Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Quero engordar e non dou, como fago?

Non se trata de satisfacer o apetito con comidas copiosas, graxentas e moi caloríficas, senón de tomar porcións moderadas cunha composición nutricional excepcional

  Si, si, escoitou ben. Non todas as dietas que se seguen teñen como obxectivo perder peso. Mentres que moitas persoas están preocupadas por perder eses quilos que lles sobran, outras pretenden xusto o contrario: engordar. O fin é o mesmo en ambos os dous casos: acadar unha figura coa que se sentir mellor e recuperar a saúde. Alén do motivo concreto, o esforzo que debe facer unha persoa que desexa gañar uns quilos é tan importante como o de quen precisa perdelos. No aspecto dietético, inxerir máis calorías das que se gastan é a principal vía para conseguilo, pero a algunhas persoas resúltalles moi difícil, case imposible, engordar por riba dun peso determinado, malia comeren de todo o que queren e tanto como queren. Estas persoas alcanzan o peso que o organismo entende como "propio" do individuo, aínda que non se corresponda co estimado pola persoa. Outras persoas, como as que padecen trastornos alimenticios (por exemplo anorexia) non dan engordado porque non queren, malia que unha "dieta para engordar" se converte para elas en parte esencial da terapia. Isto é algo esencial tamén no caso dos enfermos en coidados paliativos, con cancro en determinadas fases da enfermidade, inmunodeprimidos, etc. E é que unha boa alimentación e a preparación de pratos que estimulen o apetito axudan a afrontar con maior garantía de éxito a recuperación da desnutrición e mesmo a curación da enfermidade.

Non todo vale para engordar

A primeira condición para gañar peso é aumentar graxa (ata un límite saudable) e masa muscular. A base deste propósito é seguir unha dieta equilibrada que achegue máis calorías das que gasta o organismo. Quen estea san e delgado pode pensar que ten vía libre para comer o que "menos convén" na cantidade que se lle antolle e coa frecuencia que desexe. Pero non todo vale para engordar sen comprometer a saúde. Non é conveniente almorzar a diario produtos de bolería e repostería, tomar pasteis de sobremesa, untar o pan con manteiga ou acompañar as comidas con natas, maionesas ou salsas similares. A recomendación dun consumo esporádico deste tipo de produtos por ser demasiado graxentos e/ou azucrados serve para toda a poboación, sen matices. Non hai dúbida de que con esta práctica se dá aumentado o peso, pero non é a vía máis axeitada nin saudable para facelo.

  O obxectivo para engordar dun xeito san, sen comprometer a saúde nin o funcionamento correcto dos distintos órganos (corazón, sistema circulatorio, fígado...) é elixir alimentos que destaquen no nutricional por ser concentrados en enerxía pero cunha composición en nutrientes de calidade: proteínas de alto valor biolóxico, hidratos de carbono complexos en máis proporción ca simples e preferencia polas graxas insaturadas sobre as saturadas, sen oco para as graxas trans (ácidos graxos parcialmente hidroxenados).

O resultado é unha dieta que combine alimentos e receitas apetitosas, do gusto de quen precisa comer máis, coa característica nutricional de seren enerxéticas, proteicas e reconstituíntes. Neste marco dietético, a achega extra de calorías realizarase a través da inxestión de cereais e derivados (arroz, cuscús, pasta, pan, con preferencia polas versións integrais), legumes, froitos secos, sementes de sésamo, aceite de oliva e alimentos graxos como as olivas ou o aguacate. O ovo (sobre todo a clara, que é a patroa proteica de referencia alimentaria), os peixes e as carnes magras garanten a achega proteica de calidade xunto coa combinación acertada de leguminosas e cereais, e sen que falten os lácteos.

Non esquecer o exercicio

 Unha condición que debe acompañar á dieta é a práctica de exercicio físico regular, unha combinación que optimiza o aumento da masa muscular. Os exercicios localizados de brazo, abdominais, pernas ou glúteos teñen como finalidade aumentar a masa muscular do corpo. O músculo que se vai formando pesa, e así o reflicte a báscula. Outra vantaxe da práctica de exercicio sobre o aumento de peso é que estimula o apetito e mellora o estado de ánimo.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto