Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Vender unha casa, misión imposible?

O vendedor debe ser consciente de que sobrevalorar o prezo da súa vivenda fará moi difícil a súa venda e considerar a opción dunha rebaixa

  "Véndoche o meu piso. Acabado de reformar. Boa situación. Urxe. Prezo negociable". Este é un máis dunha morea de anuncios que dende hai un tempo invaden farois, xornais, webs especializadas, marquesiñas de autobús... Non hai dúbida de que se produciu un cambio de ciclo no sector inmobiliario, e que atrás quedaron os anos de bonanza económica cando todo se vendía "case" ao prezo que ao propietario lle petaba.

E é que xa non abonda co típico cartel de cores rechamantes colgado no balcón ou no portal da vivenda. O vendedor debe agora espremer todas as posibilidades para seducir o comprador, que agora máis ca nunca ten onde elixir. A conta atrás comezou para moitos: o tempo pasa pero o seu cartel de "Véndese" non desaparece da fiestra. É o momento de repensar a estratexia. O primeiro paso? Revisar o prezo de venda do inmoble.

A resposta está no prezo

Non hai dúbida de que o prezo do piso é unha das cuestións que lle quita o sono a un bo número de propietarios. É obvio que o elemento clave para que un inmoble se venda é o seu prezo, e hoxe máis ca nunca este valor non debe estar sobredimensionado, senón que se debe axustar ao máximo.

O vendedor debe saber que de nada serve compararse co veciño de arriba, e co prezo que el conseguiu pola venda do seu piso o ano pasado. Pero, como é lóxico, os propietarios aínda arrastran as técnicas de venda que funcionaban antes de que comezase a crise do ladrillo. Nese momento reinaba a máxima de "agardar é gañar". Agora ben, hoxe esta estratexia xa non serve. Esperar, nestes momentos, significa non vender. Para solucionalo, os prezos sobrevalorados que teñen algúns inmobles deben axustarse ata atopar comprador, sempre e cando o propietario necesite vender a toda présa. Se, pola contra, goza dunha marxe de tempo considerable, non é de todo desaconsellable que non rebaixe o seu prezo de saída e que o manteña.

Outro dos erros máis comúns é fixar o prezo de venda da casa co único criterio de "canto me fai falta?". En moitas ocasións, ao intentar responder a esta pregunta os propietarios elixen prezos que están por riba do verdadeiro valor do inmoble, que cobren as súas necesidades pero que resultan irreais.

Como calcular a rebaixa?

  Os expertos inmobiliarios estiman que un piso de segunda man tarda entre 9 e 12 meses en venderse, unha vez que o seu propietario se viu obrigado a rebaixar o seu prezo. Pero a pregunta é: canto ten que baixalo? É moi aconsellable que o propietario que se atopa nesta tesitura elabore por si mesmo un pequeno estudo de mercado que lle axude a calcular o verdadeiro valor da súa vivenda. No prezo dun inmoble inflúen múltiples factores: o tamaño da vivenda, o barrio e a rúa onde atopa, a antigüidade do terreo, a calidade do portal e as escaleiras, o estado de conservación do interior da vivenda, se ten terraza ou non...

Por iso, para decidir cal é o prezo xusto da súa casa, quen desexe vender ten que acoutar o seu estudo de mercado á zona na que está situado o seu inmoble e seleccionar un conxunto de vivendas similares que se atopen en venda. Despois, deberá intentar coñecer os prezos que fixaron os seus respectivos propietarios e comparar o importe e as prestacións de cada unha delas coa que el mesmo posúe. Chegados a este punto, hai que ser moi estrito e xulgar con absoluta imparcialidade. Ademais, cómpre ser crítico e observar a propia vivenda cos ollos cos que a mirarían os posibles compradores. Todo isto será de grande axuda para que o vendedor fixe un prezo de mercado razoable. Porque hai moita xente que tende a sobrevalorar a súa casa por esta razón, porque é súa.

Adeus ao cartel fosforito

Ata hai ben pouco tempo, o cartel de cores rechamantes era o instrumento indispensable ao que os particulares acudían para facer saber que a súa propiedade estaba á venda. Hainos de cores, reimpresos, de tea de hule específicos para exteriores... Pero é tal a saturación de anuncios en portais e fiestras que moitas veces lle pasan inadvertidos ao ollo humano.

  Este é o momento para que os vendedores se esforcen un pouco e realicen investimentos para lle dar publicidade á súa casa. O cartel convencional de "Véndese" hai que mantelo, pero hai que ir máis alá e confiar noutros soportes. Para conseguilo, é moi recomendable elaborar un bo anuncio que recolla todo aquilo que os vendedores queren transmitir da súa vivenda e colgalo en portais web especializados no mercado inmobiliario, sen esquecer outros medios como a prensa escrita ou os cadernos especializados. O texto debe incluír: o prezo, o tamaño construído e útil da vivenda, o número de cuartos e o estado do inmoble, e mais información sobre medios de transporte, se hai escolas preto ou calquera outra mensaxe positiva do barrio no que se atopa a vivenda. Para rematar, un teléfono ou correo electrónico de contacto.

Outro punto interesante é saber explotar as posibilidades que brinda Internet e ofrecer deste xeito moita máis información útil. Así, o anuncio debería ir acompañado dun bo número de fotografías de calidade. Nelas débense amosar todos os espazos da vivenda e, en especial, a cociña e o baño con detalle do estado dos electrodomésticos e sanitarios. Mesmo moitas destas webs permiten aos vendedores colgar vídeos dos seus inmobles que recrean cun alto grao de realismo os cuartos da casa.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto