Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Leite de vaca, un alimento seguro e nutritivo

O leite que se consume en España cumpre as estritas normas impostas polo mercado comunitario europeo e mais as dun consumidor cada vez máis esixente

  É obxecto de contos e de lendas urbanas varias, e foi recentemente protagonista dunha controvertida polémica aberta por un informe que avaliou a calidade das distintas marcas comerciais de leite en España. Non obstante, non hai razón ningunha para pór en dúbida a súa salubridade e valor nutricional. É, polo tanto, un alimento que cumpre con todas as garantías de seguridade. Para despexar calquera dúbida, deseguido detállanse polo miúdo os distintos controis que o leite experimenta dende o momento da muxidura ata o seu consumo para ofrecer todas as garantías de hixiene e salubridade.

Por que o leite?

As características do leite cru fan que sexa, amais dun alimento moi completo dende o punto de vista nutricional, un produto alterable e un substrato idóneo para o desenvolvemento de certos microorganismos que poden convertelo nun foco de risco de toxiinfeccións alimentarias ou en vehículo de transmisión de axentes patóxenos. Ao longo da súa historia, a industria láctea esforzouse en investigar, desenvolver e aplicar métodos de hixienización e conservación do leite, as máis das veces a través da aplicación de tratamentos térmicos (que alteran a temperatura do leite) que aseguren a seguridade no seu consumo.

Actualmente, os responsables de cada industria láctea garanten un produto final seguro e de calidade mediante sistemas de autocontrol baseados na Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) e mais a través da implantación dunhas BPF (Boas Prácticas de Fabricación). É o único xeito de acceder a un mercado cada vez máis controlado dende o punto de vista da seguridade alimentaria e tamén por un consumidor cada vez máis formado e esixente. Ademais, as administracións nacionais tutelan a produción a través dos controis oficiais e inspeccións de seguridade do leite en cada país membro. O resultado final é un alimento con todas as garantías de seguridade e hixiene, froito duns rigorosos controis en toda a cadea dende a obtención mediante muxidura, durante o transporte e o procesamento ata a súa comercialización.

Bulos sobre o leite

  "Sabes que o leite en cartón que non se vende dentro do prazo de caducidade regresa á fábrica para se repasteurizar e volve ao supermercado de novo?". Así comeza un correo electrónico distribuído masivamente. É unha afirmación falsa que sementa a dúbida sobre se o leite que se consume é adecuado ou procede de repetidas rehixienizacións que mingúan o seu contido en nutrientes. O correo, ademais, aconsella fixarse nun pequeno número que se exhibe na parte inferior do envase e que, segundo esta falsa información, indica o número de repasteurizacións que se lle levan realizado ao leite, ata cinco. Agora ben, este número que aparece nos envases, lonxe de indicar as veces que o fabricante reutilizou o leite, é un código referente ao propio envase, relaciónase cun código dos fabricantes de envases. Segundo o difamatorio correo, a lexislación permitiríalles ás centrais leiteiras repetir este ciclo de tratamentos térmicos ata cinco veces, afirmación falsa xa que a normativa comunitaria vixente na Unión Europea prohibe a reutilización de alimentos caducados para o consumo humano. Ademais, nin a norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos alimentos, nin a normativa específica dos produtos lácteos establece a obrigatoriedade de que figure un número na parte inferior do envase do produto.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto