Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Menús escolares: analizados, durante dúas semanas completas, os menús diarios de 209 escolas de 19 provincias españolas: Empeora a súa calidade nutricional e un de cada tres presenta carencias nutricionais

Preto do 30% dos centros visitados non inclúen verduras como mínimo un día á semana e abúsase dos precociñados e derivados cárnicos en dous de cada dez

  No cole apréndese a sumar, multiplicar, a situar cidades e países nun mapa... e tamén a comer. Estímase que preto de dous millóns de alumnos xantan durante os cinco días da semana no seu centro de ensino. Alimentarse de xeito saudable supón ter unha boa educación alimentaria. Non obstante, a calidade dietética dos menús que os centros escolares lles ofrecen aos alumnos empeorou: dende a última avaliación de menús escolares realizada hai tres anos por EROSKI CONSUMER, comprobouse que case un de cada tres menús analizados presenta carencias nutricionais. Así o puido constatar esta revista logo de analizar os menús de dúas semanas completas dos comedores escolares de 209 escolas de 19 provincias españolas: A Coruña, Álava, Alacante, Almería, Asturias, Barcelona, Cantabria, Córdoba, Granada, Guipúscoa, Madrid, Málaga, Murcia, Navarra, Sevilla, Valencia, Valladolid, Biscaia e Zaragoza. Deles, un 62% son de titularidade pública, un 36% concertados e tan só un 2% privados. Ademais, a maioría dos centros incluídos no informe imparten estudos de Educación Infantil e Primaria, e catro de cada cinco tamén Secundaria.

En total, analizáronse 418 menús. Sometéronse a unha análise na que se estudou a frecuencia de consumo (recomendada pola 'Guía de comedores escolares' do programa Perseo, capitaneado polo Ministerio de Sanidade) de alimentos básicos que non deben faltar nos menús: verduras, ensaladas, legumes, peixe e froita fresca. Tamén se tivo en conta que non incluísen en exceso produtos precociñados (croquetas, empanadillas, salchichas, etc.) nin sobremesas doces. Velaquí os requisitos mínimos que debían cumprir: incluír un mínimo dunha vez por semana verdura, legume e peixe fresco ou conxelado non elaborado, non repetir máis de dúas veces nunha mesma semana precociñados e doces, e ofrecer froita fresca, como mínimo, un par de veces á semana. A conclusión que se tira do estudo non é positiva, xa que a calidade dietética dos menús avaliados empeorou con respecto á análise similar realizada no 2008. Os resultados indican aspectos dietéticos mellorables na oferta de verduras, precociñados e doces: hai un 10% máis de escolas ca no 2008 que non ofrecen verdura polo menos unha vez por semana, case se cuadriplican os que abusan dos precociñados (do 5,3% no 2008 ao 19,6% no 2011), e son un 10% máis os que abusan dos doces ao os ofertaren dúas ou máis veces por semana (pasouse de non haber penalizacións hai tres anos, a que na actualidade un de cada dez centros suspendan por esta práctica dietética incorrecta).

  En resumo, o equipo de nutricionistas comprobou que cómpre mellorar certos aspectos dietéticos concretos. Por unha banda, débese traballar en ofrecer máis variedade de alimentos básicos (verduras e peixes) e mais nas preparacións culinarias dos alimentos. E é que os precociñados fritidos, os rebozados e os empanados son demasiado habituais nos menús, mesmo nalgúns a presenza de frituras é case diaria, o que repercute en pratos excesivamente graxos e caloríficos, e nunha pobre proposta culinaria e de gusto.

Por outra banda, seguen a ser pobres e deficientes as gornicións, un aspecto que se repite ano tras ano. Aínda que se observa unha significativa melloría: as patacas fritas xa non son o acompañamento máis socorrido, aínda que as ensaladas e resto de gornicións adoitan ser moi simples e pouco atractivas (leituga as máis das veces).

Así, a nota media dos menús analizados foi dun axustado 'aceptable', por baixo do 'ben' do 2008. Por territorios, as mellores cualificacións foron parar a Barcelona, Córdoba, Granada, Málaga e Navarra ('ben); as peores recaeron en Cantabria ('mal'). Álava e Madrid logran un 'aceptable-ben'; mentres que Alacante, Almería, Guipúscoa, Sevilla, Valladolid e Zaragoza roldan a media, e A Coruña, Asturias, Murcia, Valencia e Biscaia suspenden cun 'regular'.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto