Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

José Moyano, Presidente da Asociación Nacional de Editores de Libros de Texto (ANELE): "A utilidade fundamental do libro de texto reside no uso individual"

 A Asociación Nacional de Editores de Libros de Texto (ANELE) agrupa o 96% dos editores que publican en España libros e materiais destinados ao ensino regulado non universitario. O sector está aberto á colaboración coas administracións educativas que aplican políticas de gratuidade nas diferentes comunidades autónomas, aínda que, tal como sinala José Moyano, presidente da organización, consideran que as bolsas directas "son a solución máis equitativa e solidaria para axudar ás familias".

Cal é a tendencia que se prevé nos prezos dos libros de texto para este curso?

O ano pasado houbo un retroceso medio do 0,5%. Para este curso estimamos que a suba estará arredor dun 2%, é dicir, imos continuar por baixo do IPC. O sector do libro é consciente do gasto que supón para as familias a "volta ao cole" e nos últimos dez anos nunca foi un produto inflacionista.

Que opinión ten o sector editorial das políticas de gratuidade de libros de texto?

Non son relevantes as políticas de gratuidade, senón o sistema que elixen as administracións para implantalas e o modo en que se aplica. O empréstito de libros máis ca un modelo de gratuidade é un sistema de reutilización e as axudas directas o que fan é repartir o orzamento dispoñible entre os que máis o necesitan. ANELE está aberta a colaborar con todas as administracións, sexa cal sexa o sistema que apliquen, pero entendemos que as bolsas directas son a solución máis equitativa e solidaria que se pode adoptar para axudar ás familias.

Comporta algunha desvantaxe para os alumnos non ter os libros en propiedade?

Os libros de texto son un material de traballo persoal e a súa utilidade fundamental reside no uso individual que se fai do recurso educativo, do xeito máis conveniente para cada alumno. O subliñado, a esquematización de contidos ou completar actividades no libro de texto forman parte das técnicas de estudo que axudan a aprender. Por iso, dende o punto de vista pedagóxico, pensamos que o sistema de empréstito e reutilización non é o sistema máis idóneo para o estudante.

Como repercute nos fogares a non permanencia dos libros de texto así que remata o curso?

Preocúpanos que as políticas de gratuidade lle xeren unha impresión á poboación de que todo é gratis. Non valorar o libro, a creación ou os dereitos de autor é unha política nefasta que fai un dano enorme e que prexudica no máis identitario do noso país, que é noso patrimonio cultural.

Así e todo, o empréstito de libros existiu sempre pola reutilización entre irmáns ou polo intercambio con amigos.

Entre o 20% e 24% dos alumnos reutilizan os libros que reciben doutros membros das familias, de amigos ou coñecidos, pero non é o mesmo esta porcentaxe, que se dá de xeito natural, que instaurar un sistema oficial baseado no empréstito. O sector editorial en España supón preto do 1% do PIB e produce preto de 36.000 empregos directos. As políticas que van en contra do sector son prexudiciais, non só porque van en detrimento da calidade dos recursos, senón tamén porque afectan a un sistema estratéxico para a cultura e a economía do noso país.

Estas políticas van en contra da liberdade de prezos que rexe no mercado?

Esta é unha das incoherencias que atopamos no sector. Non ten sentido que se promulgue unha lei na que se fai unha aposta decidida por un réxime de prezos libres e que sexa a propia administración, que defende esa lei, a que non a respecte e marque cantidades limitadas a subvencionar, que ao final se converten en prezos encubertos. Isto é inconsistente e vulnera a legalidade de modo manifesto.

Que lugar ocupa o libro de texto na actividade docente cotiá?

Os resultados dos estudos da Universidade de Santiago de Compostela sobre como se percibe o sistema de empréstito de libros en varias comunidades onde está implantado este modelo son moi significativos. Segundo estes informes, os profesores e os equipos directivos valoran como recurso educativo fundamental os materiais elaborados polas empresas editoriais. É dicir, o libro de texto é o núcleo central da actividade docente e ten un peso moi forte na programación escolar. Isto non significa que sexa o único recurso, hai moitos profesores que elaboran o seu propio material e utilizan outros complementos nas aulas, pero dende o punto de vista didáctico, o libro de texto é o principal referente.

Cal é a situación actual da edición dixital de libros de texto en España?

Hai máis de dez anos que o sector editorial produce contidos dixitais complementarios. Pero o pupitre dixital necesita o soporte de catro patas para se poder soster: formación completa do profesorado, dotación de recursos abondos, conectividade de calidade e contidos educativos dixitais, que é o que depende de nós. Podemos producir milleiros de produtos, pero o problema é que non se poden utilizar de xeito adecuado porque non se dispón da infraestrutura suficiente nos centros.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto