Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Centros de adelgazamento: analizados 110 establecementos en 18 cidades de todo o país: A metade dos centros analizados recomendan un tratamento dietético baseado unicamente en produtos estrela

Case un de cada catro profesionais que atenden estas consultas dietéticas non contan con formación cualificada

  Para moitos chega un dos momentos máis temidos do ano: enfundar, por primeira vez, o bañador. No espello, outros tantos comproban que a mala alimentación e mais unha vida sedentaria puxeron uns cantos quilos de máis nos seus corpos. De feito, un 37% dos españois -maiores de 18 anos- ten sobrepeso, un 17% mesmo é obeso (segundo os últimos datos do INE). É entón cando a operación bikini arranca, e con ela o negocio de numerosos centros de adelgazamento que prometen verdadeiros milagres case sen esforzo e, en moitas ocasións, poñendo en perigo a saúde do paciente... e mais a do seu peto. Para comprobar se realmente estes centros ofrecen un tratamento saudable e eficaz, se o seu persoal está debidamente formado e se son establecementos que ofrecen garantías sanitarias, EROSKI CONSUMER visitou durante o mes de maio 110 centros de adelgazamento en 18 cidades do país. Os técnicos da revista actuaron como clientes anónimos interesados en perder peso e con esta escusa analizaron 10 centros en Barcelona e Madrid, 7 en Bilbao, Valencia, Málaga, Sevilla e Zaragoza e 5 na Coruña, en Alacante, Córdoba, Granada, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Santander, Valladolid e Vitoria. Dos 18 técnicos, oito tiñan un sobrepeso de grao 1, catro presentaban sobrepeso grao 2, na mesma proporción tiñan unha obesidade leve e dous dos colaboradores eran obesos moderados (de grao 2).

Máis da metade suspende

  A visita realizouse seguindo unhas pautas confeccionadas en colaboración con expertos en dietética e nutrición. Estes criterios permitíronlles aos colaboradores da revista saber que centros lles ofrecían aos seus clientes unha perda de peso realista, eficaz e, o que é máis importante, nuns termos saudables. Estudáronse se os pasos para a identificación do problema de exceso de peso de cada colaborador eran adecuados, como era a explicación do tratamento (se era baseado nun produto estrela ou ben era un programa personalizado con dieta e exercicio físico), a súa eficacia, a profesionalidade e atención demostrada polo persoal do establecemento. Os resultados tras a visita a estes 110 centros coinciden nun aspecto: a promesa de perder peso (en ocasións a un ritmo nada saudable). Algo máis da metade dos establecementos analizados (o 55%) suspende o exame da revista. Hai catro anos, cando se realizou unha investigación semellante, a porcentaxe era algo máis elevada: un 64%. O resto dos centros non acada máis ca un 'aceptable', o 34% dos 110 analizados, mentres que apenas un 11% consegue unha nota de 'ben'. O preocupante ademais é que dos centros que suspenden a análise de EROSKI CONSUMER, un 38% fano con notas tan rechamantes como deficiente ou moi deficiente, mostra da escasa ou nula confianza que dan estes centros de adelgazamento. Non obstante, é unha porcentaxe esperanzadora, xa que hai catro anos a porcentaxe de notas tan baixas ascendía ao 84%.

Por apartados, os resultados son tamén concluíntes, xa que as únicas notas positivas recaen na profesionalidade e na atención ao cliente nestas visitas (ambos os dous cunha nota de 'ben'). Non obstante, son malas as cualificacións para a identificación do problema de sobrepeso destes pacientes (obtén unha nota de 'regular', similar á do 2007) e a explicación e especificación do tratamento ('deficiente', 'moi deficiente' no 2007). Como exemplos: o 80% dos centros non fai unha identificación correcta do problema de exceso de peso e case a metade dos establecementos basea o tratamento de adelgazamento unicamente no consumo de produtos estrela.

En liñas xerais, as cidades mellor valoradas son A Coruña, Córdoba, Granada, Málaga, Oviedo, Santander e Zaragoza, aínda que cun 'aceptable'; Barcelona, Bilbao, Madrid, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia e Valladolid suspenden cun 'regular', mentres que Alacante, Murcia e Vitoria o fan cun 'deficiente'. Aínda que a nota final é mala ('regular'), mellora o 'deficiente' obtido hai catro anos, algo que pon de manifesto que aínda queda moito que mellorar.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto