Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Proba práctica: tres aplicacións de mensaxería multimedia para teléfonos móbiles: WhatsApp é a aplicación máis completa e dispoñible para un maior número de dispositivos, pero tamén a máis intrusiva

  As tarifas planas de acceso a Internet dende o móbil abriron a porta a novas posibilidades de uso. Algunhas das máis populares son as aplicacións que, xa sexa mediante redes 3 G ou conexións a redes wifi, nos permiten manternos en contacto cos nosos achegados sen necesidade de enviar mensaxes curtas SMS nin facer chamadas de teléfono. É un xeito de non incrementar os gastos na factura do teléfono, xa que utilizamos o plan de datos contratado para estar en contacto cos nosos. É moi útil tamén para usuarios que queiran manter o contacto a través do móbil con amigos e familiares de países estranxeiros sen os custos asociados de roaming.

No 2010 os ingresos das operadoras de telecomunicacións por SMS supuxeron só un 8% do total, fronte ao 12% que significaron no 2008 e lonxe das cifras de hai sete anos, onde case chegaron a ser o 30% dos ingresos. Este descenso está motivado polo auxe destas aplicacións, pero tamén polo acceso dende os móbiles a redes sociais como Twitter e Facebook, os novos modos de comunicación entre as persoas. Para competir cos programas de chat entre teléfonos, Facebook lanzou o seu propio servizo, que xa está dispoñible para os celulares do noso país.

EROSKI CONSUMER realizou unha proba de uso das tres aplicacións móbiles de mensaxería instantánea multiplataforma -que se poden usar con distintos sistemas de móbiles- máis populares para coñecer cales son as súas vantaxes e inconvenientes.

As aplicacións seleccionadas son:

Para levar a cabo esta proba de uso instalamos as versións dos tres programas creadas para o sistema operativo Android 2.2.1. Por mor das diferenza entre sistemas operativos móbiles, as aplicacións poden ter cambios menores entre as diferentes versións existentes. Non obstante, as súas características e funcionalidades principais son as mesmas.

Características comúns

Estas aplicacións permiten enviar mensaxes instantáneas sen as limitacións de espazo das mensaxes curtas SMS e sen os seus custos. Non obstante, para facer posible esta comunicación cómpre que os usuarios teñan instalado o mesmo programa, xa que só son compatibles entre elas. A diferenza doutros servizos de mensaxería instantánea, funcionan con independencia de se o usuario está conectado á aplicación ou non. É dicir, unha vez instalado o programa, os nosos contactos pódennos enviar mensaxes en calquera momento sen necesidade de que esteamos conectados. Estes servizos dispoñen de avisos mediante iconas do estado da mensaxe para informar os usuarios.

Diferenzas

  WhatsApp utiliza a axenda de contactos do móbil para buscar entre os números de teléfonos quen está rexistrado no servizo e amosa así todos os contactos dispoñibles. Kik Messenger necesita que cremos unha identidade (IDE) para poder funcionar, aínda que busca na axenda de contactos as mensaxes de correo dos usuarios que estean xa dados de alta na plataforma para amosalos como suxestión de contacto. PingChat!, en cambio, permite que nos deamos de alta mediante o número de teléfono e cunha identidade. Por outra parte, WhatsApp e PingChat! permiten enviar non só mensaxes de texto, senón tamén fotografías, vídeos e audio.

O mellor para:

  • Enviar imaxes, textos e audio: WhatsApp
  • Maior número de usuarios: WhatsApp
  • Dispoñible para máis sistemas operativos: WhatsApp
  • Utilizar en calquera terminal con Android: PingChat!
  • Contorno gráfico: PingChat!
  • Múltiples destinatarios: Kik Messenger

WhatsApp Messenger

  • O mellor: unha gran cantidade de usuarios utilízano.
  • O peor: intrusivo á hora de seleccionar contactos por defecto.

  Para poder utilizar WhatsApp cómpre confirmarmos o noso número de teléfono durante o proceso de rexistro. Este paso é necesario xa que o noso identificador na aplicación será o número de teléfono propio. Ademais, WhatsApp busca na nosa axenda de contactos todos os que estean rexistrados na aplicación para engadilos automaticamente ao listado de contactos do programa.

Esta acción, moi útil para localizar de xeito sinxelo aqueles amigos cos que poder utilizar WhatsApp, tamén ten algúns inconvenientes: ter que bloquear a man os que, malia estar incluídos na axenda, non desexamos ter en WhatsApp. Por outra banda, se algún usuario de WhatsApp ten o número de teléfono dun contacto na súa axenda, pero o contacto non o ten a el, poderá comunicarse sen que o outro usuario saiba quen é. Outra característica salientable é a posibilidade de poder chatear con varias persoas á vez mediante a opción "Group Chat", accesible dende o menú principal.

O custo de WhatsApp depende do sistema operativo móbil no que se instale. Mentres en iPhone ten un prezo único de 0,99 dólares, en terminais con Android, Blackberry e Nokia o primeiro ano é gratuíto e os seguintes tarifícanse a 1,99 dólares por ano.

PingChat!

  • O mellor: facilidade de uso.
  • O peor: non permite ter a mesma IDE en diferentes dispositivos.

  PingChat! é unha aplicación de mensaxería multimedia gratuíta dispoñible para os teléfonos móbiles iPhone, Blackberry e Android, pero non en Nokia, a diferenza de WhatsApp. Permítenos enviar mensaxes de texto, emoticonos, fotografías, vídeos e audios, e mais fixar a localización dos usuarios que estean na axenda de contactos.

Para enviar unha mensaxe multimedia con vídeo, imaxes ou audio, pódense seleccionar os arquivos existentes na memoria do terminal ou ben gravalos directamente co móbil para despois incorporalos á mensaxe que se vai enviar. O tamaño máximo dos arquivos adxuntos que podemos mandar é de dous megabytes. Tamén é posible facer chats en grupo.

Kik Messenger

  • O mellor: os datos están sincronizados nos servidores do servizo.
  • O peor: non permite enviar vídeos e audios.

  Kik Messenger é unha das aplicacións gratuítas de mensaxería instantánea que máis medrou nos últimos meses. Na actualidade está dispoñible para os teléfonos móbiles iPhone e Android a partir da versión 1.5. Nos seus inicios tamén dispuña dunha versión para Blackberry, pero atópase polo momento suspendida por un litixio de patentes con RIM, o fabricante deste teléfono.

O tipo de contido que se pode enviar é máis limitado ca o resto de aplicacións utilizadas nesta proba de uso. Kik Messenger só permite enviar texto, emoticonos e fotografías tomadas directamente dende a aplicación para envialas como mensaxe. Non deixa achegar imaxes gardadas na memoria do teléfono nin tampouco vídeos ou audios. Non obstante, si deixa crear chats en grupo.

Unha vez instalada a aplicación no móbil do usuario, Kik Messenger dispón dunha pantalla para crear unha conta nova ou ben acceder cunha xa existente. Isto permite poder utilizar Kik Messenger en diferentes dispositivos de xeito simultáneo. A aplicación non engade automaticamente os contactos que localiza, senón que hai que confirmalos de modo expreso.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto