda que en ningún de Logroño). Ademais, o 78% dos ximnasios visitados dispoñen de extintores abondos e distribuídos convenientemente, situación que mellora o escaso 60% do 2008. Non obstante, no 42% dos establecementos non se atoparon saídas de emerxencia (foron ata un 63% no estudo de 2008), mentres que nun 3% estaban sen sinalizar ou tiñan obstáculos que impedían a súa utilización.

Practicar exercicio dun xeito saudable

  1. Para evitar que a desmotivación nos faga abandonar practícaa de deporte, o apropiado é facelo en grupo ou na compaña doutra persoa que comparta esta afección.
  2. A constancia é clave para lograr os obxectivos propostos inicialmente. Convén respectar os descansos: tampouco é necesario que se faga unha actividade física os sete días da semana.
  3. Antes de comezar cómpre quecer e estirar, rutina que se debe repetir ao finalizar. Non se debe rematar a práctica de xeito repentino senón que hai que baixar o ritmo a unha intensidade o máis baixa posible. Deste xeito evitaranse lesións e maniotas.
  4. Nunca se debe superar a capacidade física e as posibilidades de cada persoa. Se a que fai exercicio nota que está sufocada, o mellor é diminuír o ritmo; se, ademais, se atopa, moi cansa ou incómoda, o máis atinado é parar a actividade física.
  5. Convén respirar correctamente: hai que coller aire polo nariz e expulsalo pola boca. Así osixenaranse os músculos e mellorará o rendemento.
  6. A auga é boa para regular a temperatura do corpo, xa que permite unha mellor suoración que beneficia a queima de calorías e a eliminación de toxinas. Se o exercicio se fai en zonas húmidas e/ou calorosas, é moi importante hidratarse ben antes, durante e despois do exercicio.
  7. Convén inxerir comida lixeira antes de facer deporte, por exemplo froita fresca e verduras. Comer unha hora e media ou dúas horas antes de iniciar o exercicio físico. Combinar unha dieta equilibrada coa realización de exercicio físico é esencial para gozar dun bo estado de saúde.
  8. Para a práctica de deporte, a roupa ten que ser a axeitada: lixeira, transpirable, que favoreza a liberdade de movementos e mais a perda de calor corporal. Recoméndase o uso de prendas de cores claras e fabricadas con fibras naturais (por exemplo, algodón).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto