Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Sergio De Otto, Patrón da Fundación Renovables: "Os consumidores non precisarán das grandes compañías eléctricas grazas ás renovables"

 As enerxías renovables españolas perderon o seu liderado mundial e 26.000 empregos nos dous últimos anos. Se os consumidores coñecesen as súas vantaxes e o Goberno non se pregase ás empresas de enerxías convencionais, a situación sería ben distinta. Así o sinala Sergio de Otto, patrón da Fundación Renovables, unha organización de expertos do sector e de cidadáns que teñen como obxectivo acadar o máis axiña posible o cambio cara a un futuro 100% renovable. Segundo De Otto, os consumidores poderémonos abastecer coa enerxía renovable que xeremos na casa sen necesidade das compañías eléctricas.

Cales son as principais vantaxes das enerxías renovables?

Son autóctonas, non precisamos importar uns combustibles fósiles dos que non dispomos, o seu impacto na natureza é mínimo con respecto ás non renovables, como o petróleo, e son unha fonte de riqueza e de decenas de milleiros de postos de traballo en España. Pero as renovables deben ir acompañadas de novos plans de aforro e eficiencia, que deberían levar por exemplo a rehabilitar enerxeticamente os vinte e tantos millóns de edificios que hai en España.

Se son tan boas, por que non se apoian máis?

Primeiro porque non se coñecen ben. E porque as grandes empresas das enerxías "convencionais" están a facer todo o posible para que este cambio ou non se produza ou o faga o máis devagar posible. O preocupante non é isto, senón que o goberno se pregue aos seus intereses. O futuro será 100% renovable, pero dependerá de que o pulso entre uns e outros se faga máis cedo ou máis tarde.

Abastecerémonos só con enerxías renovables?

Sen dúbida ningunha. A cuestión é pórlle a data. Algunhas institucións europeas xa valoran esa posibilidade para o 2040. O sol mándanos máis de 300 veces a enerxía que precisariamos os habitantes todos do planeta se consumísemos como estadounidenses, que son os que máis enerxía gastan. Non estamos condenados a queimar petróleo, gas ou carbón.

Os consumidores poderémonos autoabastecer coa enerxía renovable que xeremos na casa?

Si, será posible. Nos vindeiros meses presentaremos un estudo, "A democratización da enerxía", no que explicamos como imos pasar de consumidores de enerxía a produtores, xestores e usuarios.

Non parece algo utópico?

Se hai 15 anos alguén nos dixese que hoxe as renovables ocuparían case o 40% do noso mix eléctrico diriamos que era unha utopía, e mais hoxe é unha realidade. Hai que seguir este camiño. Non necesitamos as tecnoloxías do pasado, e podémolas substituír máis á présa do que se coida.

As grandes compañías van quedar sen o gran negocio da enerxía?

Terán un papel distinto, aínda que sempre poderá haber actividades propicias para elas.

Así e todo, vostedes afirman que o novo Plan de Enerxías Renovables 2011-2020 (PER) do Goberno freará o desenvolvemento destas tecnoloxías.

Así é, porque marca uns obxectivos moi tímidos. Denunciamos que está feito para consumir moito gas na xeración eléctrica, para tranquilizar aos sectores convencionais.

Non se fixo para evitar o seu crecemento insostible e que os consumidores non paguen en exceso por elas, como se sinalou dende o Goberno?

As renovables non medraron demasiado por dous motivos clave: porque seguimos co reto do cambio climático (España está camiño de incumprir o Protocolo de Kioto), e porque somos un dos países con maior dependencia enerxética do exterior (o 90%).

As renovables non supoñen un sobrecusto excesivo para os consumidores?

Quen diga iso falsea a realidade. Se non existisen as renovables, o prezo da enerxía subiría. O que evitamos só en importación de gas equivale case ás primas ás renovables. Que é mellor? Investir eses milleiros de millóns de euros en España, xerando emprego, ou nos países produtores de gas e petróleo? Ademais, na factura da luz hai cousas moito máis graves para os consumidores ca as primas ás renovables. Tampouco nos lembramos de que pagamos unha gasolina entre un 15-20% máis cara ca o ano pasado.

Canto pagan en concreto os consumidores?

O custo das renovables para un fogar español medio é de 18-20 euros ao ano. Se os consumidores coñecesen as súas vantaxes, pagarían encantados. O petróleo e o gas subirán si ou si mentres que as renovables son cada vez máis baratas. Se non se aposta por elas, os consumidores pagarán seguro facturas cada vez máis caras.

Tense criticado a construción dalgúns parques eólicos. Son ataques infundados?

É posible que algún dos máis de 800 parques eólicos instalado en España se construíse nun lugar pouco axeitado. Agora ben, estanse a producir algunhas sentenzas moi preocupantes contra parques nos que os promotores cumpriron todos os trámites administrativos e obtiveron as autorizacións ambientais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto