Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

A cidade flotante do transporte

Cheiro a industria e a salitre, guindastres xigantes de cores primarias rubindo cara ao ceo, camións avanzando en hora punta, milleiros de colectores de mercadoría amoreados, vagóns de tren, buques pesados en plena descarga... Así soa a sinfonía cotiá nun porto comercial.

  
Vista panorámica del Puerto de Bilbao desde el monte Serantes (Santurtzi). Rubén García Blázquez

Baixo a batuta da Autoridade Portuaria

España conta con 46 portos comerciais, espazos regulados pola súa propia normativa e xestionados por unha Autoridade Portuaria vinculada ao Ministerio de Fomento. Entre as súas tarefas está a de ceder, mediante licenzas ás empresas privadas (estibadoras, navieiras, de almacenaxe e depósito, etc.) un espazo no porto para que realicen a súa actividade con plenas garantías.

  
Agente de la Policía Portuaria controlando el tránsito de pasajeros de un crucero en la estación marítima de Getxo. Rubén García Blázquez
  
El Puerto de Bilbao tiene 350 hectáreas de superficie terrestre y 1.972 de superficie de flotación en las que operan decenas de empresas. Rubén García Blázquez

Creadores de emprego e riqueza

Máis da metade do comercio exterior español co resto da Unión Europea pasa por algún dos nosos portos. A súa actividade representa máis do 1% do PIB español e dálles traballo a preto de 150.000 persoas. Calquera compañía que exporta os seus produtos ou que os importa por mar contrata os servizos dos transitarios, empresas especializadas que xestionan todas as operacións administrativas e de transporte deica o lugar de destino. Ocúpanse de almacenar a mercadoría, de solicitar os permisos, de contratar os seguros e de todos os trámites necesarios para entregar a mercadoría no seu destino.

  
Fila de camiones esperando el turno para entrar en la terminal de contenedores. Rubén García Blázquez
  
Un buque abandona el muelle de graneles sólidos y cargas secas. Rubén García Blázquez

Mercadorías, pasaxeiros e transporte rodado

Nos diversos peiraos do porto operan as empresas estibadoras, que se encargan de cargar e descargar dos buques, mediante guindastres, as mercadorías. Os peiraos divídense e distínguense en función do tipo de carga: os de graneis líquidos, para produtos petrolíferos e químicos e aceites; os de sólidos, para ferralla, cemento e minerais; os terminais de colectores, que admiten produtos variados, e os peiraos de mercadoría xeral. Os portos de interese xeral tamén dispoñen de terminais de cruceiros e contan con peiraos habilitados onde embarcan e desembarcan ferris e barcos que transportan automóbiles e camións.

  
Dique de Poniente y atraque para productos petroliferos (Zierbena). Rubén García Blázquez
  
Muelle de graneles sólidos. Rubén García Blázquez
  
Muelles de mercancía general. Rubén García Blázquez
  
Zona industrial del Puerto de Bilbao. Planta de gas y energía eléctrica. Rubén García Blázquez
  
Embarque de camiones en el ferry Cap Finisterre con destino a Portsmouth desde uno de los muelles provistos con rampa RO-RO. Rubén García Blázquez
  
Salida del ferry Cap Finisterre. Rubén García Blázquez
  
Entrada en la terminal de cruceros del buque Grand Mistral tras su travesía por Brujas, Amsterdam, Dover y Le Havre. Rubén García Blázquez
  
Desembarco de pasajeros del Grand Mistral en la estación marítima de Getxo. Rubén García Blázquez

A versatilidade do colector

Amais dos guindastres, propios da paisaxe portuaria, se algo chama a atención do espectador profano son os terminais de colectores. Facilitan os labores de carga e descarga e permiten que un mesmo barco viaxe con mercadoría de múltiples clientes. Ademais, empréganse como unha unidade de medida para contabilizar doadamente a carga: un colector de 20 pés, que mide seis metros de longo e que pode transportar máis de 20 toneladas, equivale a un TEU, unha unidade de medida de carga no transporte marítimo.

  
Vista parcial de la terminal de contenedores desde el monte Serantes (Santurtzi). Rubén García Blázquez
  
Grúa transtainer de una estibadora descargando contenedores del buque Marcalabria. Rubén García Blázquez
  
Grúa transtainer desde otro ángulo. Rubén García Blázquez
  
Transtainer colocando la carga en un remolque con la ayuda de varios operarios. Rubén García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar


Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto