Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe
Ferramentas sociais
Comeza o verán no Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido. Ao chegar a alborada, a figura dourada dun voitre barbado outea os cumios das Tres Sorores, picouto emblemático do parque. Mentres, mil metros por baixo, un grupo de sarrios se despreguiza entre manchas de piñeiro negro e mantos de vistoso rododendro. No fondo do val, a corrente do río Arazas chouta na mítica fervenza da Cola de Cabalo, que agarda a chegada de montañeiros avezados e excursionistas.
As expedicións do botánico e xeólogo francés Ramond de Carbonnières, que pisou por primeira vez o cume do Monte Perdido en 1802; o traballo divulgador do fotógrafo e escritor Lucien Briet e as andanzas doutros pirineístas contribuíron a que en 1918 o val de Ordesa fose declarado Parque Nacional. É o segundo máis lonxevo de España, tras os Picos de Europa, e foi ampliado en 1982 ata as 15.608 hectáreas que hoxe conforman o macizo de Monte Perdido e os vales de Ordesa, Pineta, Escuaín e Añisclo.
A mellor toma de contacto co Parque oscense ten lugar no centro de visitantes de Torla. O reto, a sabedoría e a forza que representan as montañas déixanse sentir na combinación de paneis informativos, maquetas e pezas audiovisuais que están á disposición do público. Este punto de información e de exposición permanente recolle aspectos da flora, fauna, xeoloxía, etnografía e ata a mandíbula fósil dun crocodilo que habitou en Ordesa hai 57 millóns de anos.
Varias ducias de rutas sinalizadas sucan todas as vertentes do Parque Nacional. Hai que acudir á montaña en compañía, sen temor pero con respecto e coa experiencia e a forma física que esixe o itinerario que se desexa realizar. A roupa e o equipo debe ser o axeitado, xa que que pode variar o tempo e a temperatura durante a marcha, e sempre hai que consultar os partes meteorolóxicos que proporciona o persoal do Parque. Nos puntos de partida hai carteis con consellos, coa normativa vixente e coas características e duración aproximada de cada ruta. O percorrido máis transitado de Ordesa é o que conduce ata a fotoxénica fervenza da Cola de Cabalo. O traxecto salva un desnivel de 550 metros. A senda atravesa un mesto bosque mixto e descobre ao seu paso as fervenzas de Arripas, La Cueva e El Estrecho. Superado o desnivel accédese ao circo de Soaso, unha inmenso cunca tapizada de herba onde se forma o salto de auga máis fotografado do Parque.
De onde vén o sal?
A cereixa: algo máis ca un froito
Mercadorías que voan
Sobre os alicerces da palabra
Esquí alpino adaptado: reto e sacrificio vestidos de branco
O camiño da electricidade
A viaxe dun bo desexo
O ensino musical: unha sinfonía de catro movementos
A cidade flotante do transporte
Un bocado con suspense
Cultivo de rosas, a paisaxe máis impresionista
Labregas do mar
Como se reciclan os aparellos eléctricos?
Recunchos de vida
A receita da eterna xuventude
Iluminar máis para ver menos
De alimento básico a manxar de reis
Unha luz na escuridade
A pel da devesa
Ocaso e esplendor nos humedais
Moito máis ca apagar lumes
Ir por la e saír rapada
O mar entre catro paredes
Operación: a viaxe da arte
Unha xornada nunha estación de esquí
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI